Teoría do Coñecemento

O Discurso do método comeza así:
"Todos temos bo sentido, a proba é que aqueles que se queixan de que lles falta de todo, nunca se queixan por faltarlles bo sentido"
Como conclusión, todos temos bo sentido, porque non pode estar todo o mundo equivocado. Entón, se todos temos bo sentido e capacidade ¿Porqué chegamos a conclusións tan diferentes? ¿Será que é certo que a filosofía non vale para nada? ¿Cómo pode suceder isto?
O que pasa é que non todos usamos o mesmo método, nin partimos das mesmas cousas, por iso chegamos a conclusións diversas.
De ahí o título, para intentar atopar o método. (Chámase "discurso" porque era a palabra de moda para os títulos dos libros, logo púxose de moda a palabra "crítica".... etc).
A partir de ahí, Descartes nos fai unha especie de autobiografía, do que foi aprendendo.

DUDA METÓDICA

Ollo! A duda metódica non é o mesmo que o método de Descartes. A duda metódica é o primeiro que hai que facer, para chegar ao segundo punto, o criteiro de verdade. Unha vez chegado a ese segundo paso pasamos os tercer paso: o método.
Duda metódica  Método
Dí Descartes que estaba en duda. Decidiu facer unha especie de operación de limpeza. Esto consistía  en no tomar nada como certo sen antes poñelo en dúbida. Isto NON se fai para consideralo falso, senon para apartalo para un lado, e cuestionalo.
Descartes buscaba un punto de partida seguro e indubitable, e o mesmo para todos, un punto de partida que non ofrezca ningunha dúbida. É importante sinalar que a dúbida metódica non é unha dúbida escéptica, non afirma como falso o dudoso, non o rexeita como o non verdadeiro definitivamente.  Só o pon en dúbida ata que se poda afirmar a súa verdade ou falsedade.
A partir de aquí atopará catro grandes motivos de dúbida.

1. Falacia dos sentidos.
Sabemos que os sentidos, as veces, nos enganan. Esto quere dicir que pode que nos estén a engañar sempre. Non son seguros, teño que deixarlles a un lado. No podemos utilizar como punto de partida da Ciencia nada que proveña dos sentidos ou sexa aprendido dos sentidos, posto que son cousas dudosas.
¿A qué se refire Descartes? Ao Heliocentrismo; parecía que o sól movíase e estábamos quietos e o final resulta que nos movémonos. O que eu vexo e oigo non ten ningunha veracidade.

2. Duda da razón
Di Descartes: ata os máis grandes xenios se equivoca as veces nos razoamentos máis sinxelos. Lembremos que Descartes estudiou nunha escola xesuita, onde se estudaba a Santo Tomás (un sabio, pero equivocouse). Todos temos dentro a razón, pero o seu uso pode ser moi complicado, por iso, dicía Santo Tomás, Deus nos da uns principios xenerais. Pero ao "profano" todo lle parece fácil, "a ignorancia é moi atrevida".

3. Imposibilidade de distinguir entre a vixilia e o sono
Estando dormido, as veces se me presenta unha sensación de realidade tan forte como canod estou desperto ¿Cómo sei eu entón que as cousas que se me presentan estando desperto non teñen a mesma natura que estando dormido? Este es un tópico que reflexa moi ben o impacto que a nova ciencia fai na filosofía moderna. Creeron certas cousas durante tanto tempo, e que despois se negaron, creando un gran impacto. O home moderno vive con unha pérdida de identidade, sin diferenciar o que é real e o que é falso.

4. Hipótese do xenio maligno
O último motivo de dúbida é a hipótese do xenio maligno. Pode existir un xenio que ten o capricho de enganarnos, de falcer que todo o que cremos que é verdadeiro sexa falso.

Existen entón, catro motivos de dúdida. Pero aínda que todo fora falso, hai unha cousa, unha soa cousa da que non podo dudar. Non podo dudar de que dudo.
É absolutamente imposible dubidar de que dubido. É se dubido, penso, xa que dubidar é pensar. Non podo dudar de que penso. Así que si penso, logo deberei existir.
É posible que non exista como corpo, pero como mente teño que existir, sin lugar a dúdas. É unha verdade tan segura, tan firme, que nin as máis estravagantes suposicións dos escépticos poden rebatir.

"PENSO, LOGO EXISTO"
"je pense, donc je suis"
"cogito ergo sum"

Non temos nin un so motivo para dudalo. Agora xa temos un punto de partida: o cogito (é así como o chama Descartes, para resumir), así é como Descartes resolve o problema.

Observación: o "logo" de Descartes non é un logo de "despois", é un logo entendido como deducción. Quere dicir esto que é un logo inmediato, non hay tempo por medio. Non é que pense, e despois comezo a existir. É que si penso é porque a vez, estou existinto.

CRITERIO DE VERDADE

Parte do cogito, que enlaza coa dúbida metódica. Comeza no punto en que termina a dúbida metódica.
Como xa sabemos que é unha verdade indudable, imos ver que hai nese coñecemento que o fai verdadeiro. E o que hai nese coñecemento que o fai verdadeiro consiste en unha intuición intelectual, en unha evidencia. Unha evidencia é aquelo que se presenta ante min con claridade e distinción.
Evidencia:
- Claridade: preséntase ante min na súa totalidade, sen ningunha parte oscura ou oculta
- Distinción: preséntase ante min completamente separado de calquera outra cousa, de tal modo que para coñecelo non necesito de ningunha outra cousa.
Claridade e distinción son cualidades do "penso logo existo", é o que o fai verdadeiro. Temos entón o criteiro de verdade de todo contido mental ou pensamento: si se presenta ante min con evidencia, é dicir, clara e distintamente será tamén verdadeiro.

