Metafísica de Aristóteles

A gran paixón de Aristóteles foi a observación e a análise da natureza. A mayor parte da sua obra é o resultado de este estudo. Pero para entender a natureza debemos entender antes a metafísica. Para Aristóteles era esencial explicar o problema do cambio, problema que o seu mestre non resolveu coa súa metafísica, e que ven dende a contraposición Heráclito-Parmenides.

Para explicar a Metafísica o imos facer a partir de 4 teorías.

1. Hylemorfismo
2. Teoría do Acto - potencia
3. Teoría da Substancia
4. Teoría das catro causa
5. O Primeiro Motor Inmóvil

HYLEMORFISMO
A teoría hylemórfica dí que a realidade está formada polos seres que vemos na natureza.
(hyle - significa materia / morfismo - significa forma). Toda substancia está composta por materia e forma.
As substancias son os seres individuais e concretos. Non existe a materia por si soa, nin a forma por si soa. Non son substancias, posto que ningunha delas é por si soa. Cada unha delas existe sempre coa outra, necesita da outra para ser. Podes repasar qué significaba substancia facendo click aquí.
Non son, entón, substancias, senón tan só co-principios que forman as subtancias, e logramos distinguir entre forma e materia só a través do noso entendimento (hoxe en día diríamos "mente", e Platón o chamaba "Intelixencia"). O noso entendimento as separa, chegando a distinguir entre unha materia prima e unha forma substancial ou esencia da cousa.
Así, os seres individuais e concretos, e dicir, as substancias, son o resultado de sucesivas informacións da materia.
A primeira forma que toma a materia é Terra, Auga, Aire e Lume. A materia así informada colle unha nova forma. Colle un pouco de Terra, un pouco de Auga, Terra e Lume e forma unha célula, por exemplo. E esa célula colle outras e forman un órgano, e así ata formarse un cabalo, que é outro elemento dun sistema máis alto; o ecosistema, que asúa vez forma parte do sistema solar, e este da vía láctea.... etc
A realidade son as sucesivas informaciós que toma a materia. Así ata facer unha última forma, que é a forma xeral de toda a natureza. A natureza, na metafísica aristotélica é identificada con Theos, a divinidade.
Para Aristóteles, a materia está en constante cambio e movemento, devén incesantemente, pero as formas son eternas e inmutables. Son como moldes fixos, que non cambian nunca, e que constantemente son cheados pola materia no seu constante devir.
Esta crenza durou moitos séculos, ata que Darwin o contraveu tanto a Platón coma a Aristóteles. Agora sabemos que as formas non son eternas, xa que existe a evolución.
O concepto de Natureza en Filosofía é moi pouco preciso, pois se usa en tres sentidos diferentes. O primeiro (o máis importante), a natureza é a totalidade do que existe, incluidos os homes e os deuses (os seres naturais).
Por iso os presocráticos non estudaban ao home, senón que estudaban a physis. Na relixión neocristiana, Deus é unha entidad trascendente á natureza, polo tanto sobrenatural, e os homes teñen un alma superior, sobrenatural.
Os deuses pagáns (dos gregos) non son sobrenaturais, posto que non hai nada por enriba da natureza, porque a natureza por definición é todo. O específico de cada ser, o que lle corresponde a cada ser, o que fai que cada ser sexa como é, a esencia dun ser tamén se chama natureza.
O uso cristián é totalmente distinto disto.

TEORÍA DO ACTO E A POTENCIA
Para Aristóteles (e para os gregos), o que se nos aparece é o cambio, a transformación, o devir (>Heráclito). Coa palabra cambio nos referimos á dexeneración e corrosión dos seres. Sen embargo a reflexión dinos que de ser non se pode pasar ao ser, e viceversa (>Parménides).
Enfréntase a vella contradicción entre Heráclito e Parménides. Aristóteles da a súa solución coa teoría do acto e a potencia, definindo o cambio como o paso da potencia ao acto.
O cambio, é pois, a resultado da actualización das potencialidades do ser.
Por exemplo, unha semilla é en acto unha semilla. Pero en potencia pode chegar a ser unha árbore.
O ser en acto é o que agora mesmo está sendo. A ábore, dalgun xeito xa está existindo na semilla, en forma de ser en potencia.
O ser en potencia é algo que naturalmente se transformará en algo que agora es en acto outra cousa, pero que de algún xeito xa está sendo en potencia.
A semilla só pode convertese en árbore, non pode converterse nun coche, nin nuhna casa. Só unha accción miña pode impedir que a árbore crezca.
Entón, o cambio non é o paso do ser ao non ser. O cambio é o paso do ser en acto ao ser en potencia.ç

