Introducción á Historia da Filosofía: O paso do Mito ao Logos

A Filosofía e a Ciencia nacen sendo unha mesma cousa, unidas. A tradición di que o primeiro filósofo e tamén o primeiro científico foi Tales de Mileto no s.VII a.C.
O pensamento prefilosófico, o que que había antes de que xurdira a Filosofía e a Ciencia chámase pensamento mítico, xa que deriva do térmo mito.

Tales era comerciante e navegante. Os navegantes tiñas problemas ao perder de vista a costa, porque non sabían onde estaban. Así que como non se orientaban, costeaban.
Tales chegou a Mesopotamia, e alí se atopa coa civilización máis antiga do mundo, e coa súa relixión.

Resultado de imaxes para mapa mesopotamia

As crenzas relixiosas mesopotámicas consideraban que o destino do home e do pobo está escrita nas estrelas (hoxe o chamaríamos astroloxía=crer nos horóscopos, a diferencia da astronomía= o estudo dos astros). Así que facían mapas dos movementos dos astros nas torres zigurats.
Resultado de imaxes para zigurat
Zigurat Mesopotámico

Tales tamén coñeceu a cultura exipcia.
Os exipcios tiñan unha técnica para medir a terra, chamada xeo-metría (=medir a terra). Tamén tiñan unha unidade de medida: o gnomon, como temos agora os metros. Descubrirón o ángulo de 90º e construiron a escuadra.
Tamén sabían que para medir a altura de algo alto debían esperar a que a sombra do gnomon fora igual que o gnomon para medir a sombra do obxecto e saber canto mide. Os exipcios tamén tiñan unha forma de medir o calendario, e coñecían os solsticios e os equinoccios.

Resultado de imaxes para geometría egipcia



Tales aprendeu todo isto e foi o primeiro capaz de medir a distancia dun barco á costa, aplicando os coñecementos adquiridos. Así desarrollou a 1ª teoría matemática coñecida na historia. A denominamos Teoría de Tales.




Esto era necesario para poder defenderse no mar. Así saben cando hai que disparar.

¿POR QUÉ DICIMOS QUE A FILOSOFÍA NACEU EN MILETO?

Os exipcios tiñan unha técnica de medir a terra, pero non sabían porqué esto pasaba. Pensaban que era por razons divinas. Tiñan un coñecemento mítico. O mito non ten progreso nin avance. O mito é sagrado, está cerrado en sí mesmo, é intocable.  
Tales descubriu unha lei, descubriu porqué se mide así, comprendeu a relación que existen entre os lados dos triángulos. Buscou unha explicación dos fenómenos naturais dentro da propia natureza, sen recurrir aos deuses. Iso é a Ciencia.
No mito, as causas e oríxenes dos seres e dos acontecementos atribuíanse aos deuses. A natureza, e incluso a vida humán aparecía subordinada á arbitrariedade das divinidades. 
En cambio, no século VIII a.C. en Grecia, apareceu un novo tipo de pensamento que chamamos pensamento científico ou pensamento filosófico. Tamén se chama Logos. Pos logos significa razonamento, discurso, palabra. Se nos paramos a pensar dámonos conta de que a maioría das disciplinas científicas teminan en -loxía. Ven do temo logos. 
O pensamento filosófico-científico caracterízase por buscar as cuasas e orixes da natureza dentro da propia natrueza, descubrindo as leis que a rixen. 
Mentres que no pensamento mítico non hai leis, as cousas suceden de xeito arbitrario. A  lei implica que hai unha orde, que a natureza está ordeada según unhas leis ordeadas, e non pode ser doutra forma.

A este paso, de dar explicacións míticas a dar explicacións racionais o chamamos o paso do mito ao logos. E representa o inicio do pensamento científico e filosófico. 

Observación: A filosofía realmente naceu en tres lugares simultáneamente. En Grecia, na India e en China. Incluso hai investigadores que din que tamén naceu noutras civilizacións, chamando tempo-exe a ese momento na que a humanidade de xeito natural comeza a desarrollar esta forma máis avanzada de explicacións: o razoamento. Pero como somos occidentais nos centraremos na nosa cultura.




Comentarios