Antropoloxía de Descartes

Antropoloxía

O home é un composto de alma e corpo, Res cogitans e Res extensa. Reproduce a nivel microscópico a teoría metafísica da realidade, da totalidade. Danse pois no home todos os elemntos que nos atopamos na metafísica, como o mecanicismo. Tamén se reproducen todos os problemas da metafísica, fundamentalmente o problema tradicional das filosofías dualistas: a interrelación das dúas substancias.
A res cogitans é o eu, a alma, que é por definición absolutamente inmaterial, espíritu puro. E o corpo, pola contra, é res cogitans, é materia, extensión.
¿Cómo pois é posible que se unan, que se afecta a unha á outra? ¿Cómo é posible que se comuniquen? Duas cpusas que non teñen nada en común ¿Cómo é posible que se toquen? Estamos ante o problema tradicional da metafísica dualista que proviña de Platón.
Descartes o resolve falando da glándula pineal. Según Descartes ahí está "situada" a alma. Dende aquí xurden unha serie de conductos, como cables, que recorren todo o corpo, os nervios, polos que circulan unhas entidades misteriosas (non sabe se son materia), chamados espíritus animales (hoxe poderíamos entendelo como os impulsos nerviosos), que transmiten a alma a información que provén do corpo e transmite ao corpo as ordes que proveñen da alma.
O corpo non é máis que unha máquina gobernada a través dos espíritus animales pola alma. Hoxe, en psicoloxía sabemos que o que sucede non é así, pero é algo paralelo. O corpo está "gobernado" polo cerebro, que transmite a información polas neuronas a través dos impulsos nerviosos.

Cabe sinalar que para Descartes so o home ten res cogitans, os animais so posuen res extensa, xa que os animais so se moven por impulsos mecánicos, instruccións que posuen de xeito innato. os animais non teñen conciencia nin sensibilidade.

Liberdade e mecanicismo

¿Por qué Descartes reactiva o dualismo antropolóxico corpo/alma e renuncia a unha visión máis unitaria do ser humán, como Aristóteles? A razón principal é a defensa da liberdade humán. O corpo, como toda cosa extensa, está gobernada por leis mecánicas, que o determinan, do mesmo xeito que está gobernada unha máquina como o reloxo. Así, o comportamento de todos os corpos, de toda a natureza, é expresable mediante leis mecánicas e deterministas.
Se o eu pensante non fora unha substancia separada e desligada do corpo, non habería lugar para a liberdade, o comportamento humán sería como o de unha máquina, cousa que non quería aceptar Descartes. A liberdade é un ben que o autor proclamó, xa que so porque era libre, puido dudar de todo. A alma é unha substancia que de ningún xeito se pode someteras leis mecánicas do corpo.
O mecanicismo tivo repercusións de todo tipo, positivas e negativas. Por un lado estimulou os avances médicos (o corpo é unha máquina que se pode desmontar, e se é unha máquina podense facer diseccións). Por outro lado, se a natureza e os animais son considerados máquinas, entón a realidade física é inferior que o pensamento, e queda á disposición e servizo do home. O home pode facer o que quera coa natureza, unha postura lonxana ao ecoloxismo.

Comentarios