Ética kantiana

A ética kantiana aparece fundamentalmente en dúas obras A crítica da razón práctica (1788) e a Metafísica das costumes (1797).
Na Crítica da razón práctica Kant comeza facendo unha análise crítica das éticas anteriores a él, as que califica, en conxunto de "críticas materiais", para proponer a continuación a súa propia ética, que denomina "ética formal".

ÉTICAS MATERIAIS

Di Kant que as éticas materiais son éticas empíricas ou a posteriori, pois os seus imperativos, os seus mandatos son hipotéticos e por tanto, son éticas ou morais heterónomas.
Pola contra, Kant propón unha ética foramal a priori, que poda establecerse antes de toda experiencia, con un imperativo, orden categórico, e que sexa unha ética ou moral autónoma.
As éticas materiais chámanse así porque son con contido, con materia, no é que sexan materialistas. Mentres que as éticas formais son un formalismo, unha estructura sen contido
Ética significa costumes; mores.

Características das éticas materiais:
-Empíricas ou a posteri, pois sabemos o que está ben despois da experiencia
-Os seus imperatívos son hipotéticos, pois depende de qué acepte como bo
Por exemplo, imaxinemos a seguinte hipótese: "Si o ben é o pracer entón vou ir ao maxasista a facerme un masaxe". Pero si non aceptas a hipótese, o imperativo desaparecerá. Outro exemplo: A ética cristiana. Na ética cristiana os seus imperativos son hipotéticos, os mandamientos valen se creo que Deus existe, se non parto da hipótese de que Deus existe, dichos mandamientos non terán validez.
-Son heterónomas. Heterónomo quere dicir que as leis que rixen o meu comportamento ven de fora, non saen dun mesmo.
- Teñen unha teleoloxía. Esto quere dicir que teñen un obsxectivo ao que tenden, buscan unha finalidade (placer, felicidade, utilidade, entrar no reino de Deus...)

ÉTICA FORMAL

Se constrúe a priori. O seu imperativo (sólo é un) é categórico (iso significa que é absoluto, incondicionado, non depende de unha condición). 

Vexamos a definición do diccionario

Imperativo: Que se manifesta como orden ou imposición. Exemplo nunha frase: "usou un tono imperativo"

Categórico: Que afirma ou nega de manera absoluta, sin condicións nin alternativas. Exemplo nunha frase:"as súas palabras foron categóricas e sen vacilacións"


Esta ética, ademáis, é autónoma, é dicir, o suxeito dase a si mesmo a lei da súa conducta. Provén da súa vontade.
Esto é esencial, porque estamos a dicir que a autonomía do individuo no campo do coñecer (que provén de Descartes) amplíase ao campo do facer, das costumes (a ética).
Importante: O suxeito de Descartes tiña a autonomía dentro de sí, a norma para diferenciar o verdaderio do falso, a intuición como principio autónomo. O suxeito ten agora tamén a autonomía, a norma dentro de si para diferenciar o ben do mal, o que supón unha autonomía moral, a autonomía no campo da razón práctica sobre a verdade ou falsedade, o bo e o malo, sen nengún suxeito por enriba. Aquí culmina, é a cúspide da modernidade;


¡¡¡Atrévete a pensar!!!

Esta frase representa a capacidade liberadora da Ilustración, e promueve o seu ideal: A emancipación do home, porque según Kant, Ilustración significa a liberación da nosa autoculpable minoría de idade. Nos mesmos somos culpables de ser menores de idade, pois en nos mesmos está a posibilidade de ser autónomos, maiores de idade.

Manolo Kant pensaba que dentro da cada persoa estaba a conciencia moral polo simple feito de ser humáns. E ésta consiste nunha norma formal que está grabada no interior de cada suxeito racional, polo feito de selo se convirte en suceito moral. ¿En qué consiste esa norma formal?
Esa lei é o que chamou Imperativo categórico, e aparece anunciada na súa obra de varias formas, pero ven sendo o mesmo.
"Obra sempre de tal forma que poidas querer que o teu obrar sexa máxima de acción universal"e  añade: "Trata aos demais como fines e non como medios" para remarcar que cada suxeito humán é un fin en si mesmo e nunca debe ser instrumentalizado, senón que ten dignidade.

