Ética e antropoloxía aristotélica

O home
O corpo e a alma non se dan por separado, ao contrario que con Platón. Se lembramos, para Platón, a alma estaba accidentalmente dentro dun corpo. Pero para Aristóteles non existe o corpo sen alma, nin alma sen corpo. Para Platón, a unión era accidental. Para Aristóteles é unha unión substancial. A alma é o que lle da vida á materia, e por iso é o que distingue os seres vivos dos seres inertes. Pero a alma aínda que é o principio vital de move e da vida ao corpo, depende tanto do corpo coma a vista do ollo ou o sorriso da boca.
A alma entón, é o principio vital. É aquelo que nos da a vida, a enerxía.
Para Aristóteles o home é un composto de alma e o corpo, de forma e materia, de acto e  potencia. Pero no caso de Aristóteles, aínda que tamén é dualista, coma Platón, pero non os concibe coma opostos, senon coma complementarios.
Ambos, alma e corpo, forman un sínolon (quere dicir que non son partes extrictamente, senón que son un todo unificado).
Quédanos agora por saber cal das dúas entidades racionais do home, a saber;entendemento axente e entendemento paciente á a persoal, a individual, a que pertence exclusivamente a cada un.
A maioría dos autores, con Averroes á cabeza (gran filósofo musulmán e traductor de Aristóteles), pensan que a alma persoal é o entendemento paciente, porque como vimos, é material, e esta, a materia e o principio de indualización dos seres. A materia é o que nos fai únicos, por iso, se o entendemento paciente é o entendemento material, ese debe ser o que se corresponda coa alma persoal e individual. A materia morre cando morre o individuo, desaparece co corpo. Por iso, o entendemento paciente, que se considera coma a alma persoal, morre co corpo.
O entendemento axente considérase coma unha forma abstracta, específica do home (coma especie humán), pero non dun individuo en concreto. É unha entidade supraindividual, unha forma eterna e inmutable.
Ista concepción chocará co Cristianismo, e veremos como Santo Tomás non admitirá as teorías de Averroes, dicindo que a alma mortal non é a persoal. Xa que para os cristiáns, a alma persoal debe ser inmortal. A interpretación de esta teoría Aristotélica xerará multitude de discusións na época medieval.

As almas
Para Aristóteles tamén hai tres almas, como para Platón, pero non se corresponden cas del.
1. Alma vexetativa: é a común aos vexetais, animais e o home. Consiste en nutrirse e crecer.
2. Alma sensitiva. é a cómun a animais e homes. É a que nos permite sentir, ter información do medio. As plantas non a teñen porque non sinten ( e non digades "¡¡Si que sinten!!". Eu non o cuestiono, pero hai que poñerse no lugar de Aristóteles)
3. Alma racional: É a alma específica do ser humán. A súa finalidade é desarrollar todas as nosas potencialidades racionais, é dicir, coñecer, ser feliz e ser sabio. Esto é o que diferencia ao home dos animais. O home feliz come, crece, sinte e desarrolla a súa potencialidad racional.

Para Aristóteles o home bo é home sabio e tamén o home feliz. A teoría que relaciona o home bo co home sabio chámase intelectualismo moral, porque identifica a sabiduaría coa bondade. Igual que Sócrates e Platón, pero de un xeito moito menos radical.


A ética
A ética é aquel saber práctico, que trata da forma en cómo debemos organizar a nosa vida os humáns para poder vivir ben e ser felices. Para Aristóteles, coma toda a súa filosofía, a súa ética é teleolóxica, e dicir, actuamos con un obxectivo, con unha finalidade. E esa finalidade é o ben supremo: a felicidade.
Sen embargo, Aristóteles é bastante prosaico (=ven de prosa, e significa que non é idealista) e entende a felicidade como ter cubertas todas as necesidades e potencialidades. Considérase a ética de Aristóteles como ética eudemonista. É unha ética Eudemonista (=ven de felicidade en grego) porque segundo Aristóteles a finalidade é a felicidade. Pero felicidade entendida coma o desarrollo de aquelo que podo chegar a ser, das miñas potencialidades, o que hoxe entenderíamos coma autorrealización. Como para o ser humán o máis característico e natural é a nosa racionalidade, a felicidad consistirá en levar unha vida contemplativa dedicada ao saber.

A virtude
A felicidade alcánzase practicando a virtude ou areté. A virtude é un hábito ou costume boa, porque nos conduce á felicidade.
Pero ¿En qué consiste a virtude? Consiste no xusto medio entre dous extremos viciosos. Por exemplo, o home valiente é aquel que non é nin temerario (=lanzarse ao perigo sen conciencia) nin cobarde. O valiente está no medio.
Para Arsitóteles hai distintos tipos de virtudes, pero todas elas consisten en estar no medio entre dous extremos viciosos. Estas ideas veñen de vellas crenzas gregas.
"De nada demasiado" "Todo na súa xusta medida"




Comentarios