Teoría do coñecemento de Kant I. A sensibilidade

Sensibilidade, entendemento e razón son facultades do coñecemento. Hai tres, pero todos os críticos dín que Kant so ten en conta sensibilidade e entendemento, que a razón podería reducirse ao entendemento, o formar parte do mesmo.
Sen embargo, por razóns estéticas e místicas aparecen así divididas en tres. Tamén, según a maioria dos autores, a sensibilidade é unha facultad do entendemento pasiva. Aínda que non todo o mundo está de acordo. O entendemento sería unha facultade activa.
A sensibilidade é sengudo Kant a única intuición. É a única facultade na que algo se nos fai presente. Nesa facultade algo se nos fai presente. Nesa facultade se nos fan presentes dous tipos de intuicións, unhas proveñen dos sentidos, as que denomina "caos de sensacións", e outras dous estána priori no suxeito, que son as "intuicións puras"; o espacio e o tempo.
A consideración da sensación como única intuición, como única facultadae na que algo se fai presente é o que leva aos autores a considerar a súa pasividade.
A teoría de Kant é un formalismo. No fondo contén a aplicación dun concepto aristotélico. Podemos dicir que é a mesma técnica de Aristóteles pero aplicada a contidos mentais: o hylemorfismo.
Dende o punto de vista do home moderno, é dicir, en lugar de considerar aos seres naturais, ás substancias compostas de materie e forma, ao estilo antigo, Kant vai a considerar como compostos de materia e forma aos nosos contidoss mentais.
Ao ollo se lle transmite a imaxe dun obxecto, e o home precientífico pensa que ese obxecto existe fora.
O filósofo moderno pregúntase ¿Existe esa casa, ese obxecto, esa persoa? O home moderno comezará a analizar qué hai dentro da miña cabeza.
¿Qué podo estudiar eu? Os contidos mentais. Entón, kant colle a teoría de Aristótlees e di que os contidos mentais están compostos de materia e forma. Materia e forma dos contidos mentais meus, non do obxecto, porque o obxecto non sei si existe.
Materia= a posteriori
Forma= a priori
Os contidos mentais me los proporciona a sensación, composta por materia e forma. A materia é o que provén do exterior, dos sentidos, son as "intuicións sensibles" ou sensacións.
A foram está a priori no suxeito, posto que non ten a súa orixe na experiencia sensible. Estas formas son as "intuicións puras" (=non proveñen da experiencia). Son o Espacio e o Tempo.
A importante frase que expresa este formalismo e que nos mostra Kant coma síntese do empirismo é racionalismo é a seguinte:
"Todo o noso coñecemento cmeza coa experiencia, pero non todo provén dela"
¿Pode un coñecer o espacio e o tempo antes de ter sensacións?
Si están a priori en nos, podería ser que os coñecera antes de ter ningunha experiencia. Pero non hay diferencia entre ter e coñecer. As temos antes da experiencia, pero non as coñecemos antes da experiencia. Porque son formas vacías, carentes de contido. So aparecen e se nos fan presentes, é dicir, as intuimos, cando se chenan de contido da experiencia sensible. Cando se chean de sensacións. Antes disto están en nos, pero non se coñecen porque son formas valeiras.
É coma unha xarra de cristal, que é transparente, e cando a rellenamos con leite pode percibirse.
Do mesmo xeito están as coordenadas no espacio, pero eu non as coñezo, e vanse ordenando nese espacio. Son moldes ou figuras valeiras.
¿Qué diferencia hai entre as ideas innatas dos racionalistas e os aprioris kantianos? As ideas innatas están completas, teñen forma e contido. Os aprioris kantianos non están completos, so temos en nos a forma abstracta e valeira.
Así que Kant da a razón aos dous, empiristas e racionalistas.
¿As cousas son como eu as vexo? Non, so é un xeitos que temos os humáns de ver as cousas.


Comentarios