Percepción e representación

Cando oímos por primeira vez un idioma extranxeiro percibimos tan so un fluir de sonidos. Recoñecemos que se trata dunha voz humán. Pero iso é todo o que logramos comprender. Sin embargo, cando comprendemos o idioma en cuestión, en esa confusión de sensacións auditivas somos capces de distinguir fonemas, sílabas, palabras e frases. Agora percibimos os esquemas que subxacen e organizan o fuixo de sonidos. Pero hai todavía un tercer nivel que xurde cando aprendemos o idioma. Non só aprendemos a percibir os sonidos, senón que aprendemos a entender qué significa.

OS SENTIDOS

Vivimos rodeados de obxectos, acontecimentos e persoas. Todo este universo o percibimos a través dos sentidos. Normalmente non somos conscientes dos logros alcanzados polos nosos sentidos ao longo da nosa evolución, precisamente porque nos resulta moi sinxelo percibir. Pero esa percepción é absolutamente necesaria para a nosa supervivencia.
Gracias aos sentidos, os animáis entran en contacto coa realidade exterior e tamén coas transformacións que se producen no noso propio corpo. O cerebro recibe toda esa información, a procesa e posteriormente emite unha resposta ante a estimulación que activou certas zonas cerebrais.
Os sentidos, pois, permítennos relacionarnos coa realidade extracerebral. Un animal que carecese de sentidos permanecería absolutamente insensible a calquera estímulo, e polo tanto, incapaz de reaccionar.
Durante séculos pensouse que o ser humán posuía exclusivamente cinco sentidos. En certa forma, as persoas seguen crendoo así. Pero a realidade é ben distinta, xa que o ser humán posúe infinitude de receptores sensoriales.
Os receptores sensoriais son as células nerviosas especializadas que permiten ao cerebro entrar en contacto co medio ambiente e cos cambios que acontecen no noso corpo. Son terminais que transforman os estímulos físicos ou químicos en impulsos nerviosos. Os sentidos son as nosas ventás abertas ao mundo, as fontes de nosa experiencia.
Os sentidos, con seus distintos receptores, son canais de información, que detectan estímulos físicos e os transmiten ao cerebro, que lles otorga un sentido.
Aínda que os sentidos nos ofrecen una imaxe do mundo, non sempre transmiten unha imaxe fiable da realidade, De feito, os seres humáns cunstruimos moitos instrumentos para amplificar as posibilidades dos nosos sentidos, como por exemplo telescopio, microscopio….
Canto máis usamos unha capacidade sensible máis melloramos a súa agudeza. Cando unha persoa perde un sentido, desenvolve máis outras capacidades.

Tipos de receptores segundo a orixe do estímulo: quimioreceptores, mecanorreceptores e fotorrecepctores

Tipos de receptores segundo a súa situación no corpo: exterorreceptores, propiorreceptores, interorreceptores e dermorreceptores

OS ESTÍMULOS E AS SENSACIÓNS

Constantemente os órganos son bombardeados por multitude de estímulos.
Estímulos e sensacións son os componentes esenciais da percepción. Pero a percepción é algo máis que unha mera suma de sensacións.

Un estímulo é toda enerxía física, mecánica, térmica, química ou electromagnética que activa ou excita un receptor sensorial.

A sensación consiste en detectar algo a través dos sentidos e dos receptores de sensación internos, sin que aínda teña un significado.

Os animais captan a realidade extracerebral mediante os sentidos. Dende un punto de vista físico, o mundo exterior é unha complexa mextura de partículas e ondas de enerxía. No interior do organismo existen células, músculos, neuronas etc, que se activan gracias a uns complicados procesos químicos, físicos e biolóxicos. Toda esa información debe chegar ao cerebro para ser procesada e desencadear unha resposta no organismo.

Para que os sentidos sexan activados necesítanse estímulos.

Ahora ben, non todos os estímulos que chegan aos sentidos son capaces de provocar sensacións. Por exemplo, o oído humán npn pode escoitar determinados sonidos que por exemplo, o morcego si pode (ultrasónicos), nin pode oler aromas que o cerdo si pode (trufas).

