Crítica ao principio de causalidad de Hume

A análise e clasificación dos nosos contidos mentais ou ideas é o inicio do filosofar de todos os autores dos séculos XVII e XVIII.
Distingue Hume, dentro dos nosos contidos mentais, dous grandes apartados: impresións e ideas.
A diferencia entre impresións e ideas é unha diferencia cuantitativa, no cualitativa. As impresións son máis fortes, as ideas son máis difuminadas.
Exemplo de impresión: abro os ollos pola mañá e vexo algo.
Exemplo de Idea: lembro algo, intento recordar algo.
Temos entón, impresións e ideas. Imos ver que di David Hume. ¿Qué é iso que lle chaman principio de causalidad? (causalidad, non casualidad). O principio de causalidad afirma a existencia de unha conexión necesaria de unha unión subtancial entre dous actos ou acontecementos, neste caso de impresións, de tal xeito que un, o efecto, séguese necesariamente do outro, a causa.
Cando hay dous contidos mentais que se suceden no tempo, tendemos a pensar que están unidas, e que van suceder sempre. O principio de causalidad é producto do hábito e a costume, nada máis, xa que a nosa mente tende a asociar, a unir entre si aqueles contidos mentais que se producen habitualmente contiguos, un despois do outro no espacio e no tempo.
A conexión é unha idea, confiamos nela, pero non hai xeito de demostrala. Hume reduce a Ciencia a superstición. Así que a ciencia non produce seguridade ningunha, non hai seguridade de que esos acontecementos estén unidos polo principio de causalidad.
Confiamos na ciencia, funciona, pero non é segura. o coñecemento do home en canto a que a súa validez deriva da súa orixe según David Hume, queda reducido as meras impresións.
Na súa obra  "Tratado da natureza humán" exprésanse estas ideas. Di david Hume, que despois de estas reflexións un sente a súa alma compunxida, o seu espíritu triste, porque todo aquelo no que creiches non ten seguridade. O mellor é levar unha vida normal e olvidar estes pensamentos.
 
Fenomenismo: quere dicir que so coñecemos os fenómenos, o que se nos presenta. O empirismo, nas súas últimas consecuencias nos leva ao escepticismo.
Fenomenismo ven de fenómeno, que ven da mesma raiz latina que fantasma, que significa aparición. Tan importante foi esta palabra que agora significa "muy importante", "fenomenal".

Se, como vemos, o empirismo conduce ao escepticismo, polo contrario a teoría racional conduce ao dogmatismo. Se levamos ao racionalismo ata as últimas consecuencias, o home, coa súa mente, coa súa razón, pode chegar a coñecer as cousas con seguridade e precisión, a totalidade das cousas. A esta crenza de que un coñecemento absoluto, omnisciente, producto do uso correcto da razón se lle denomina "Dogmatismo racionalista".

Comentarios