Inicio do pensamento empirista. Francis Bacon

Francis Bacon viviu entre os anos 1561 e 1626. Se suele considerar a Bacon ao primeiro de unha tradición de pensamento coñecida como empirismo británico, que se caracteriza pola opinión de que todo o coñecemento procede da experiencia sensorial.
Bacon naceu nun momento en que se pasaba da preocupación renacentista polos logros redescubertos da antiguedade a un enfoque máis científico do coñecemento. Os científicos renacentistas lograran unha serie de avances innovadores. Bacon afirma que acepta as ensinanzas da Iglesia, pero ao mesmo tempo asegura que a ciencia e a relixión deben separarse para que a adquisición de coñecemento sexa máis sinxelo.
Este autor nos fala de unha serie de barreras psicolóxicas á adquisición de coñecemento, a estas barreras as chama "ídolos". Os seres humáns tendemos a xeralizar (a esto o chama "ídolos da tribu"),  a impoñer as nosas ideas preconcebidas acerca das cousas en lugar de observar o que hai realmente ("ídolos da caverna"), a permitir que as convencions sociais distorsionen a nosa experiencia ("ídolos do mercado") ou a influencia distorsionadora das doctrinas científicas e filosóficas imperantes ("ídolos do mercado"). O bo científico debe combatir contra todos estes ídolos para chegar a coñecer el mundo.
Para Bacon, o coñecemento científico se basa en si mesmo e avanza con seguridade e acumulativamente, descubrindo leis novas e facilitando novas invencións. A ciencia permite que as persoas fagan cousas que de outro xeito, serían imposibles. Resumindo; o coñecemento é poder.
Por outro lado di que a ciencia está subordinada a que se formulen leis cada vez máis xerais, así que propón un novo método científico. As leis científicas expresan relacións constantes al menos entre dous elementos.
Vexamos un expemplo. A primeira Lei de Newton, que é a Lei de inercia, dí: “Todo corpo persevera no seu estado de repouso ou movemento uniforme ou rectilíneo, a non ser que sexa obrigado a cambiar o seu estado, por forzas impresas sobre de el”.

Pero Bacon propón que en lugar de facer este tipo de xeralizacións na ciencia, é mellor buscar exemplos negativos, excepcións á regla. O obxectivo do método baconiano é constituír unha nova maneira de estudar os fenómenos naturais. 

A influencia de bacon provocou que a ciencia se centrara máis na experimentación práctica.

Comentarios