Analicemos a evidencia ¿En qué consiste? ¿Qué repercusión ou alcance ten?

A doctrina filosófica considera varios tipos de intuicións, que se tiveron en conta por diversos pensadores ao longo da Historia da Filosofía (Occidental). As máis importantes son:

1. Intuición intelectual
Cando algo se me fai presente na razón, a meu entendemente, a miña intelixencia. É a facultade na cal se fan presentes os pensamentos, ideas de carácter abstracto. A evidencia é un tipo de intuición intelectual, pertence a este grupo.

2. Intuición sensible
É aquela na que se me fan presentes as sensacións. Por exemplo, vexo a luz pola maña.

3.Intuición volitiva
Refírese a vontade, aos desexos. Por exemplo: quero comer.

4. Intuición estética
Refírse a captación da beleza ou fealdade. Pode ser con respecto a arte ou a natureza. Por exemplo: contemplo unha paisaxe fermosa, ou unha obra de arte.

5. Intuición sentimental
Refírese aos sentimentos. Sentirse triste, alegre... etc.

Os racionalistas, como Descartes creen que a verdade percíbese mediante a intuición intelectual (nº1), mentres que os empiristas din que se percibe cos sentidos (nº2).

Alcance Histórico
Ata Descartes, o criterio de verdade, en xeneral, proviña da autoridade, dos sentidos, e de outros que tiñan a característica de ser extrínsecos ao individuo.
Por exemplo: ¿Cómo o sabes? Porque o vin, o oín. o leí.... Buscamos como criterio de verdade algo externo a nos. O criterio de verdade na época medieval era a fe, a Revelación.
Descartes deu un cambio radical, porque a evidencia é unha cualidade dos contidos mentais, intrínseca ao individuo. Non é preciso sair dun mesmo nin recurrir a ningunha estancia externa a un mesmo para saber si un dos nosos pensamentos son verdadeiros ou non. Esto representa a AUTONOMÍA do suxeito humán no proceso do coñecemento. Esto é sumamente importante. A autonomía representa a emancipación, a liberdade.
Esto é o producto e consecuencia da nova ciencia: Todo o anterior non vale.

Método de Descartes 
É un procedemento constructivo, un método para coñecer e ampliar os nosos coñecementos, para construir unha Ciencia (porque Descartes pensa que ciencia só hai unha, os distintos saberes son apartados dun único coñecemento).
O método consta de 4 reglas. Son o resultado dun proceso de síntesis, unha reducción, posto que hai un libro anterior Reglas para a dirección da mente no que aparecen máis de 20 reglas. Pero no Discurso do Método quedan reducidas a 4. Estas catro reglas constituen o método de Descartes.
1º. Regla da evidencia
É o criterio de verdade. Consiste en non aceptar como verdade nada que non se presente ante min con claridade e distinticón, é dicir, con evidencia.
2º. Regla do análise
Consiste en descompoñer todos os problemas que se me presentan ata chegar as súas partes máis simples e fáciles de coñecer (en cada un deses pasos teño que aplocar a 1ª regla)
3º. Regla da síntese
Agora debemos volver a compoñer coas partes simples o composto, incluso naqueles casos en que dicha composición non se de naturalmente.
4º. Regla das enumeracións constantes, continuas e completas
Consiste en facer revisións e enumeracións continuamente, de tal xeito que esté seguro de que non esquezo nada, e que non é tomado nunca por verdadeira unha cousa que non é.

Como vemos, a primeira regla é unha intuición intelectual, característica fundamental do método, é inmediato. Pero as reglas 2 e 3, por contra, son procesos deductivos A última regla esixe que nas reglas 2 e 3 se aplique a primeira regla de xeito continuado, así que se convirte nunha intuión continuada.

Vexamos un exemplo. Temos un problema: queremos coñecer a un ser humano. O primeiro que teño que facer é analizalo, descompñelo nas súas partes máis sinxelas. Descartes, cando vivu en Holanda, fíxose amigo dun carniceiro, os únicos que coñecían as técnicas de disección, pois isto estaba moi penalizado.
O estudante de mediciña,por expemplo, non pode coñecer ao ser humano de golpe. Cando estudia o fará por partes, estudiará o corazón, as venas, as válvulas, os nervios... Debemos entón dividir en partes máis pequenas para entender.
Despois disto, o estudante terá que volver a compoñer, para comprender ao humán coma un todo, para ter esa visión de conxunto.
¿Qué significa síntese? As fibras sintéticas, por exemplo, o nylon, o poliéster...Chámanse productos sintéticos porque son construidos, algo que antes non estaba.
Resumindo, poderíamos dicir que para saber qué é unha cousa temos que analizar, e para saber cómo se fai temos que observar a súa síntese. Todo o que estudiamos é iso: análise e síntese.

Para Descartes entón, o coñecemento provén de esas evidencias. Esas evidencias son posibles porque segundo Descartes existen certas ideas coas que nacemos, ideas innatas. Estas ideas son aquelas que se presentan ante min coma evidencias. Os racionalistas, coma Descartes cren que nacemos con ideas innatas, e a intuición intelectual e a forma de coñecer a verdade.

Segundo a súa orixe temos tres tipos de contidos mentais: innatos (contidos mentais nacidos conmigo); adventicios (contidos mentais que veñen a mi, por exemplo os sentimentos); e fácticos (os construidos por min a partir dos anteriores).
Os contidos mentais que fundan o verdadeiro coñecemento son as ideas innatas.

Nunca sabremos cual es la realidad

Comentarios