Metafísica de Descartes

A metafísica é a teoría, doctrina ou disciplina que estuda ao ser en tanto que é. Estuda a "seridad", o que hoxe entendemos como "existencia". Estamos a falar da capacidade de ser. Non nos referimos a cómo é (alto, baixo...), senon ao feito de ser, de existir. A metafísica estudia a substancia, o que non necesita de outra cousa para ser, para existir. Digamos que estuda a realidade mesma en tanto que é.

Descartes falará de dúas substancias, unha substancia espiritual: res cogitans e unha substancia material: res extensa, que están completamente separadas, non teñen nada en común. Esto vaille ocasionar a Descartes o renacer dun problema, o mesmo ao que se enfrentara Platón, o problema do dualismo. ¿Cómo explicar a relación de unha substancia coa outra?
No caso concreto da persoa humán, este dualismo metafísico; res cogitans e res extensa, se transforma nun dualismo antropolóxico. O home está composto por dúas substancias. A alma, o espíritu, a res cogitans, o seu "eu", e por outro lado o seu corpo, a súa materia, a res extensa.
A relación de estas dúas substancias no individuo humán, e a posibilidad de que o eu, res cogitans coñeza o mundo, a materia, a res extensa, son problemas que Descartes debe solucionar de xeito explicito. Debe enfrentarse a os problemas intrínsecos á concepción dualista da realidade metafísica e antropolóxica.
Se non teñen nada en común ¿Cómo é posible que entren en relación a unha coa outra?
Ten que ter algo en común, a través do cal se toquen. Pero a materia é absolutamente material, e o espiritual é algo totalmente espiritual. Non teñen nada en común.
Vexamos como Descartes soluciona este problema. ¿Qué é o que máis lle preocupa aos filósofos modernos? A teoría do coñecemento ¿Cómo é posible que o eu coñeza á materia? A esto se lle denomina "a saida do solipsismo".
Solipsismo significa que só existo eu. Ben. Penso, lo existo. Pero ¿Cómo coñezo? ¿Como salgo do eu?  Só estamos seguros da existencia da miña mente, pero a miña mente, puramente espiritual ¿Como pode acceder ao coñecemento do mundo, se é puramente material?
Estamos ante unha teoría peliaguda, complexa de resolver dende un punto de vista filosófico.
Ao final da duda metódica, Descartes chegara a conclusión de que existe unha verdade indubitable "Penso, logo existo". Agora ben, esta verdade só contén a afirmación da existencia dun eu, que pensa, que ten pensamentos. ¿Pero cómo sabemos que estos pensamentos se corresponden ou representan a algún obxecto diferente a min, externo, separado do propio eu?¿Cómo sei que teño este corpo? Nos meus soños son outro eu. ¿É real? Non. ¿Pero como sei que este si é o meu? ¿Se solo existo eu, cómo sair do solipsismo? ¿Cómo sair dos meus propios pensamentos?
Primeiro imos a analizar os meus pensamentos. ¿E cómo os analizo? Clasificándolos, segunda a súa orixe. Os pensamentos os hai de tres tipos:
- Innatos (contidos mentais nacidos conmigo);
- Adventicios (contidos mentais que veñen a mi, por exemplo os sentimentos); 
- Fácticos (os construidos por min a partir dos anteriores).

Dentro dos pensamentos innatos hai un especial. A idea de Deus. A idea de Deus está en min dende sempre. 
A continuación, Descartes utilizará el revenido argumento de San Anselmo para demostrar a existencia de Deus. Se teño a idea de Deus, necesariamente ten que existir. Así que xa temos demostrada a existencia de algo diferente e separado de mi eu e os meus pensamentos.
Recordemos que Santo Tomás, que era máis empírico, non aceptaba este argumento, pois debía partir sempre dun feito empírico para demostrar a exitencia de Deus.
Segundo o argumento de San Anselmo, a idea de Deus leva necesariamente implicita a súa existencia. Así pois, xa teño ao "eu" e a "Deus" ¿Agora como sei que os outros pensamenteos se corresponden con seres reales? ¿Cómo sabemos se existe o mundo?
Podería ser que so existise eu e o mundo, e que Deus puxera na miña mente todas esas ideas.
Pero como Deus é infinitamente bo, non me pode engañar. Logo o que eu perciba clara e distintamente ten que ser verdadeiro. Así que o mundo existe realmente, en tanto que se me presenta como extensión, figura e movemento.
A realidade existe independentemente de min. A idea de Deus aparece así no Discurso do Método como un ponte entre eu e o mundo, como garantía da existencia do mundo, como saída do solipsismo.
Entendese por mundo o que se me aparece clara e distintamente, é dicir, como extensión. O mundo entón, estaría valeiro de cualidades. 
Segundo esto, Descartes di (non afirma, nin creemos que pense) que substancia so hai unha: Deus. O chama tamén "ser infinito" ou "substancia infinita", posto que Deus é o único ser que existe en e por si mesmo, sen necesidade de outro para existir.
Agora ben, dito isto, podemos considerar que as outras duas substancias non o son no sentido extricto, pois ao ser creadas por Deus non existen en e por si mesmas, necesitan a Deus. Pero en tanto que cada una de elas é independiente das outras, podemos dicir que son substancias una con respecto da outra, pero non con respecto a Deus.
Esas duas substancias son a Res extensa e a Res cógitans. (cosa con extensión y cosa pensante). Son trascendentes, cada unha delas ten uns atributos e uns modos.
O atributo é o que a cosa é. O atributo da res extensa é a EXTENSIÓN, e o atributo da res cogitans é o PENSAMENTO.
Os modos son as formas en que se manifesta a substancia.
A res extensa se manifiesta de dous modos: como figura e como movemento.
A res cogitans maniféstase como entendemento, memoria, imaxinación, fantasía...etc.
A res cogitans é o "eu" (alma, espíritu...). É unha substancia completamente inmaterial. Carece de materia e consiste exclusivamente en pensar.
A res extensa pola contra é o mundo, pero un mundo carente de cor, sabor, sonido... A materia maniféstase a nos polos sentidos soamente. As cousas que vemos non teñen as características que vemos. A cor verde da mesa non existe no mundo, tan so na miña mente.
No exe de coordenadas so se pode determinar a forma e o movemento. O que existe é so o que se pode matematizar. Vemos aquí a influencia pitagórica que chegou no renacemento a través dos textos de Platón, como tamén vimos en Galileo, Copérnico, Kepler....
As persoas daltónicas, por exemplo, ven o mundo de outras cores, e outros animais perciben o mundo segundo os seus sentidos, que lle aportan información diferente do mundo.
O modelo que seguiu Descartes para construir o seu método é a matemática. Nesta época a influencia das matemáticas era moi grande.


