Teoría do coñecemento de Kant III: A razón

A razón recibe os xuicios , que son a materia da razón. Os xuizos eran producidos polo entendemento. Agora ben, na nosa mente (e na Ciencia, que é o contido de posibilidad da nosa mente), os xuicios non están aillados, senón que se atopan organizados loxicamente de tal xeito que uns poden ser deducidos de outros, formando un entramado lóxico ao que denomina Ciencia.
¿É como podemos facer esta organización? Gracias as Ideas puras: Eu, Mundo e Deus.
Estas Ideas puras son as que permiten orgnaizar os xuicios para dar lugar á Ciencia. Son formas a priori, carentes de contido, que nos permiten unificar a nosa experiencia e a totalidade das cousas, darlle sentido.
O eu unifica a nosa experiencia (nos referimos ao eu coma un çunico suxeito, eu). O mundo é a unificación das cousas, e a Idea de Deus é a que da sentido á totalidade, e a relación entre o eu e o mundo.
Esencial: Eu, Mundo e Deus non son substancias, se non meras Ideas, formas abstractas, valeiras de contido, que están no suxeito a priori, e serven para dar sentido á experiencia.
¿e o eu? ¿É unha cousa? Non, non é unha substancia, nin tampouco o é o mundo, nin Deus. Non existen como substancias, son formas puras mentais.
Se recordades, para os gregos antigos o individuo non se concebía como tal, senón que é unha parte dun todo, dunha sociedade. Existen culturas que ninsequera teñen o térmo "eu", porque non consideran ao eu coma un obxecto, cada un é un membro.
Kant ten razón, o eu, o pronombre pesoal da 1ª persoa é unha creación da cultura, prueba de que son formas abstractas, pero non hai probas de que o mundo sexa como se nos aparece.
(imaxe)
¿Con Kant admitiremos que a natureza está no exterior? Non. Porque os obxectos os crea a miña mente, ahí fora non hai nada máis que un caos de sensación, que denomina NOUMENO.
O noumeno é, por definición, incognoscible. Nos non o podemos coñecer como é a cousa en si mesma (=solipsismo).
O noumeno é a cousa en si, independientemente de min ¿Qué coñecemos nos? O mundo dos obxectos, o cal chamamos natureza ¿E qué é a natureza? O conxunto dos fenómenos creados por min, o conxunto das cousas tal e como son para min ¿E qué son os fenómenos? Os cousas tal e como se me aparecen, é dicir, como son as cousas PARA MIN. O coñecemento non é un coñecemento da cousa en si, pois as cousas en si son o noumeno, que por definición non se pode coñecer.
Por exemplo: eu teño unhas gafas con cristais azuis. ¿Cómo son as cousas? Azuis, para min. Pero ¿En realidade, as cousas son azuis?¿Cómo son fora das gafas?. Non o podo saber, porque me teño que quitar as gafas, pero si me las quito quedo cego, porque son o que me permite ver (as gafas representas as formas a priori).
¿Cómo son posibles os xuicios sintéticos a priori na ciencia? Son posibles porque é o propio suxeito o que os construe, o que da a forma a priori, antes da experiencia.
Imaxinemos que alguén nos conta as súas crenzas máis profundas. ¿Podíamos sabelas antes? Se coñecemos ben a persoa seguramente si, porque conocemos como razona, qué conceptos usa para comprender a realidade. Estos conceptos son similares ás formas a priori, porque son a forma en que organizamos o que vivimos, o que vemos, atendendo a uns conceptos puros. 

Comentarios