Política e Relixión no Renacemento

A REFORMA

A Reforma protestante, ou simplemente a Reforma, foi un movemento de reforma cristiá. 
Considérase que comeza a partir da publicación das 95 Teses de Martiño Lutero, en 1517

Aínda que o movemento comezou como unha tentativa de reformar a Igrexa católica, os movementos acabaron coa escisión en varios grupos reformistas.
Moitos católicos de Occidente estaban descontentos coas falsas doutrinas e malas prácticas dentro da Igrexa, as cales consideraban impropias, especialmente no caso da venda de indulxencias. Outra controversia importante foi a práctica de compra e venda de posicións de prestixio no seo da Igrexa, considerada naquel tempo como unha auténtica corrupción na xerarquía eclesiástica. Esta corrupción considerábase sistémica, chegando mesmo á posición do Papa.
A Reforma en xeral considérase que comeza o 31 de outubro de 1517, na actual rexión alemá de Saxonia, cando Martiño Lutero cravou unha copia das súas noventa e cinco teses na porta da igrexa do castelo de Wittenberg, que se empregaba como taboleiro de avisos para a universidade. Nestes noventa e cinco puntos, Lutero expuña as súas críticas á igrexa e ao Papa.
Coma resposta a este movemento, a Igrexa presta a CONTRARREFORMA, para intentar recuperar a súa posición. Insta a Inquisición a que continúe traballando, e fan unha lista de libros considerados heréticos. Tamén fomentan a conversión ao catolicismo dos habitantes do Novo Mundo (América). 

POLÍTICA
O autor máis destacable é sin duda Maquiavelo. A tese de Maquiavelo denomínase "Realismo político" e considérase que máis que simplemente política, fai ciencia política, xa que estuda cales deben ser os elementos fundamentais que debe ter o gobernador.
Na súa obra O Príncipe, explica as estratexias políticas que debe ter o príncipe para gobernar exitosamente un pobo. Este libro tamén é coñecido con unha frase, que él nunca mencionou, pero que resume a idea central "O fin xustifica os medios". Un gobernante fai o que sexa necesario para manter o seu poder, incluso engañar. Non fala "do correcto" ou "do que debería ser", senón "do que realmente é". Un gobernante non pode estar subordinado á moral, senón que debe facer o que considere necesario sempre que o fin o xustifique. Agora ben, non está dacorto con calquera "medio". Un gobernante debe ser temido e amado, pero nunca debe ser odiado. Para elo non debe ser excesivamente cruel, xa que o pobo podería sublevarse. Debe castigar, puntualmente algúns, como exemplo para os demáis, o xusto para ser temido. Pero tamén debe ter fama de ter clemencia para ser amado.

A térmo "maquiavélico" comezará a usarse para describir aqueles actos de astucia enrevesada, na maioría dos casos con connotacións malignas.

Crese que Maquiavelo foi malinterpretado durante moito tempo. Se ben é posible que pensara así, non é a tese máis respaldada. Unha posibilidade é que simplemente estivera escribindo o que o lector quería leer. Esta obra, dedicada a Lorenzo de Medici, podería ser o que hoxe entendemos por "facer a pelota".

Tamén existe a posibilidade de que Maquiavelo estivera sendo sarcástico. Falando da manipulación que fan os astutos gobernantes, para que reflexionemos cómo non debemos ser.

Outra interpretación é que Maquiavelo considera que estas teses as debe aplicar o gobernante cando sexa necesario para manter a paz, pero non cree que deba utilizarse para manipular ó seu antoxo ao pobo. Por exemplo, nunha situación de inestabilidade política, o gobernante pode facer o que sexa con tal de conseguir estabilidade (o fin xustifica os medios). Pero no caso de que se viva en harmonía non xustifica o engaño ou a opresión do pobo. 
Maquiavelo, en parte, foi mal entendido, sendo a súa obra, o libro de cabecera de persoaxes como Napoleón, o dictador Musssolini e Stalin, entre outros. Por iso, moitos autores hoxe en día escriben para explicar cómo se malinterpretou "O Principe" e que Maquiavelo, non era tan maquiavélico.
Dende este punto de vista poñeremos un exemplo. Tal e como está España, con todos os políticos enfrentados, a sociedade enfurecida e sen ideas claras, a corrupción... para arranxalo podería vir un Príncipe, é dicir un gobernante con poder absoluto para non perderse en debates interminables, e manipulando a sociedade entera para que lle deixe traballar en paz, arranxara o país, acabando con toda a inestabilidade, deixando un pais unido. Logo, podería restaurarse a democracia. A min recórdame á República - Imperio román. Como era tan dificil gobernar a República, deuse o poder absoluto a un emperador, que en principio sería provisional, xa que o senado tardaba moito en tomar decisións. O problema é que unha vez no poder as persoas solemos corrompernos e querer perpetuarnos no mesmo, deixando atrás este "estado provisional".

Texto de Maquiavelo


Comentarios