Chámase umbral mínimo á mínima intensidade que se necesita para que un estímulo sexa capaz de exitar un receptor sensorial. O umbral máximo é, en cambio, a maior cantidade de estímulo que poden soportar os sentidos. Máis alá de él, xa non se produce sensación.

Cando os receptores sensoriais captan os estímulos, os transmiten case simultaneamente ao cerebro, onde se transforman en sensacións. Así, o cerebro posúe sensacións de cores, sonidos, calor… ë importante sinalar que as cousas non posúen por si soas sensacións (por exemplo, a cor). Para que exista unha sensación, coma a visión dunha cor, son necesarios tanto estímulos como o procesamento cerebral deses estímulos. Así, a cor do mundo, os seus sonidos, o seus aromas…. están en nos.
Locke xa advirtiu esta característica das sensación, e distinguiu entre cualidades primarias (as que realamente tenñen as cousas) e cualidades secundarias (Aquelas que se provocan en nos pero non están nas cousas).

A PERCEPCIÓN

A palabra percepción ven do latín perceptio, que significa acción de recoller ou recibir. A percepción é entón recoller ou recibir algo.

A percepción é pun proceso psicofísico polo que o suxeito transforma as diversas impresións sensoriais (estímulo), previamente transportadas aos centros nerviosos, en obxectos sensibles coñecidos. Percibir é aprehender a realidade, non só como unha impresión sensorial aillada, senón como un conxunto ou un todo global e organizado, coma unha totalidade.Percíbese unha paisaxe, non simplemente volúmenes, matices, saturacións, distancias e sonidos dispersos simplemente sumados.
Cando percibimos non nos limitamos a recibir de xeito pasivo as impresións, senón, que ao mesmo tempo que recibimos información, participamos activamente en dita recepción, integrando organizando e interpretando os datos recibidos. De tal xeito que a nosa percepción é resultado do comunicado polos sentidos e a contribución do suxeito perceptor.
Digamos que “todo o que se recibe, recíbese de acordo coas condicións do recipiente”. Os sentidos suminístrannos impresións das cousas, pero ao mesmo tempo, nos mesmos participamos da construcción da percepción.
Os factores que inflúen na percepción son aqueles elementos que, pertencendo ao suxeito consciente, colaboran coa constitución do obxecto. Os recordos da memoria, a experiencia anterior, conceptos previos, aprendizaxe, a propia perspectiva do suxeito ante as cousas, as súas expectativas, os condicionantes culturais…. Todo iso influe na conformación da percepción.
Ademáis disto, existen leis estructurais da percepción ou configuración do obxecto, denominadas as leis da Gestalt, propias da mente, que interveñen na percepción.


Resultado de imaxes para relatividad escher
Escher. Relatividade, 1953
O que acontece no grabado é como o mundo, pero ¿Comparten realmente o mesmo mundo estas persoaxes?


O realismo sostén que os obxectos percibidos existen independiente da nosa sensación, e que conservan as súas propiedades ainda cando non son percibidos.
Chámase realismo directo cando entre o obxecto percibido e o suxeito que percibe non existe ningún intermediario. O realismo indirecto sostén que aínda que os obxectos percibidos existen realmente, non son percibidos directamente, senón que son captados a través dun intermediario, que pode ser a Idea, o concepto, etc.
A tradición filosófica que vai dende Aristóteles ao empirismo clásico do século XVIII, pasando pola filosofía escolástica, defende que "nada hai no entendemento que antes non estivera nos sentidos", ou en outras palabras, o entendemento toma os seus datos da experiencia.
O racionalismo, xa dende a versión de Platón, oponse a esta postura, coa teoría das ideas innatas, sempre de dificil precisión.
Segundo o realismo directo, na percepción sensorial captamos de un modo directo a existencia e as cousas do mundo. O realista sostén que os obxectos físicos poden existir e ter al menos algunhas das propiedades que percibimos que teñen, incluso cando non as percibimos. A expresión crucial é "al menos algunhas". e a cuestión é saber exactamente cales.
Debemos distinguir dous tipos de realismo directo. O inxenuo e o científico. O realista inxenuo sostén que os obxectos percibidos poden ter propiedades de todos os tipos que percibimos que teñen. Con isto quere dicir que un obxecto non percibido aínda pode ter non so a forma e tamaño, senón tamén o color, o sabor, o olor, a aspereza e a suavidade, o ser silencioso ou ruidoso. A inxenuidade de esta posición radica na palabra "todos".
O realismo directo científico oponse a forma inxenua de realismo directo. Esta versión científica cree que a ciencia demostrou que os obxectos físicos non teñen as propiedades que percibimos cando non son percibidos. A existencia de algunhas de esas propiedades depende de que alguen as perciba. Así, a cor, o sabor, o sonido, o olor, non son propiedades independientes do obxecto que podan conservarse cando ninguen as percibe. O obxecto só as ten para o que as percibe.

