Renato Descartes

Tamén coñecido como René Descartes, Cartesius... É considerado dalgún xeito o primeiro home moderno. Na súa obra Discurso do método vemos con claridade os efectos do cambio que se produce na Modernidade. Esta obra constituirá a esctructura do que se denomina Modernidade.
O Discurso do Método foi publicada como prólogo de outro libro de física e metafísica titulado O Mundo ou Tratado da Luz, obra na que Descartes defendía a teoría heliocéntrica, e foi retirada da imprenta por él mesmo ao enterarse da condena de Galileo (nese momento Descartes tiña aproximadamente 37 anos).
Anos máis tarde publicou só o prólogo de esa obra, que é o que hoxe chamamos O Discurso do Método. A obra completa non a publicará nunca. Só publicarase póstumamente. Esto nos da pistas sobre o pensamento de Descartes: Debemos diferenciar entre o que dí e o que quere dicir.

Descartes vivía en Francia, i era un chico enfermizo. De pequeno o pai, que era secretario do Estado, o mandou a estrudiar no mellor colexio xesuita. O seu tío era o director, así que se levantaba as 12 e iba a clase cando quería (supostamente porque era enfermizo). Acabou os seus estudos con notas normalitas. Logo estudou Dereito, como dicía o du pai.
Pero Descartes estaba confuso. Saíu peor do que entrou. Na escola estudábase o xeocentrismo. Pero nas rúas, a intlectualidade falaba do heliocentrismo, era a moda.
Desesperado, decide dedicarse a ver mundo. Así que se fai soldado profesional. Unha noite, quedou só no cuartel, ao color dunha estufa, e se lle ocurreu a súa gran idea. Non se sabe exactamente cal era, pero esa revelación cambioulle a vida. Así que decidiu dedicarse ao estudo. Escondeuse para facelo, cambiando de casa, porque os seus amigos querían ir de festa e o distraían. Non precisaba traballar, xa que vivía da herencia da súa nai.
Foise de Francia a Holanda, que era un país máis liberal. Despois volveu a Francia e se foi a Suecia, porque a raiña Cristina o contratou. A raiña o facía madrugar moito (as 5 a.m) porque lle gustaba reunirse con él na biblioteca a esa hora para dialogar. Acostumado a traballar na cama ata mediodía, a súa saúde resentiuse polas esixencias da Raíña Cristina, e morreu nun mes, con pouco máis de 50 anos 
Algunhas teorías din que realmente morreu envenenado por un monxe para evitar a súa influenza negativa. De feito, as súas obras foron prohibidas pola Igrexa.

É interesante sinalar que Descartes escribía en francés, sendo esto unha novidade. Ata entón, se un libro era considerado serio escribíase en latín. Pero o latín só o entendían os intelectuais. Así que Descartes, non se sabe se por pereza, se porque pensaba no pobo, o porque facía o que lle daba a gana, escribiu un francés.  O que pasa e que ninguén o quería ler, porque os que querían ler so o querían facer en latín. Así que o traduxo ao latín. Descartes escribe con palabras sinxelas, con unha linguaxe común, xa que escribía para todos.

Comentarios