Física cartesiana e Mecanicismo

¿Cómo era o mundo para Descartes? O Tratado da luz foi unha obra que se publicou postumamente, onde ven a cosmoloxía e a física de Descartes. Poderíamos dicir que é unha física cosmolóxica. Para Descartes, a natureza, a substancia, a materia é un continuo. Seguindo a Parménides, non existe o vacio.
A nada non é. A natureza é un todo, cheo, continuo. Non existe o vacio por medio. A natureza é un pleno continuo, e é o resultado de tres tipos de partículas. Unhas pequenas, unhas medianas e outras grandes. Cada unha destas partículas leva asociado un movemento natural. As partículas pequenas móvense moi rápidamente, as medianas menos, e as grandes pouco.
Calquer ser natural é o producto da mextura de estas partículas.
A natureza así composta so ten duas caractaristicas: forma e movemento. Dende Descartes pensamos que as cualidades do mundo están na nosa cabeza. So hai extensión, que se manifesta en forma e movemento. Chamamos a estas realidades, que existen realmente na materia, cualidades obxectivas, porque están no obxecto. Ao resto das cualidades aparentes das cousas, que non están realmente na materia, senón que son producidas no suxeito, cualidades subxectivas. Estas cualidades que non están realmente na materia, son a cor, o sabor... proveñen dos sentidos.


O Mecanicismo é aquela teoría que concibe a natureza coma unha máquina. Existen dous tipos de mecanicismo:

1º mecánico
A este grupo pertence Descartes e o racionalismo. Consideran que non existe o vacío, o negan. Conciben o movemento como producto exclusivo de acción por contacto. Non consideran pois que existan forzas substanciais. Toda acción dun corpo débese ao contacto con outro. Por exemplo, Descartes explica os movementos dos corpos celestes coa teoría dos vórtices. Osplanetas xiran o redor do sol coma un remolino, un vórtice. Segundo Descartes o universo está cheo de materia que xira entorno ao centro.
2º dinámico
O orixe de esta visión nace con Newton. Este autor acepta a existencia do vacio, e a existencia de forzas "independientes", que actúan a distancia e no vacío. Por exemplo a gravedade, e maís tarde descubriranse as forzas electromagnéticas. Os corpos, pois, móvense por efecto de estas forzas, sen necesidade de contacto.
Os racionalistas negáronse sempre a admitir a teoría de Newton. Aceptaban que funcionaba, pero non que fora real, que fose a explicación verdadeira do mundo, porque o racionalista non acepta a existencia do vacío nin tampoco a acción a distancia.
3º outros mecanicismos:
Como os atomistas presocráticos Demócrito e Leucipo. Estos autores se ben admiten a existencia de vacío, explican o cambio e o movemento por azar. Os átomos caen no vacío e por azar uno de eles cambia a súa traxectoria, desvíase. Son as propiedades mecánicas dos átomos as que explican toda a realidade. Non hai forzas misteriosas, nin amor, nin odio nin Nous.
A esto o chamaremos mecanicismo: explicar o dar razón de todos os acontecementos da natureza atendendo so e exclusivamente as propiedades mecánicas de esta.

Comentarios