O realismo directo acepta o caracter directo da nosa percepción do mundo, pero restrinxe a seu realismo a un grupo especial de propiedades.
Locke diferenciaba entre cualidades primarias (forma, tamaño, textura molecular...) e cualidades secundarias (cor, olor, sabor.... propiedades sensoriais).
De acordo con Locke, un obxecto que percibimos como coloreado non ten, cando non o percibimos, ningunha cualidade de ese tipo, tal y como se nos da na percepción. Pero nalgún sentido se pode dicir que todavía ten cor, dado que esa cor seguirá estando presente para o individuo que a percibe, se as condicións son apropiadas. Pero a cor, tal e acomo a vemos, o calor tal cual o sentimos, ou o sabor, tal como o saboreamos non son propiedades que o obxecto conseve cando ninguen a percibe, e por esa razón, non podemos supoñer que son propiedades independientes do obxecto. A cor, tal e como a vemos, é máis unha propiedade do noso xeito de aprehender o mundo.

Realismo ingenuo
Juegos mentales - realismo ingenuo

A percepción no fenomenismo gnoseológico
O fenomenismo é a doutrina que defende que a única realidade é a do fenómeno, é dicir, o que se nos presenta. As cousas en si, non poden ser coñecidas, pois o que se nos presenta son só os fenómenos.
A versión estrita do fenomenismo nega a existencia do mundo físico e non admite máis realidade que a da experiencia, e dicir, o conxunto de percepcións subxectivas. Esta negación da existencia do mundo físico ou da permanencia dos obxectos físicos, xunto coa afirmación de que só existe a mente e as súas ideas, chámase idealismo.
Este fenomenismo idealista sostívoo Berkeley. O fenomenismo idealista invirte a relación tradicional entre percepción e obxecto: non é o obxecto a causa da percepción, senón a percepción a causa do obxecto. O fenomenismo, como teoría perceptiva, non admite a existencia dun mundo físico real e independente da percepción; fora da propia experiencia non existe nada máis. Para o idealismo, os obxectos físicos non son senón un conxunto de ideas; pode negar simplemente a existencia dos obxectos físicos ou pode reducir os obxectos físicos a experiencia (Berkeley); neste caso, confúndese co fenomenismo. Berkeley, reduciu todo o noso coñecemento a ideas, pois as cousas non teñen existencia á marxe da mente que as percibe.


A síntese perceptiva

É imposible establecer con precisión os límites que sinalan a diferenza entre sensación e percepción; parece evidente que a percepción depende da sensación, xa que cando por deficiencia dos nosos órganos sensitivos vémonos privados de determinadas sensacións, resultan tamén perturbadas as nosas percepcións: os cegos non poden percibir as cores. Como se realiza a síntese perceptiva? A esta pregunta déronselle distintas respostas, entre as cales destacaremos dúas: a teoría asociacionista e a psicoloxía da forma Teoría asociacionista