É dicir, que cando te atopes en calquera situación, queiras que cualquera outro no teu lugar obrase do mesmo xeito (fai o que quixeras que outro no teu lugar fisexe). Aquí está a característica fundamental. Esto está grabado dentro de nos.
Dentro de min hai unha universalidade, a lei é igual para todos, hai interioridade (dentro de min, a priori) e universalidade (norma universal, para todos, para todo suxeito, en abstracto).
Outra das característas é que é unha formalidade. Esta norma non nos dí que debo facer, non dí "non roubes", di que eu faga o que eu quero que os demáis fagan. eu debo chegar a esa regra. É unha mera forma abstracta, sen contido, por iso é unha ética formal.

Características da ética kantiana:

-É a priori: non necesito ter ningunha experiencia para saber o que é bo. Da experiencia é imposible extraer coñecemento.
- O imperativo é categórico, incondicional, nos obriga interiormente, sin depender de ningunha hipótese, é incondicional. Eu debo actuar así aínda que me produzca infelicidad. Non depende de ningunha condición, non dpende do pracer, da dor, de nada.
- É unha ética que da autonomía ao individuo. Non debe buscar fora, na súa propia interioridade atopará a verdade.
- Non ten ningunha teleoloxía, non busca a felicidade, nin o pracer, nin nada de esto. Para Kant debemos actuar por deber. Debemos facer as cousas porque son o noso deber, sen buscar ningún obxectivo como resultado dos nosos actos.

O rigorismo kantiano

Este carácter de ser incondicionado e absoluto. É a racionalidade, a vontade do suxeito que impón a lei. Hai tres tipos de accións posibles con respecto á moral, hai tres formas de actuar:
-Contrariamente ao deber
-Conforme ao deber
-Por deber

Exemplo: estudiar.
-Se non estudamos, estaríamos actuando en contra ao deber
-Se estudamos porque temos medo a que os nosos pais nos castiguen, estaríamos actuando conforme ao deber pero non por o deber mesmo.
-Se estudamos porque é a nosa obriga, estaríamos estudando por deber.

Outro exemplo: roubar
-Se roubamos, estaríamos actuando contrariamente ao deber
-Se non roubamos por medo as reprimendas, estaríamos actuando por coincidencia co deber. Pero si se foran as luces do Carrefour durante media hora e todo o mundo comeza a roubar, e nos facemos o mesmo, é porque antes estábamos actuando conforme o deber, pero non por deber mesmo, xa
que si puidéramos, roubaríamos.
-Se se van as luces do Carrefour e todo o mundo rouba e nos non, porque consideramos que é o noso deber non roubar, así si que estaríamos actuando por deber mesmo.

Último exemplo: matar
- Se matamos actuamos contrariamente ao deber
- Se non matamos por non ir ao cárcere estamos actuando conforme ao deber, pero non por deber
- Se non matamos porque consideramos que non se debe facer, e o facemos porque creemos que é o noso deber, e que todo o mundo debería facer o mesmo, estaríamos actuando por deber.

Según Kant o verdadeiramente correcto é actuar por deber. Non chega actuar conforme ao deber. As acción malas son as contrarias ao deber. As que son conforme ao deber son neutras. Tan solo as que son por deber son as realmente correctas.

«Dous cousas chean o ánimo de admiración e respeto: o ceo estrelado que está sobre mín e la lei moral que hai en mín.» (I. Kant, Crítica da Razón Práctica) 

Esta famosa frase de Kant ven a expresar a grandeza e infinitude que ten a ética dentro de nos. É aplicable a infinitas situacións, igual que infinito é o Universo estrelado.

Imos ver cómo califican os autores á ética de Kant:
- A consideran unha ética do deber. Non é unha ética da felicidade.
- É unha ética formal, non nos dí o contido das accións consideradas boas, senón tan so o que ten que ter a nosa vontade cando a realizmaos
- O voluntarismo. A ética de Kant é unha ética volutarista posto que a bondade e maldade dunha acción, a súa moralidade non depende en absoluto do seu contido, senón tan so da vontade coa que se realiza.

Unha acción con boa vontade é sempre unha acción moralmente boa, non depende en absoluto do seu contido, oponse pois ao intelectualismo moral de todas as éticas anteriores. A bondade da acción está no cumplimento do deber.




Comentarios