Introducción á Modernidade

A revolución científica do Renacemento provocou unha inmensa conmoción na Historia da Filosofía. Así, coma sempre sucede coa Filosofía, unha crise, unha ruptura con un sistema anterior, da lugar a unha nova Filosofía; neste caso A Filosofía Moderna.
No século XVII as seguridades antigas, como o xeocentrismo, o aristotelismo, o tomismo (de Sto Tomás), exponíanse aínda nas Universidades. Esto significa que á Universidade non era a vanguardía do coñecemento, senón un museo de vellos saberes.
Os intelectuais inquietos vivían nun momento de confusión, da malestar e ata fracaso.
A revolución científica golpeara ao orgullo tradicional en diferentes ámbitos. Tanto na astronomía, na física pero tamén na metodoloxía. Agora, os métodos escolásticos (das escolas da segunda metade da Idade Media) considerábanse ineficaces para alcanzar coñecementos verdadeiros. Sen embargo, eses métodos seguíanse utilizando nas Universidades.
A crise tamén afectou a Igrexa, perdéndose a unidade relixiosa.
Todos estes cambios comezaron a forxarse no Renacemento, e a crise comeza na Modernidade, por iso se considera ao renacemento a porta da Modernidade. Os avances do Renacemento son coma unha crecente burbulla que ao final explota, e cando explota, comeza a Modernidade.
Esta crise mostra que a sabiduría humán é moi dificil de alcanzar, e que a posibilidade de error é inevitable.

Racionalismo
Chamamos racionalismo en sentido estricto á corrente filosófica en voga no continente europeo durante o séculos XVII e XVIII, que considera que todo o noso coñecemento provén da razón, ou ben que a razón é a única facultade válida para o coñecemento, a única que proporciona coñecementos válidos a partir da existencia de ideas innatas.
Os autores principais son Descartes, Espinoza e Leibniz.
Por outra banda, chamamos racionalista en sentido amplo a calquera doutrina ou autor da calquera época que afirme que todo o noso coñecemento provén da razón a partir da existencia de certas ideas innatas. Por exemplo, poderíamos chamar racionalista en sentido laxo a Platón, posto que o auténtico coñecemento para él é por medio da razón, que coñece recordando certas ideas que están na súa memoria, nacemos con elas.

Empirismo
Paralelamente, xurdiu outro movemento contrario no Reino Unido, o empirismo. O empirismo afirma que todo o noso coñecemento provén dos sentidos, ten os seus límites na experiencia sensible e non existen ideas innatas. Os principais representantes do empirismo extricto son Locke, Berkeley e Hume. 
Por outro lado, en sentido laxo, denóminase empirista a calquera autor que sostenga o postulado empirista. Así podemos dicir que a doctrina de Aristóteles é, ata certo punto empirista, posto que a teoría do coñecemento de Aristóteles comezaba coa experiencia sensible e non acepta a existencia de ideas innatas (rexeita as Ideas de Platón).

A filosofía moderna, entendendo como filosofía moderna a que se desenvolveu entre o Renacemento e a Revolución Francesa, supón un cambio radical no obxecto principal de analise e investigación filosófica.
Na filosofía antiga o obxectivo principal era filosofar sobre O Ser (buscar o arghé era buscar o "ser" das cousas). O Ser é o obxecto principal da Metafísica, o que está máis alá das apariencias dos entes, os obxectos particulares: O SER. Os filósofos antigos dedicábanse sobre todo á Metafísica.
Na filosofía medieval filosofábase sobre Deus, entendendo a Deus polo ser por antonomasia. Entón dedicábanse á Teoloxía.
Pero na filosofía moderna cámbiase ese obxectivo da filosofía, cambia o tema principal, e o máximo obxectivo do filosofar pasa a ser o coñecemento humán, a posibilidade, o alcance e os límites do coñecemento humán. Polo tanto, a disciplina fundamentela era a Teoría do Coñecemento Humán.

A orixe de este cambio, de esta nova perpectiva o atopamos no efecto que produce na intelectualidade europea a eclosión da nova ciencia, e máis en concreto na filosofía. O impacto máis grande foi o xiro copérnicano, o paso deo xeocentrismo ao heliocentrismo. Todo este cambio o veremos exemplificado ao estudiar a filosofía de Descartes.

Comentarios