Introducción á Teoría do coñecemento de Kant

A teoría do coñecemento de Kant está exposta no libro Crítica da razón pura. Crítica significa investigación, pero despois da obra de Kant variará o seu significado, convertirase nunha palabra clave e será o ´titilo de moitísimas obras posteriores.
A razón pura é aquela que opera fora da experiencia sensible, sen experiencia sensible.
Esta obra foi escrita bastante apresuradamente, en apanas dous meses, e é tardía. Ten un estilo que poderíamos denominar de tradición aristotélica, un tratado puro, difícil de ler, con unha terminiloxía técnica. Algúns pensan que incluso está mal escrita, porque Kant era un bo escritor, pero decidiu darlle este estilo científico. Aún recoñecendo esto, negouse a cambialo. Unha vez publicada, apenas cambiou unhas poucas líneas. O que si fixo é escribir un segundo libro, para intentar explicar o anterior. "Prolegómenos para toda metafísica futura que quera ser considerada como ciencia", tamén coñecida como "Prolegómenos".
Se cree que a obra foi escrita apresuradamente porque Kant, debido a súa saúde delicada, tiña medo a morir, e consideraba de vital importancia deixala escrita. O contido da obra está expuesto fundamentalmente no principio. É un analise ou investigación sobre o coñecemento humán. Parte do suposto de que a física e as matemáticas son unha ciencia, é dicir, un coñecemento universal e necesario, seguro e fiable. A súa investigación se centra na pregunta ¡Cómo é posible? ¿cómo é posile que a física e as matemáticas sexas coñecementos seguros e fiables? En cambio, a metafísica anda sumida nun mar de indecisións, de inseguridades. Kant pregúntase se algunha vez poderá superarse esta indecisión.
Unha obra de case 700 páxinas na que desarrollará esta cuestión. A resposta será negativa. Non. A metafísica nunca alcanzará o estatus da ciencia. Nunca será un coñecemento universal e necesario, e tamén nos dirá porqué.
A metafísica representa a razón pura, é dicir, á razón que intenta obter coñecemento, é dicir, ciencia, fora da experiencia científica. O resultado da investigación sobre a razón pura é negativa, non pode darnos ciencia.
O termo "crítica" era un termo neutro, quería dicir investigación. Hoxe en día ten un significado peiorativo, xa que a partir do resultado de esta obra a palabra crítica collerá o significado que ten ohoxe en día na linguaxe coloquial.
A Crítica da razón pura ten tres seccións. Analítica trascendental, Estética trascendental, e Dialéctica trascendental.
Comez Kant analizando o que é Ciencia, dando por suposto que a matemática e a física newtoniana son ciencias. Kant nos dará unha solución empírica, moi aséptica. A Ciencia é, para Kant, un conxunto de xuizos (=oracións). Esto é o que se percibe de ela. ¡Pero qué diferencia a ciencia dunha novela? O tipo de xuizos que hai. Vexamos cales son estes xuizos característicos da ciencia.

Clasificación dos xuizos:

1. Segundo o seu contido

1.1 Analíticos
Son aqueles xuicios, aquelas oracións en que o predicado vai incluido na definición do suxeito. É dicir, non aporta ningún coñecemento novo.
Por exemplo: O triángulo ten tres lados

1.2 Sintéticos
Son aqueles xuicios, aquelas cousas que dicimos, nos que o predicado non está incluido na definición (no concepto) do suxeito. É dicir, aportan información nova, que non sabemos só por definicón.
Por exemplo: Justin Bieber arrepíntese das tonterias que fixo no pasado.


