Romanticismo Filosófico. Hegel
ROMANTICISMO
O movemento romántico, centrado
inicialmente en Alemania, a finais do século XVIII e a comezos do século XIX, o
cal inclúe expresións artísticas e filosóficas nada homoxéneas, o que o fai de
difícil definición.
Enunciaremos algúns dos rasgos
característicos do Romanticismo:
- Exaltación do eu individual. Os ideais da revolución francesa
(liberdade, igualdade, fraternidade) foron as ideas inspiradoras do
Romanticismo, que avogou pola revalorización da personalidade individual e
desterrou o despotismo ilustrado do século XVIII.
- Sentimento de soidade. O ser romántico refúxiase en si mesmo, o que
devén en illamento e soidade. Sente que a realidade non satisface os seus
anhelos e ideais, o que o leva a esa sensación de fondo desengano e á
necesidade de rebelarse contra o establecido.
- Exaltación da imaxinación e do sentimento. O romántico exalta o
ideal e o belo, poñéndolle ás aos sentimentos individuais. Identificación coa
natureza
- Evasión. É típico do autor romántico escapar da realidade
inmediata, que o angustia, por iso os seus relatos a miúdo transcorren en
épocas pasadas e lugares afastados.
- No Romanticismo, a natureza adquire un rol destacado, en
tanto forza vital por encima dos designios humanos. Fronte a visión mecanicista
ilustrada, a natureza é considerada vida. O reloxo xa non é unha metáfora que
expresa a natureza, senón que esta será identificada con unha árbore chea de
vida.
- Actitude psicolóxica de angustía e desazón. Existe unha aspiración
irrealizable que produce impaciencia pois non se sabe exactamente qué se
desexa. Desexo irrealizable de alcanzar o infinito, por iso esa aflicción, a
nostalxía e a melancolía.
- Anhelo de liberdade, pero unha liberdade oposta aos desexos
ilustrados de progreso. Estamos a falar de unha liberdade que se opón a
universalidade e cosmopolitismo da modernidade. Os románticos queren estimular
e vincularse coa historia do seu propio pobo.
- O Romanticismo declara que a razón non pode explicar por completo a
realidade, por iso hai unha actitude irracionalista: afírmase o sentimento,
a fe, a intuición, a arte... como vías de acceso ao coñecemento. Este
irracionalismo é contra o racionalismo ilustrado, pero relamente supón unha
nova forma de racionalidade: a razón romántica, que é un espíritu creador
liberado de todo límite.
DIALÉCTICA HEGELIANA
Hegel é un autor romántico alemán de
principios de século XIX. Considérase o filósofo máis
representativo de esta corrente filosófica.
Hegel crítica o que chaman “a visión eleática do ser” (vén
de Parménides), que segundo el, é común a todos os filósofos anteriores,
exceptuando a Heraclito. O ser é un, eterno e inmutable . Iso é o que
dicía Parménides. Segundo esta visión, a realidade e a verdade son
inmutables.
Para
Hegel, o ser é o mesmo que o pensar, que a conciencia, son dous planos ou
niveis que se resolven nun só. A dialéctica é a forma de ser dun ser que é
devir da realidade e que consta de tres momentos, os tres momentos da
dialéctica.
MOMENTOS DA DIALÉCTICA
TESE
É o que o
ser está a ser nun momeno dado. Pero a tese nunca é soa, senón que
inmediatamente autoproduce, saca de se ao seu contrario, que é o segundo
momento: antítese.
ANTÍTESE
Durante
un tempo, tese e antítese loitan entre si. Esta loita lembra a loita de
contrarios de Heraclito e Parmenides. Isto resólvese nun terceiro
momento: síntese
SÍNTESE
Neste
momento supéranse aos dous anteriores incluyendolas. Agora ben, ese
devir da dialéctica é incesante, é dinámico.
Hegel introduce a dinámica, a idea
das forzas na metafísica. Este proceso é incesante, por tanto, a síntese será
unha nova tese para producir unha nova antítese para dar lugar a unha nova
síntese e así indefinidamente.
Hegel é un idealista absoluto. Para él, o ser, o real é a idea ou
espírito absoluto, por iso o ser é o mesmo que o coñecer. Hegel di que
esta teoría é súper á teoría de Kant porque para Kant o home
non podía coñecer a cousa en si, a realidade, o noumeno. Se o suxeito é
diferente ao obxecto (Kant) non pode coñecer á cousa en se.
Pero se
negamos a devandita diferenza, e o suxeito e o obxecto son o mesmo, o
coñecemento dunha cousa sobre si mesma é posible. O ser pode coñecerse,
pensarse si mesmo.
Hegel preguntouse ¿Por qué alguén é
amo e alguén é escravo? ¿Por qué uns logran a dominar a outros? Porque o amo é
listo e manda o escravo, que é parvo e faino todo. Entón o amo esquécese porque
o escravo faino todo, así que ese escravo rebelárase. ¿Este escravo será igual
que o seu anterior amo? Non, porque este foi escravo e agora amo, así que é un
novo ser, superador.
Comentarios
Publicar un comentario