Guillerme de Ockam: A crise da escolástica

As razóns polas que a escolástica entrou en crise foron varias.
Unha das razón é o verbalismo. Esto quere dicir ue falaban de xeito culto, escribindo elocuentes discursos sen dicir nada. é o que hoxe chamaríamos palabrería, básicamente o que fan os políticos. A filosofía medieval, nos últimos anos dedicouse a construir argumentos e pasar horas debantido con discursos elaborados pero insubstanciales, que non tiñan final. O discurso da filosofía medieval era coma unha impresionante catedral, semellante a arte da propia época: o gótico. Pero aínda que dende o punto de vista da retórica eran complexas construccións, dendo o punto de vista da filosofía era pouco fructífero. Quedaban en complexos argumentos valeiros.
Outra das causas foi a insubstancialidad dos temas. Todos os temas xa foron tratados e resoltos de xeito definitivo. Así que o que lles quedaba aos autores posteriores eran temas de pouca importancia, como por exemplo o sexo dos ánxos, etc.
Unha vez que a filosofía escolástica está nesta situación xurde un rexeitamento representado pola obra de Guillerme de Ockham, que rompe co excesivo intelectualismo da obra de Santo Tomás, para proponñer unha filosofía y teoloxía voluntarista.
Voluntarismo
Santo Tomás dicia que Deus só fai o ben, non pode facer o mal. Pero para Ockham isto sginifica que Deus non é omnipotente, xa que non pode facer calquera cousa. Entón, dirá Ockham, a bondade e a maldade derivan da vontade divina. O que Deus quere é bo. Deus pode facer o que lle de a gana, e o que el faga é bo. Para Guillerme de Ockham non serve para nada razoar, xa que o mundo é caótico, nada está suceito a razón. ¿Quén obra ben? O que obra cumplindo a vontade de Deus. Segundo Ockham, o poder de Deus non está limitado. O que quere Deus é bo. Se Deus dixera que aos 18 anos debes matar ao teu pai, eso sería o bo. Non pode haber nada por enriba de Deus, nin anterior a él. Ninsiquera o ben.
Así que intentar coñecer o mundo, a natureza independientemente da vontade de Deus é un absurdo. O mundo é como quere Deus que sexa. Non hai normas, ninsequera lóxica nin razón a cal a vontade de Deus deba someterse. Deus podería facer un mundo completamente iloxico ou absurdo si quixera.
A investigación da realidade debe facerse de un xeito empírico. O real é oque Deus creou, e nada máis. O método científico debe basarse na experiencia sensible, na descripción dos feitos e non en métodos deductivos nin xenerais. Só existen os seres e indiciduos concreteos. Todo o demáis é pura fantasía, delirio da razón
Nominalismo 
O nominalismo di que os térmos universais carecen de referencia, son meros golpes de voz. Non existe ningún obxecto real que se corresponda con eles. A súa existencia provén do seu uso, porque fai máis cómoda a linguaxe e a comunicación, pero carecen de referente.
Universales=nome común
Concepto paralelo as Ideas de Platón, Formas de Aristóteles... Sobre a existencia ou non de os universais hai tres posturas:
-Realismo radical
Como Platón, que afirmaba que os Universais(=Ideas) tiñan un referente, una Idea, que existe en e por si mesma, independientemnte dos seres sensibles, e incluso é mais real que os seres sensibles.
-Realismo moderado
Como Santo Tomás ou Aristóteles. Os seres están compostos de materia e forma. Os universais refírense a Forma universal. Pero esa Forma non existe, non é independiente. So a vemos coa mente.
-Irrealismo radical
Coma Guillerme de Ockham. Nega absolutamente a realidade dos universais. Esto chámase nominalismo.
Para Ockham a natureza está composta so por seres sensibles individuais e concretos, todos diferetnes. Os térmos universais non son nada máis que significantes que usamos por comodidade da linguaxe para designar a un conjunto de seres individuais e concretos semellantes.

Como vemos, o autor buscaba a sencillez, tanto no discurso filosófico e teolóxico coma no coñecemento da natureza, rexeitando os delirios da razón. En realción con isto, atopamos tese máis famosa do autor, coñecida como a "Navalla de Ockham".
De entre dúas teorías ou explicacións equivalentes, sendo todo o demais igual, prefírese a máis simple.

Esta tese posibilitaría a independencia da Ciencia con respecto da Igrexa, sendo así un punto de inflexión, o paso do Medievo ao Renacemento filosófico. Xa que é moito máis sinxelo que as explicacións científicas non estén sometidas ao dogma cristián. O que seguramente non imaxinaba Ockham es que este argumento de sencillez socavaría os cimentos do cristianismo ao posibilitar o progreso dunha ciencia que non ten en conta a Deus. 

Comentarios