Segundo o asociacionismo, as percepcións non son senón o resultado de sensacións anteriores. Para os asociacionistas o suxeito é absolutamente pasivo, limitase a recibir os estímulos externos en forma de sensación e, unindo unhas sensacións a outras, a elaborar a percepción. Para os asociacionistas as sensacións e as impresións son os únicos elementos de que se compón a percepción. A expresión “asociación de ideas” débese a Locke, que atribúe ás ideas a posibilidade de asociarse simplemente por “unha correspondencia natural” entre elas, ou ao azar e segundo as circunstancias. Para Hume, en cambio, s asociación non ocorre ao azar, senón que segue principios ou leis que, segundo Hume, son: a semellanza, a contigüidade no tempo ou o espazo e causa e efecto. O asociacionismo é un punto de partida para moitas das primeiras teorías propiamente científicas da psicoloxía: Wundt, Pavlov, Watson e outros, son asociacionistas; o son tamén en principio os partidarios do conductismo, que xorde a comezos do s. XX, e as primeiras teorías sobre a aprendizaxe, que explican polo seu medio a conexión –a contigüidade, sobre todo– que se produce entre estímulo e resposta e entre estímulos naturais, ou incondicionados, e estímulos neutros ou condicionados.

Este tipo de concepcións atomistas da vida mental non explican conceptos tan fundamental en psicoloxía como é a conciencia, que non adoita considerarse unha simple conexión temporal ou sucesión de ideas En especial, a psicoloxía da forma, ou Gestalt, opón ao atomismo e ao asociacionismo.
A Gestalt

A finais do século pasado, o psicólogo americano W. James puxo de relevo que, en presenza de idénticos estímulos, individuos con distintos intereses percibían cousas diferentes, e de aí deduciu que a percepción máis que depender dos estímulos sensibles, facíao da motivación ou dos intereses do suxeito perceptor. Continuando neste sentido, a psicoloxía da forma puxo de relevo que aínda que desde o punto de vista fisiolóxico a percepción posúe un carácter mediato (é dicir, depende dun ou máis procesos fisiolóxicos), psicoloxicamente, a percepción dásenos dunha maneira primaria, directa e inmediata. Segundo esta teoría, desde unha perspectiva psicolóxica, a percepción non é o simple resultado de sensacións, en primeiro lugar, porque estas non son o único elemento da percepción, en segundo, porque resulta case imposible determinar a súa entidade concreta e exacta, é dicir, porque é moi difícil precisar que é ou en que consiste e, en terceiro, porque diferentes persoas ante idénticos estímulos, poden percibir obxectos distintos. A visión que a percepción nos proporciona está en si mesma ordenada e estruturada cos caracteres propios do todo, e en lugar de depender o todo das partes (a percepción das sensacións), dependen as partes do todo (as sensacións das percepcións). Así pois, os defensores da psicoloxía da forma propugnan a primacía das percepcións. Na percepción interveñen, por unha banda, os estímulos externos ou internos e, por outra, o dinamismo psíquico, é dicir, a maneira de ser e as situacións das persoas perceptoras. Para a Gestal existen unhas leis da percepción. Sinalaremos algunhas: -Lei da adaptación: a función primeira e fundamental da percepción consiste en facilitar a nosa adaptación correcta ao mundo. O ser humano propende a organizar e interpretar as impresións de acordo cos seus fins e intereses; por exemplo, cando miramos o noso reloxo, observamos (percibimos) a hora e prescindimos da forma e da cor da esfera, do tamaño dos números, etc. -Lei da “boa forma”: o suxeito que percibe tende a ver o conxunto de estímulos na súa configuración máis simple e máis ordenada. -Relación figura-fondo: o que percibimos visualmente é sempre unha figura que se recorta sobre un fondo. A figura posúe unhas características propias como son: forma e contorno definidos. O fondo, por oposición á figura, carece de contornos precisos; é uniforme, percíbese como máis afastado e envolvendo á figura, e a súa superficie é maior e máis imprecisa. -Lei da constancia perceptiva: as variacións sufridas por un obxecto, dentro de certos límites, non nos impiden ver devandito obxecto ou, expresado doutra maneira, a percepción propende a corrixir ou a prescindir das variacións que poden adquirir determinados obxectos en diversas circunstancias. Esta lei maniféstase nas calidades seguintes: 1. Constancia da cor: temos tendencia a percibir certos obxectos de determinada cor, aínda que a intensidade luminosa ou outras circunstancias móstrennolo con outras tonalidades; así, vemos a neve branca, o carbón negro e as follas das árbores verdes, tanto a plena luz do mediodía como ás sombras do crepúsculo ou na noite á débil luz da Lúa 2. Constancia da forma: vemos os pratos redondos, as xanelas rectangulares, con independencia da nosa posición con respecto a eles e das formas e das deformacións con que se nos presentan 3. Constancia do tamaño: a imaxe que percibimos dun obxecto diminúe coa distancia, mais as persoas adultas adoitan percibir as cousas no seu tamaño correcto con independencia da súa proximidade ou distancia. Vemos máis voluminosa a unha vaca que a un can, aínda que realmente na nosa retina, debido á proximidade do can e á distancia da vaca, reflíctase de maior tamaño o can que a vaca. -Lei da primacía: percibimos os obxectos globalmente antes que os seus partes, o cal significa que as partes adquiren o seu sentido, as súas funcións e as súas perspectivas dependendo da súa posición no todo e, desta maneira, uns mesmos estímulos poden servir para orixinar distintas percepcións: figuras reversibles, diferentes formas de agrupación, relación figura-fondo. Desta lei derívanse á súa vez as seguintes: 1. Lei da proximidade: en igualdade de circunstancias tendemos a agrupar os estímulos próximos entre si 2. Lei de semellanza: en situacións similares propendemos a reunir os estímulos análogos ou parecidos entre si 3. Lei de contigüidade: en condicións semellantes temos tendencia a integrar os estímulos que parecen seguir un mesmo orde, unha mesma dirección ou pertencer a un mesmo grupo 4. Lei de contraste: en casos análogos inclinámonos a destacar certos estímulos, deixando nun plano secundario ou ignorando outros (figura-fondo)

