Teoría do coñecemento de Kant II: O Entendemento

O entendemento é a segunda gran facultade do home.
¿Qué é entender?¿Cando decimos que se entende algo? Daremos unha definición empírica: entender é a capacidade para facer xuicios.
¿Qué necesitamos para entender? ¿Cales son as condicións de posibilidade dos xuizos?
O que recibe o entendemento é o fenómeno. Fenómeno quere dicir "o que se me aparece, o fantasma, a aparición".
O entendemento recibe os fenómenos da sensación. O fenómeno é a materia do entendemento. A sensibilidade produce o fenómenos e os pasa á mente.
Abro os ollos, chega o caos de sensacións, e a sensibilidade, que é unha facultade, lle pasa o fenómeno ao entendemento.
O fenómeno ten que pasar ao xuicio. ¿Qué o fai posible?
Cámara de fotos: Plano, cheo de cores. Non sabe o que hai, tan so se limita a recibir información
Can: Sabe o que é comida e o que non. Ve as cousas no espacio e no tempo.
Home: Emite xuicios. É capaz de entender a física de Newton, o parentesco co seu tío, etc...

¿Qué fai posible que un can vexa as cousas como as ve? O espacio e o tempo, que son formas a priori da sensibilidade.
¿E que lle permite a un neno entender os fenómenos que entende?¿Cales son as condición de posibilidade dos xuicios?

Igual que o método de Aristóteles. Hai materia e forma. Os fenómenos teñen materia e forma. Os xuicios tamén, teñen materia e forma.

¿Cantos tipos de xuicios hai? Similar ás categorías aristotélicas. As categorías aristotélicas son as diferentes formas das que se pode predicar "O Ser". É unha clasificación de todo o que predica o ser.
Os xuicios, para Kant, poden ser de 12 clases, divididas en 4 tipos. Esto non é necesario que o sepades de memoria, pero si debedes entendelos.
(esquema dos xuicios kantianos)
Se hai estas clases de xuicios teñen que haber estas 12 formas a priori na miña mente. Esas formas a priori son as que organizan, ordenan, dan forma aos fenómenos, para producir estas 12 clases de xuicios.
Estas formas a priori do entendemento que dan forma aos fenómenos e producen xuicios as chamamos categorías. A categoría é a condición de posibilidad dos xuicios.
As categorías son formas puras, valeiras, carecen de contido, son meros esquemas. E as formas valeiras do esquema son as categorías. Son formas valeiras.
O noso entendemento, a través das categorías produce obxectos, a partir da multiplicidade das representacións dadas pola sensibilidade, é dicir, dos fenómenos.
¿Hai obxectos no mundo? ¿Ou somos nos os que os consideramos? ¿Porque consideramos que un obxecto é un obxecto? ¿Acaso non podería ser unha parte de outra cousa máis grande? ¿Porque un pelo meu é meu? ¿Acaso non estou eu unido igual á Terra? ¿Non son eu o mesmo para o ecosistema que o pelo na miña cabeza? ¿E a Terra do Sol?
Miramos a realidade e a obxectivizamos. Os obxectos que hai os forma o home ¿Existe a célula? É un xeito temos de esquematizar a realidade. Recordemos que para Platón e Aristóteles, o individuo so era unha parte da sociedade. A realidade é o resultado da acción do entendemento.
As categorías actúan espontaneamente, están valeiras, carentes de contido, son puras, non proveñen da experiencia, son valeiras, vacías de contido. Pero con motivo da experiencia sensible, coa aparición do fenómeno, actúan inmediata e espontáneamente, ententendiendo os fenómenos, construindo obxectos, é dicir, dan lugar aos xuicios.
 

Comentarios