A pesar de que o Discurso do Método escribiuse así, hoxe en día poucos autores pensan que Descartes era sinceiro. A maioria cren que non pensaba eso, e que non cría en Deus, por como era, pola súa personalidade, e tamén porque hai un defecto demasiado claro. Deus existe porque o percibo clara y distintamente, e a vez, a existencia de Deus é a que garantiza que o que percibo clara e distintamente existe. Deus é o que garantiza que as miñas ideas son verdeiras, sendo Deus mesmo unha de esas ideas. É un círculo. 

Despois da demostración da existencia de Deus, Descartes olvídase de esto e se dedica a filosofar sobre o "eu" e o "mundo", e deixalle o estudo de Deus a Santa Madre Iglesia.

Razoes que podería ter Descartes para non ser sincero:
- Pola súa personalidade. Descartes podería ser hipócrita. Gústalle vivir ben, e a liberdade de expresión non era unha realidade. Podería ser que introduza este concepto de Deus para que lle deixen tranquilo, e así poder desarrollar a súa filosofía. Así non ten problemas, como tivo Galileo.
- Porque está nun callejón sen saída. Chegou a un problema sen solución: o solipsismo, e non sabía saír de ahí. Entón utiliza a Deus como "deux ex machina", como recurso para sair de ese problema, e poder filosofar. Pois atorado no solipsismo non podería avanzar.
- Segundo outros autores, entre eles a Sociedade Galega de Filosofía (SOGAFI), Descartes cautelosamente, cando dicía Deus, quería dicir Matemáticas. Se substituimos a palabra matemáticas en todos os lugares onde pon Deus na súa filosofía, o seu sistema cobra total coherencia. Esta teoría arroxa luz onde había confusión. Así, Descartes mataría dous paxaros dun tiro: a Igrexia o deixa en paz e pode filosofar tranquilamente sen incurrir en incoherencias.

As matemáticas tamén son unha evidencia para Descartes: "Atopaba pracer sobre todo coas matemáticas, por mor da certeza e evidencia das súas razóns; pero eu non notaba aínda o seu verdadeiro uso e ... estrañábame de que, sendo os seus cimentos tan firmes e tan sólidos, non se construíu sobre eles nada máis levantado.'' [Descartes,  R.: Discurso do método,  p. 18].

¿É como podemos chegar á conclusión de que Descartes, probablemente non sexa sincero? Pois gracias a eso que tanto vos gusta facer: por facer comentarios de texto. Estamos a falar de Hermeneútica (que ven da palabra Hermes). Como sempre vos digo, facer un comentario de texto NON é soltar toda a teoría que chapaste. Facer un comentario de texto é facer o traballo de Hermes, o mensaxeiro dos deuses, é traer unha mensaxe dun lugar a outro. É viaxar ata o século XVII e entender o contexto de Descartes, entender ao autor, a súa personalidade, comprender o qué quería dicir e volver ao presente para explicar o texto. Así colleríamos as citas do texto e explicaríamos qué quería dicir, tendo como base ou soporte, a teoría que estudaches. Cando un fai este traballo con Descartes dase conta de que seguramente non di o que pensaba de verdade. A verdadeira razón non a sabemos a ciencia certa, pois a hermeneutica non é exacta, pero anteriormente os din algunhas posibilidades.

Imaxinemos que no futuro alguén quere estudar as contas dos polítcos basándose nos documentos públicos.¿Son sinceros? Non. Pois haberá que interpetar os textos, comparando diferente información e estudando as características da nosa época (corrupción, a picaresca española... etc)

Observación: É sumamente importante dicir que a teoría "oficial" di que Descartes creía en Deus e Deus era o que fundamentaba a existencia do mundo. E despois podemos falar das distintas interpretacións, que aínda que son as que se estudan na universidade, aínda non aparacen nos libros de texto de bacharelato.



Comentarios