Os presocráticos I. Monistas.

Aos presocráticos tamén se lles chama físicos, pois se preocupaban da física, tamén entendida como natureza, que para o grego antigo era o cosmos entero. O termo que usamos para designar esto é physis. O nome de presocráticos ven dado porque o seu pensamento é anterior ao de Sócrates, aínda que algún puido ser contemporáneo seu. O importante é que o seu pensamento está clasificado como anterior dende un punto de vista filosófico.
Tamén cabe destacar que o nome de presocráticos leva implícita a idea de que Sócrates marcou un antes e un despois na historia da filosofía.
Existe a posibilidade de que algún dos presocráticos fora mestre de Sócrates.
Estes primerios filósofos non se preocupaban polo home e pola sociedade. Preocupábanse pola physis. E a physis ten a súa orixe e fundamento no arghé. Así que os presocráticos intentan atopar a orixe da existencia preguntándose polo arghé, que é o mesmo que preguntarse ¿qué é o que fai que exista o cosmos? ¿qué é o mundo? ¿porqué existe algo e máis ben nada? ¿porqué?
Os monistas son os que dan un único arghé como orixe, e os pluralistas os que dan varios.
O termo presocrático foi considerado por moito tempo peiorativo, porque ata o século XIX se lles consideraba equivocados. Sen embargo, agora se lles considera esenciais, e moi difíciles de estudar, xa de algúns deles só conservamos algunhas frases desperdigadas polas obras de outros autores.

TALES DE MILETO
Coma xa dixemos antes, é considerado o primeiro filósofo e científico. Foi un home famosísimo no seu tempo. Fixose rico. Un ano calculou o tempo que iba a facer, así que como viu que habería boa colleita alquilou todos os molinos e fíxose rico. Foi o primeiro monopolista. Despois regalou os cartos. Só quería demostrar cuan valioso é o coñecemento.
Para Tales o arghé era a auga. A auga, por diversos medios transfórmase en todalas cousas, aínda que non sabía moi ben como.

ANAXIMANDRO
Cremos que era o sobriño de Tales. En todo caso era o seu discípulo. Conservamos un fragmento curto del, que dí "Alí onde todo nace, as cousas retornarán e pagarse unhas a outras pola súa inxustiza según o destino na orde do tempo". Cando dí "alí" se refire ao arghé, que para Anaximandro era o apeiron (=o absolutamente indefinido e indetermindado). Pensaba que Tales equivocábase, porque a agua é unha cousa máis da naturesa, e a súa orixe tiña que estar en algo máis profundo, nunha masa indeterminada que se vai transformando en todalas cousas, incluso na auga.
Nesa cita, Anaximandro fálanos de un proceso, de como as cousas salen do apeiron e retornan. O apeiron é eterno, non morre nin nace. Este transformarse del apeiron na physis tamén é eterno. Pero este proceso non é arbitrario, senón que está sometido a unha lei, a unha orde. Por iso dice que sucede según o destino na orde do tempo.
A idea da natureza sometida á orde se lle denomina cosmos. O concepto de un universo ordeado no tempo é orixinal de Anaximandro.
Foi o primeiro en publicar un mapa-mundo do mundo coñecido. Indroduxo o gnomon en Grecia, e foi o primeiro en considerar a Terra como algo suspendido no universo.

ANAXÍMENES
Discípulo de Anaximandro. Dicía que o arghé era o Aire. Algúns filósofos pensaban que era un pada atrás. Os que creen que é un filósofo de menos categoría é porque puxo como arghé outra vez un elemento da natureza. Os que creen que de maior categoría que os anteriores é porque segundo eles fai unha aportación á historía do pensamento que os demáis non fixeron. Esta aportación consiste en especificar o proceso mediante o cal o arghé se convirte en todalas cousas. Por rarefacción (proceso de separarse) e condensación (proceso de xuntarse).

PITÁGORAS E OS PITAGÓRICOS
A escola de Pitágoras tamén era unha secta. As súas ensinanzas eran secretas. Estaba prohibido contar o que se ensinaba alí.
Posucos podían ver a Pitágoras, incluso algúns pensan que non existiu. Pitágoras centrouse no estudo das matemáticas. O arghé para Pitágoras era o número, pero o número entendido como relacións numéricas.
Todo na physis ten a súa orixe, a súa causam e a súa razón no número. Coñecer a natureza é coñecer as relacións numéricas que as orixinan. O número, ao ser o arghé, produce armonía.
Os pitagorícos, como todos os gregos entendían os números como elementos xeométricos. Estudaban os números para poder saber medir con precisión. Incluso os movementos dos astros están realacionados cos números, a harmonía na música tamén básase nunhas proporcións numéricas...
Platón influiu na naosa cultura a través de Platón. que estudiou na escola pitagórica e difundiu estos coñecementos na nosa cultura.
Esta escola difundía unha teoría sobre o home derivada dunha antiga relixión grega, o Orfismo, ou culto a Orfeo.
Esta relixión e unha doctrina de salvación. Caracterízase porque a alma é inmortal Pitágoras a identificou co aliento, pneuma en grego (xa que mentres hai aliento hai vida). Así que ao morrer o corpo e a alma reencarnanse en otro corpo. Creen entón na reencarnación, que en grego dise metampsicose o transmigración das almas.

