ESCOLA DA SOSPEITA
Marx, Nietzsche y Freud son los tres
autores de la filosofía de la sospecha.
“Filósofos da sospeita” é unha famosa expresión do filósofo Paul
Ricoeur (século XX). Os tres mestres da sospeita: Marx,
Nietzsche e Freud, aínda que dende diferentes puntos de vista, consideraron que
a conciencia no seu conxunto é unha conciencia falsa. Así, segundo Marx, a
conciencia se enmascara por intereses económicos, en Freud pola represión do
inconsciente e en Nietzsche polo resentimento do débil. Estes mestres non
buscan a destrucción das ilusións éticas, políticas ou das percepcións da
conciencia, senón que buscan desenmascarar a realidade para deixar de ser
inxenuos.
O que quere Marx é alcanzar a liberación do home tras desenmascar á
ideoloxía burguesa. Nietzsche pretende a restauración da forza do home pola
superación do resentimento e da compaixón. Freud busca unha curación pola
conciencia e a aceptación do principio de realidade.
Os tres teñen en común a denuncia das ilusións e da falsa percepción da
realidade, pero tamén a procura dunha utopía.
Os tres realizan un labor arqueolóxico de procura dos principios ocultos da
actividade consciente, aínda que, simultáneamente. Pero tras o necesario
purgatorio da crítica marxista, freudiana e nietzscheana, vén a recuperación do
sentido.
Estes tres autores comparten unha actitude crítica cara á sociedade
que coñecen, e por
iso adoitan ser considerados como froitos dun mesmo espírito crítico, aínda que nin
sequera son da mesma xeración, xa que mentres Marx é un autor de mediados do
século XIX, e Nietzsche o é de finais do século XIX, Freud é un autor de finais
do século XIX e principios do século XX. Así, estes tres autores centran,
basicamente, a crítica a unha forma de entender o mundo que chega ata os nosos
días, e, por iso, as súas visións están, en certa medida, aínda vixentes.
Por
iso é polo que Paul Ricoeur cualificáselles como filósofos da sospeita.
Comentarios
Publicar un comentario