2. Segundo o tempo en que se realiza en relación coa experiencia

2.1 A priori
Cando sabemos algo antes de experimentalo.

2.2 A posteriori
Son aqueles xuizos que sabemos só despois de experiementar algo.

Os xuizos analíticos suelen ser a priori, coma vimos no exemplo 1.1, eu podo saber "a priori", é dicir, antes de experimentalo, que un triángulo ten tres lados. É algo que non preciso experimentar, porque a razón soa chega a este coñecemento.
E os xuizos sintéticos suelen ser a posteriori, é dicir, despois da experiencia. Por exemplo, para saber que Justín Bieber se arrepinte das tonterías que fixo foi porque vin unha entrevista na televisión, é dicir, entereime posteriormente de experimentalo (o vin e o oín cos meus sentidos).

¿Cales son as características da Ciencia? Di Kant que son os xuicios sintéticos a priori. Aínda que na ciencia tamén pode haber xuicios sintéticos a posteriori, e xuicios analíticos a priori.

Por exemplo:
O típico exercicio de ¿A qué hora chegará un tren a Madrid si sale de Barcelona a tal hora e leva tal velociade?. É un xuicio sintético (da información nova que non está incluida na definición do concpeto), e tamén é apriori (porque se pode saber antes da experiencia)
Outro exemplo:
O descubrimento dun planeta. Un planeta pode descubrirse so con cálculos, sen chegar a experimentalo, como no caso de Neptuno (podes investigalo se queres). Moitas veces, os investigadores predicen que pode existir certo planeta con certa masa tendo en conta a forza da gravedade e o movemento dos outros astros. Se predice so con cálculos matemáticos. Todos estes xuicios son sintéticos a priori.

Préguntase Kant ¿Cómo son posibles os xuizos sintéticos a priori en física e matemáticas? Xa da por feito que son posibles. Pregunta ¿Cómo son posibles?, non ¿Son posibles?. A estas preguntas se contesta na Estética trascendental (teoría da sensibilidade) e na Analítica trascendental (matemáticas e física).
A partir disto faise unha nova pregunta ¿Son posibles os xuicios sintéticos a priori na metafísica? A metafísica non é unha ciencia. Por iso a resposta na dialéctica trascendental será negativa.

Comencemos a explicar cómo son posibles los xuicios sintéticos a priori, e como é posible que nos, o suxeito poda determinar a priori o contido de nosa experiencia.
¿E isto a qué ven? ¿Porqué Kant o plantexa así?
Hume facía unha crítica ao principio de cusalidad. Pero Kant di que SI se pode saber. Por unha parte Hume ten razón, pero por outra parte, na práctica, un pode saber cousas a priori.
Intentemos chegar a ver o que pasa na mente do home.
Di Kant que a sensibilidade transmite unhas intuicións, se me fai presente de súpeto unha imaxe visual. Por exemplo: percibo a aula. A pregunta é ¿Todo isto que ven a miña mente provén todo do ollo? ¿ Esa información que teño eu da aula me la da o meu ollo?. Non. O que ven fora de min é un rallo de luz e un plano, coma unha fotografía. Pero o que está diante e detrás non me lo din os ollos,. Si estas cuestións, o espacio, non é unha información que eu coñeza gracias a miña vista, non proven da sensibilidade, é que está a priori na miña mente, antes da experiencis.  Por exemplo, cando nos dan unha foto, a coloco ben, pois diferencia cal é parte de arriba e cal a de abaixo.
¿Esa información a recibo do ollo? Non. Na miña mente hai unha especie de caixón que organiza eses datos, organiza os datos que me proporcionen os sentidos.
Kant chama a toda a información que chega dos sentidos "caos de sensacións". Este caos se ordena, toma a forma do espacio e do tempo, que están a priori no suxeito. O espacio e o tempo son formas a priori da sensibilidade, e son intuici´ns puras. As formas a priori da sensibilidade son as que ordenan a información proporcionada polos sentidos.
Esto se ve moi claro con un exemplo. Nos cuadors impresionistas non se debuxan líneas, non hay nada, pero a miña mento o ordena.  Os pintores impresionistas poñen no cuadrado solo a luzm a impresión. Pero nos, a nosa mente, dalle volumen, non o ollo.
Imaxe relacionada



Comentarios