HERÁCLITO E PARMÉNIDES
Parménides era de Elea, e tanto a súa teoría como aos seus discípulos se lles chama eleáticos (de Elea). Parménides no se preocupa tanto polo arghé. Del conservamos case unha obra enteira. É o primeiro do que conservamos tanto. 
A obra que conservamos de Parménides está escrita en verso. O título é Periphysis (sobre, entorno á natureza). Ainda que é máis coñecido como "O poema de Parménides".
Consta de un prohemio ou introducción, e dúas partes. No prohemio cóntanos unha especie de lenda.
Ía no carro, apareceuselle unha deusa e lle cegou coa súa luz. Tiroulle do carro e ensiñoulle cal era o camiño do error e o camiño da verdade.
O camiño do error é o camiño dos sentidos, que é falso, un error e un engaño. O camiño da verdade é o camiño do pensamento. A través do razoamento, o home pode descubrir a verdade, o que é: O SER, o que ten entidade.
O ser aparéceselle coas seguintes propiedades: O ser é un, eterno e inmutable.
Carece de movemento en calquera forma. O ser tamén é finito.
Os sentidos nos dicen que todo está en cosntante cambio, e isto é un error.
Parménides demostrou estas características do ser con leis da razón, principios que hoxe en día denominamos: principio de non contradicción e principio do tercio excluso, e através dun argumento que denominamos reducción ao absurdo.
Principio de non contradicción: Unha cousa non pode ser e non ser ao mesmo tempo
Principio do tercio excluso: Unha cousa ou é ou non é. Ou existe ou non existe, non pode existir a medias.
Argumento de reducción ao absurdo: Se eu parto dunha realidade e apartires de iso deduzco unha contradicción, entón podo, con tada seguridade chegar a aquelo do que partín.
Estas son leis da lóxica.
Para empezar di Parménides: O ser é, e o non ser non é. Do ser non se pode pasar ao non ser. Porque o que é, é, e non pode non ser. E de o non ser non se pode pasar ao ser.
O ser debe ser un. Porque se houbera dous tería que existir a nada, para estar por medio de eses dos seres. Pero a nada, por definición, non é. Por a nada e o non exisitr. E o non existir non existe.
O ser ¿naceu algunha vez? Se a resposta fose afirmativa significa que houbo nalgún momento a nada. pero a nada non pode pasaraao ser. Tampouco pode morrer, porque o ser non pode pasar ao non ser. Por tanto, o ser é eterno (non é o mesmo que inmortal).
Eterno= non nace nin morre
Inmortal= naceu pero non morre
Se o ser se movese, tería que ir a outro lado, desplazarse a través do vacio. Pero o non ser/a nada non existe, así que non pode moverse. Tampouco pode cambiar. Porque se cambiase significaría que o que non é, pasaría ao ser e viceversa, e isto non é posible. Polo tanto, coma non se move nin cambia, o ser é inmutable.
E logo dí ¿O infinito é pensable? Non. Polo tanto o ser é finito.
Este último argumento pode parecernos floxo, pero o que sucede é que os presocráticos son moi complexos e temos poca información sobre eles.
Nos agora pensamos que todo aquelo que se pode mover ou separar é un ser distinto. Pero para un grego antigo iso non é razón para pensar que son un ser. Por exemplo, cando vou facer unha análise e me quitan sangue, aínda que esté fora do meu corpo, é parte miña, non é un ser aparte. Para comprender a Parménides, temos que ter moi presente que para o grego antigo, nos somos elementos dun organismo superior, chamado physis. Somos coma unha célula dentro dun corpo. O home pertence á polis, e a polis a physis. Igualmente cos vexetais e animais, pertencen ao ecosistema, que forma parte da physis, do cosmos, do universo. 
Heráclito
Non conservamos unha obra enteira, pero si moitos fragmentos. Era de Éfeso. Puido ser rei pero renunciou e decidiu vivir de anacoreta, na máis absoluta simplicidade. A xente lle pedía consello. Morreu enfermo.
Se lle coñece como Heráclito o escuro, porque escribiu en forma de aforismos. Os aforismos son frases concisas que condensan ideas, e no caso de heráclito tiñan un sentido moi escuro e complexo.
Dixo cousas coma:
"A guerra é o pai de tádalas cousas"
"Ninguen pódese bañar dúas veces nun mesmo río"
"Todo flue"
Heráclito é o filósofo do cambio, do movemento, do devir. A natrueza está en constante transformación. A este cambio constante, a filosofía o denomina "devir". É unha palabra técnica parar referirse ao cambio, ao movemento, á transformación, incluida aquela que se refire ao dexenerarse e corromperse dos seres.
Heráclito parece contrario a Parménides, sen embargo o raoamento polo que chega a esto é o mesmo que utiliza parménides. Heráclito di que a quietude non é máis que a apariencia dos nosos sentidos. Todo está en constante cambio.
Este cambio e este devir non é arbitrario, senón que está sometido a unha lei e unha orde. E a esa orde chamoulle LOGOS.
Logos significa razoamento, discurso, lóxica, pensamento, palabra.
Para Heráclito existe unha loita entre contrarios. O cambio é producto da loita entre contrarios, o ser é o resultado dun equilibrio na loita entre contrarios. Mentres a oposición mantense o ser é, cando a oposición desaparece o ser tamén. De ahí que diga que a guerra é o pai de tódalas cousas.
Di Heráclito que o arghé é o lume, e o di que un xeito metafórico, xa que o lume é o símbolo do cambio, do eterno fluir. Todos os seres se transforman, consúmense como devorados por un lume interior.
Heráclito intuiu a esencia da natureza tal coma a ciencia nola presenta hoxe.

Todos os autores posteriores coñecían pèrfectamente a estes dou autores e sabían que na súa contradicción estaba o problema da physis. Para resolver o problema da contradicción entre Heráclito e Parménides, os presocráticos posteriores optaron pola pluralidade de arghés. De ahí que se lles denomine pluralistas, e por contra, os anteriores, monistas.




Comentarios