Os dialógos de Platón. Períodos no seu pensamento.

Platón foi un escritor magnífico, así que as súas obras teñen un gran valor estético ademáis de filosófico. Escribiu en forma de diálogos, utilizando case sempre como interlocutor principal ao seu mestre Sócrates.

1º PERÍODO DE XUVENTUDE

Son diálogos curtos en extensión, e neles o principal persoaxe era Sócrates. Neles plantexa cuestións ás que non se lle da solución. Nestes diálogos crese que está exposto o pensamento de Sócrates, poñendo pouco da súa colleita.

2º PERÍODO DE TRANSICIÓN

Algúns pensan que hay un período de transición, composto de certos diálogos, nos que a teoría das Ideas aparece de xeito implícito, sinalada, pero non explicitamente.

3º PERÍODO DE MADUREZ

No período de madurez os diálogos son moito máis extensos. Sócrates sigue sendo a persoaxe principal pero exponiendo as teorías do propio Platón. Son diálogos terminados, no sentido en que en cada un deles se lle da resposta ao tema o a cuestión plantexada. A diferencia entre os diálogos de madurez  e os de xuventude estriba en que os de madurez aparece a teoría das Ideas de Platón. A teoría das Ideas de Platón é o exe ou fio conductor de todo o pensamento platónico.

4º PERÍODO DE VELLEZ

Nesta época os diálogos son moitísimo máis extensos e máis complexos. Sócrates xa non é a persoaxe principal. As veces o é Aristóteles ou otros. Son obras máis difíciles de comprender, e a característica principal respecto ao seu contido é que son autocríticos, posto que neles Platón fai unha crítica das súas ideas anteriores.
No período de madurez é moito máis dogmático, radical, seguro de sí mesmo. Pero no período de vellez non é así, e esto o leva a unha autocrítica.
Nos estudiaremos o periódo de madurez máis ben. Tendremos unha idea estandarizada, xeralizada do autor.

En cada diálogo de Platón se trata un tema. Os pensamentos de Platón non os presenta coma un tratado, senón con forma de diálogo.

Os diálogos se lles conoce por dou nomes. O primeiro en grego; sendo moitas veces o nome dun dos persoaxes que intervén no diálogo. E o segundo en latino, que fai referencia ao tema sobre o que trata o diálogo.

Por exemplo: Fedón ou da Alma , A República ou da Xustiza....

Comentarios