Kant. Vida e obras.

Inmanuel Kant representa a cúspide do pensamento moderno. A súa obra é unha síntese entre o racionalismo e o empirismo. É un autor brillantísimo, tanto no estudio de cómo pode coñecer o home, como no campo da filosofía moral e da ética.
No seu pensamento atopamos os ideais culturais da Ilustración, que recorrían Europa no século XVIII.
Naceu en 1724 en Köninsberg, en Prusia Oriental, onde hoxe está Polonia. Morrerá na súa cidade en 1804, xa que case nunca saíu de alí. Por aquel tempo non existía o que coñecemos hoxe como Alemania, senón que era un imperio fragmentado en varios estados. O estado prusiano era un de eses estados que formaban unha Alemania pouco unificada e sen conciencia nacional. 
Por exemplo, os grandes racionalistas alemáns; Leibniz e Wolff, nin sequera escribiron en alemán, senón en latín. Pero pouco a pouco os novos autores comezan a promover a importancia do sentimento nacional, sendo Kant un dos autores que máis contribuiron á expansión e recoñecemento do alemán (aínda que tampouco foi o primeiro, mesmamente Lutero xa usara o alemán para a traducción da Biblia).
O idioma aleman, mostrará calidade e adecuación para expresar con precisión os conceptos filosóficos. Despois de Kant moitos escritores anímanse a escribir en alemán.
Dedicou toda a súa vida ao estudio. Foi solteiro. Estaba moi apegado a súa nai, viuda. O seu pa era escocés e a súa nai alemán (mextura entre racionalismo e empirismo).
Kant non era un aristócrata, o seu pai era minero. Pasou moitos apuros. 
kant era famoso na súa cidade porque as súas obras foron recoñecidas mundialmente. Todos iban de peregrinación a coñecelo. Era extraordinariamente ordenado e metódico. A súa fama chegou forma tardía, escribiu moitísimo e sobre todos os temas, sempre con acierto. Fixo aportes en todo, pero no que máis destacou foi na filosofía. Ensinou de todo. 
Kant foi un verdaderio entusiasta da Revolución francesa, pois representaba os ideais de raccionalidad e emancipación que veneraba. A revolución francesa representaba o inicio irreversible dunha nova época de liberdade e xustiza. Desgraciadamente estes cambios non coincidían en Prusia, onde o monarca, contrario aos ideais da Ilustración chegou a censurar algún libro de Kant.
Aínda que a súa vida foi monótona , o seu entierro converteuse nunha espectacular manifestación popular, xa que "o fillo do bastero do pobo foi entrerrado coma un rei". Poderíamos dicir que Kant encarnaba na súa propia persoa o ideal da Ilustración: a posibilidade de emancipacón presente en cada home. 
Principais obras: Crítica da razón pura, Crítica da razón práctica, Crítica do xuicio, Prolegómenos, Sobre a paz perpetua, Metafísica das costumes.
 

Comentarios