Empirismo de John Locke

John Locke viviu en Inglaterra entre 1632 e 1704. Foi un dos autores da Gloriosa,o que supuxo o fin do antigo réxime. Locke lee o Discurso do método de Descartes e abriu a súa mente aos problemas modernos, é dicir, a teoría do coñecemento. Sen embargo, Locke sacará conclusións diferentes as de Descartes, xa que provén dunha tradición diferente (estudiou a Santo Tomás e a Guillermo de Ockham, natural de Inglaterra).
John Locke lee a Descartes convencido de que as cousas son como lle ensinaron. E dase conta de que o problema da filosofía non é cómo son as cousas, senon ¿Cómo pode o home coñecer as cousas? Ese é o problema fundamental, previo a claquera outro.
Locke di que todo o noso coñecemento ten a súa orixe e fundamento na experiencia sensible. Esto significa que non existen Ideas Innatas. Di que nada hai na mente que non estivera antes nos sentidos. O que nos recorda a filosofía escolástica de Santo Tomás que lle daba a importancia a experiencia, que a súa vez ven de Aristóteles. Recordemos que Santo Tomás partía da observación de feitos empíricos para demostrar a existencia de Deus.
Esta idea de que todo o noso coñecemento ten a súa orixe e fundamento na experiencia sensible é o postulado empirista, e John Locke o expreou coa frase " a nosa mente ao nacer é unha tábula rasa" (=unha tablilla sen escribir, un papel en branco). A mente, cando nacemos, está en branco. Non existen as ideas innatas. Todas as nosas ideas son producto da nosa experiencia.
O autor comezará o seu traballo estudando e clasificando os contidos mentais que a partir de agora se chamarán co término xenérico de ideas. Descartes os chamaba pensamentos. A partir de agora, calquera cousa que esté en mi mente se chamará ideas.
As ideas simples correspóndense coas ideas adventicias de Descartes. Son aquelas ideas que proveñen directamente dos sentidos, adveñen a min.
E as ideas complexas correspóndense coas ideas facticias de Descartes- Son ideas fabricadas, feitas pola miña mente a partir de asociacións, combinacións, mexturas entre ideas...etc
Exemplo de idea simple: home, cabalo...
Exemplo de idea complexa: centauro
As ideas simples representan duas cualidades das cousas, as cualidades primarias e secundarias.
Cualidades primarias: Figura e movemento
Cualidades secundarias: sonido, gusto, cor....

Na teoría tradicional o suxeito é pasivo. O obxecto lanza algo que hiere os nosos sentidos. O indiviuo é o que o padece. Pero agora non é así. O suxeito é activo, a cor está na miña mente (idea xa presente en Descartes), por iso o chamamos suxeito, porque o que aprende é suxeitivo.
Racionalismo e empirismo levannos ao mesmo. O real é a figura e o movemento, porque están no obxecto, son obxectivas.
Todas as ideas proveñen directamente dos sentidos, pero unhas ideas correspóndense con cualidades primarias, obxectivas, e outras con cualidades secundarias, subxectivas.
A cor que hai na miña mente o produce a luz. A luz tamén é figura e movemento. Por exemplo, Newton dicía que a luz son partículas que se moven en determinada lonxitude de onda.
As ideas complexas de substancia son tres. Para Descartes as substancias eran Deus, Res extensa e Res cogitans. Para Locke, as ideas de substancia son Eu, Deus e Mundo. Pero aínda non sabemos s existen ou non existen na realidade.
John Locke non se atreve a ir máis alá, pero está convencido de que esas tres substancias existen.
Da existencia do Eu temos certeza intuitiva. Da existencia do Mundo temos certeza sensitiva. Da existencia de Deus temos existencia demostrativa.
Unha vez temos esa certeza, nada máis podemos saber. Son un "nosequé".


Video Locke y La Revolución Gloriosa

Comentarios