Escolas Filosóficas Helenísticas

Antes considerábase que o Helenismo tan so era unha transición hacía o medievo. Pero agora sabemos que o helenismo ten unhas características propias, sendo esta unha etapa en sí mesma, con moitísimo desarrollo. Non só é un nexo ou transición entre dúas etapas. Helenismo significa "falar en grego", e comeza no ano en que morre Alexandre Magno, no 323 a.C. e dura ata o siglo II d.C, cando se descompón por completo o imperio macedonio a manos de Roma.
O mundo heleno ten unha enorme admiración por a Atenas clásica dos séculos V e IV a.C. e por iso a intenta imitar, a ten como modelo. Teñen entón, una óptica pagana (=que non é cristiana), moi diferente a óptica xudeocristiana que veremos máis adiante.  A visión cristiá é máis austera, moralista, represiva e menos vital que a grega.
Pero hai moitas diferencias do Helenismo con respecto ao mundo da Atenas clásica. Por exemplo:
- Hai unha fusión do mundo grego con mundo bárbaro. Alexandre, durante a súa campaña militar que durou 8 anos, buscaba unha monarquía universal de orixe divina. Un concepto moi distinto do ideal grego. Os atenienses tiñan moitos prexuizos racistas, pero no Helenismo caen abaixo.
-Novo concepto de home. Con Alexandre Magno se destrúe o concepto de cidade-estado (=polis). Iso leva consigo que os homes non sintan ese concepto de pertenza a unha sociedade, a unha polis, senón que agora son cosmopolitas, "cidadáns do mundo" (un cidadán do mundo é un concpeto diluido, non ten o mesmo sentido que un cidadán ateniense, que tiña unha identidade propia coa polis). Así que agora non son cidadáns, son súbditos; e os administradores da cosa pública pasan a ser funcionarios. O home necesita crear unha nova identidade, acorde cos novos tempos. E esa ideantidade será a de individuo, que antes non existía. Os homes agora sí que sinten individuos. Antes só se sentían parte da polis, o home so non tiña sentido.
- Como hai unha fractura entre home e polis, o home xa non se sinte parte da polis, senón individuo, tamén se fracturará a ética e a política. Ahora ética e política non irán da man.
- Xurden unha serie de escolas filosóficas en Grecia e Roma que a mi me gusta chamar "filosofías do consolo". Nun tempo en que o home se sinte só, que perdeu a súa identidade, precísase atopar a serenidade, a paz e o consolo. A sociedad grega desintégrase e os autores abandona a idea de a sociedade perfecta, así que os filósofos buscan "a salvación" individual, a forma en que un individua aillado poda alcanzar a felicidade. Así que todas as escolas filosóficas tenñen como principal cometido a ética.

As principais escolas son:

CINISMO
Fundada por Antístenes o cínico. Aínda que o máis coñecido é Dióxenes de Sinope tamén apodado o cínico (cínico significa perro).
Esta escola está formada por discípulos de Sócrates, pero que lle deron un enfoque moi distinto a Platón. Son as chamadas escolas socráticas menores, en contraposición as escolas socráticas maiores (Platón, Aristóteles...). Os cínicos defendían unha vida natural e simple, eran contrarios ao artificio. Todo o natural é bo. Parecidos aos hippies de hoxe en día, salvando as distancias.
Antístenes usaba un zurrón (un bolso), e unha túnica raida para vivir. E todo o que tiña o levaba no zurrón. Pero Antístenes intentaba esaxerar a súa modestia, intentando mostrar os buracos o máximo que podía. Un día, Sócrates o viu e lle dixo: "polos buracos do teu mante vexo a túa vanagloria" (porque un modesto de verdade é humilde, pero non esaxera de xeito orgulloso).
Dióxenes vivía nun tonel nas aforas da cidade. So tiña un plato de madera para comer. Pero un día viu unha vaca comendo e pensou que non lle facía falta. Polo día iba con un farol pola rúa, medio espido dicindo "busco un home, busco un home honrado, que nin co candil encendido podo atopalo". Pero a xente o respetaba e lle pedían consello. Platón dicía del que era coma un Sócrates delirante, que iba coa ropa raida e os pes descalzos.
Conta a tradición que Alexandro Magno foi ao seu tonel e lle dixo que o quería coñecer, que lle pedise calquera cousa. Ao que dióxenes respondei "que te apartes que me haces sombra"


EPICUREISMO
O fundador é Epicuro, de ahí o nome. Tiña a súa escola nun xardín, as aforas de Atenas, e eran partidarios da igualdade.
A súa ética é unha ética hedonista. Esto quere dicir que buscan o placer, pero un placer sereno e duradero. Os placeres inmediatos moitas veces traen dor a largo plazo. Así que os placeres serán de tipo espiritual. O Obxectivo é chegar a autarquía (=autosufiencia) e a ataraxia (=imperturbabilidad da alma).
É famoso o seu cuádruple fármaco, que consiste en aplicar estas ideas:
-recta opinión sobre os deuses: Non te procupes por eles, xa que no lles importamos.
-recta opinión sobre a morte: Non temas a morte xa que morir só é deixar de sentir.
-recta opición sobre o placer: O placer é a ausencia de turbación anímica. Non busques outros goces.
-recta opicón sobre a dor: Se doe pouco se aguanta. Se doe moito pasa pronto. E se non pasa pronto, morrerás e acabouse a dor.

ESTOICISMO
Foi fundada por Zenón de Elea. Foi a filosofía de moda entre os romanos os primeiros anos. É unha escola fundamentalmente ética, pero tamén se procupa pola lóxica e a física. Os estoicos cren que o destino, que todos os acontecementos da vida humán está sometida a máis estricta necesidade, e dicir, que todo o que ocurre está predeterminado. Os acontecimentos están xa fixados, determinados por unha orde natural, absoluta en necesaria. Bada pódese facer para alterar esa orde, para cambiar o curso dos acontecimientos. A felicidade se alcanza entón co coñecemento de esa orde e a súa aceptación (esto tamén é intelectualismo moral pois relaciona sabiduria con ética).
O cristianismo é deudor do estoicismo en moitos sentidos. Os estoicos, ao contrario que os epicuros predican a supresión dos placeres. O obxectivo é a apatía. Non sentir nada.


ESCEPTICISMO
O principal representante é Pirrón de Elis. A súa idea principal é moi sinxela: nada se pode coñecer. Así que o mellor e suspender os xuicios, o que llamamos epokhe. Xa que non podemos coñecer nada, non é posible saber qué é bo ou malo, o máis sensato é non ter opinións. Só así chegaremos a ataraxía ou imperturbabilidade da alma.


ECLECTICISMO
O principal representante é Filón. Unha postura ecléctica é unha postura intermedia entre diferentes ideas. Así que os eclecticos collían as diferentes teorías e as unian, reconciliando ideas opostas. O eclecticismo denota falta de orixinalidade.


Minivideo escuelas helénicas
Minivídeo Museo e Biblioteca Alexandría

Comentarios