Psicoloxía da Gestalt
A ilusións ópticas

Para o estudo da percepción humana resulta especialmente interesante o estudo das ilusións ópticas, que hai que diferenciar claramente das alucinacións que non son máis que percepcións falsas que non se corresponden con ningún estímulo físico externo.
Nas ilusións ópticas dáse unha percepción  distorsionada de estímulos físicos externos e non desaparecen aínda que nos decatemos do seu carácter  ilusorio. A análise das ilusións ópticas serve para coñecer os mecanismos do cerebro ao construír hipótese sobre a realidade interna ou externa e tivo importantes aplicacións artísticas.

A atención

A atención é o proceso a través do cal seleccionamos algún estímulo do noso ambiente, é dicir, centrámonos nun estímulo de entre todos os que hai ao noso ao redor e ignoramos todos os demais. Adoitamos prestar atención a aquilo que nos interesa, xa sexa polas propias características do estímulo (tamaño, cor, forma, movemento…) ou por nosas propias motivacións. Así pois, a atención e o interese están intimamente relacionados, do mesmo xeito que a atención e a concentración.

Hai unha serie de factores que determinan a nosa atención, entre eles poderíanse destacar:

Externos: A posición do estímulo respecto do observador, a intensidade do estímulo, o tamaño, o fondo, a cor, a luminosidade, o movemento, a novidade ou rareza do estímulo

Internos: De natureza fisiolóxica ou psíquicos como a motivación ou as expectativas

A atención relaciónase cos músculos do corpo polo que se controlamos o noso nivel físico daremos un paso para o control psíquico: a relaxación muscular axuda á relaxación mental. A atención relaciónase especialmente cos músculos da respiración: unha adecuada respiración reduce tensións e facilita o potencial de aprendizaxe.
Doutra banda é evidente que cuantos máis estímulos haxa no campo  perceptivo, máis difícil
será conseguir unha boa concentración e que a falta de soño, a fatiga, a monotonía, os fármacos ou a enfermidade reducen a capacidade  atencional.
A concentración é o mantemento prolongado da atención.

Entre os factores que favorecen a atención e concentración no estudo atópanse os seguintes:

-Interese e vontade á hora de estudar
-Planificar o estudo dun capítulo ou do desenvolvemento dun problema de forma moi concreta, para un espazo de tempo curto, non máis de 30 minutos.
- Transcorridas dúas horas de estudo descansar brevemente para relaxarche da concentración mantida ata ese momento.
- Cambiar a materia de estudo: así se pode manter por máis tempo a
concentración.
- Tomar apuntamentos: Se durante as explicacións do profesor estase atento e sintetízase
mentalmente e por escrito en frases curtas os detalles de máis importantes, exercitarse a atención. 

Comentarios