TEORÍA DA SUBSTANCIA
Substancia é o que existe en e por si mesmo, sen necesidade de outro para ser. Ven do latín sub- que significa "o que está por debaixo".
¿Qué é o que sostén a substancia? A substancia sostén aos accidentes, que é o contrario á substancia. O accidente é o que non existe en é por si mesmo, necesita de outro para existir. Ese otro do que precisa é a substancia. En relación con isto, Aristóteles dí que hay dous tipos de subtancia.
Substancia Primeira: os individuos concretos
Substancia Segunda: a esencia, a forma
Todo cambio consiste na actualización dunha potencia. Pero sempre, en todo cambio hay sempre algo que permanece e algo que se transforma. Hay dous tipos de cambio, segundo o que se transforme (materia ou forma).
1. Cambio substancial . No cambio substancial cambia a forma, a esencia (=susbtancia segunda).  É unha modificación radical. Pode ser un cambio de xeración ou de corrupción. Por exemplo: cando unha semente se converte nunha árbore habería unha xeración dun algo novo. A morte, en embargo, é un cambio susbtancial onde vemos a corrupción.
2. Cambio accidental. No cambio accidental a forma permanece, pero cambia algún accidente da materia. Transfórmanse os accidentes. Podemos dicir que é un cambio local, cuantitativo. Por exemplo: cando unha persoa engorda, cando a fruta madura, cando pintamos unha mesa. A forma segue sendo a mesma, pero cambian os accidentes.

TEORÍA DAS CATRO CAUSAS
Nesta teoría, Aristóteles fai unha especie de síntesis dos sutores anteriores a él. Recolle nesta teoría de un xeito crítico a teoría do arghé de todo o pensamento anterior.
A causa dunha cousa é a súa orixe, o seu principio ou fundamente. Así, explicar unha cousa é mostrar cales son as súas cousas. Aristóteles considera que as causas de unha cousa son catro.
1. Causa material (a materia)
2. Causa eficiente (o axente que produce esa cousa)
3. Causa formal (a forma)
4. Causa final (o fin para o que foi feita)

Por exemplo, unha estatua de Artemisa (deusa dos animais e da caza):
Causa material: mármol
Causa eficiente: o escultor
Causa formal: forma de Artemisa, co seu arco e as súas flechas
Causa final: decoración

Na causa material engloba os arghés dos que falaban os presocráticos. Igual que vemos que o marmol non é sufiente para que haxa unha estatua, tampouco a auga, o aire ou o apeiron o son.
Os presocráticos buscaran como arghé algo completamente material. Esta causa é necesaria pero non suficiente. A materia so non basta para dar a razón de ser dos seres. Hai unha causa material, pero non é a única.
Coa causa eficiente recollerá aquelas forzas ou enerxías das que falaban algún presocráticos, como o amor e o odio de Empédocles, o nous de Anaxágoras, e o demiurgo de Platón.
Na causa formal recolle a tradición das Ideas de Platón.
E por último, a causa final tamén provén de Platón, xa que a finalidade do mundo sensible é parecerse ao mundo das Ideas. Está é a súa tendencia.

COSMOLOXÍA ARISTOTÉLICA. THEOS OU O PRIMEIRO MOTOR INMÓVIL

Segundo Aristóteles, o Universo é un cosmos finito no espacio, e eterno no tempo. Atópase dividido en dous mundos. O sublunar ou terrestre, e o supralunar ou celeste.
No mundo sublunar temos A Terra, que se atopa no centro do Universo. Está formada polos catro elementos (Terra, Aire, Auga e Lume). Este mundo é imperfecto, corruptible e se move de xeito rectilíneo.
No mundo supralunar están o resto dos planetas e esferas do ceo. É un mundo perfecto, incorruptible. Está composto polo quinto elemento: o éter. O seu movemento é circular.
Ambos mundos precisan, segundo a Física aristotelica, un motor que produzca o movemento. Existe un Primer Motor Inmóvil, que tamén se coñece como Theos, ou Deus. Este motor move todo o Universo.
Esta Substancia Inmovil, é a causa de todo o Universo. É acto puro, e tamén é forma pura sen materia. Este Primer Motor move coma causa final, pero non como causa eficiente, xa que todo o Universo se move por atracción e desexo de aproximase á perfección do Theos.


Minivídeo Metafísica 1
Minivídeo Metafísica 2
Minivídeo Metafísica 3

Comentarios