Metafísica de Platón. Mito do demiurgo.

Tamen podemos chamala teoría da natureza. Recordemos que os presocráticos estudiaban a physis. Pero eles entendían physis (física) como natureza e cosmos. Por eso o conpento é diferente e usamos o termo grego que recolle mellor a definición.
Platón gusta de narrar con mitos, para simbolizar metafóricamente as súas ideas. A función de estos mitos é fundamentalmente pedagóxica, de xeito que o que escoita poida intuir de un xeito directo e inmediato aquelo que o autor quere exponer.
A Metafísica a estudaremos a través do mito do demiurgo, que está contido na teoría das ideas.
O mito do demiurgo está presente nun diálogo que se chama "Timeo", e que é un diálogo do período de vellez.
O mito do demiurgo é unha cosmogonía (cosmo=orden/gonia=origen), é dicir, nárranos a orixe da orden no universo. Debemos remarcar que non fala da orixe do universo, xa que o universo para os gregos é eterno, non naceu nin perecerá. Fala da orixe da orden.
Nun principio había dous mundos. 
O mundo das Ideas, que era intangible (esto significa que carece de matería, non se pode percibir polos sentidos), inmutable, ordenado e perfecto, xa que estas son as características dos seres que o habitan; as Ideas (aquí vemos a influenza de Parménides co Ser Eterno e Inmutable)
E a parte, separado de éste, hai un segundo mundo, o mundo sensible, que se move incesantemente por un espacio composto por materia informe (aquí vemos a influenza do apeiron de Anaximandro). Este movemento está producido por unha enerxía interna (=intrínseca) á propia materia, que induce ao caos, ao cambio incesante que nunca chega a ser nada (nos lembra ao caos de Heráclito, posto que foi unha das súas influenza ).
É importante remarcar que esa forza ou enerxía é interna, intrínseca á propia materia, non ven de fora. É unha forza que tende ao caos que pertence a materia.
No medio dos dous mundos hay unha especie de figura, semidios, ao que Platón chama Demiurgo. Demiurgo significa "facedor". Este Demiurgo observa, ve o mundo das Ideas e ve a materia en constante caos e decide darlle á materia a forma e a orde das Ideas.
O primeiro que fai é construir o que el chama a "alma de mundo", que en grego antigo quere dicir forza, principio enerxético, tendencia, principio interno de movemento.
Insúflalle á materia esta alma, que é contraria á que xa ten a materia dentro de sí (co cal na materia, agora ten dous forzas opostas dentro de sí, unha intrínseca e outra venlle dada extrínsecamente).
Despois de insulflarlle esta nova forza á materia, dalle a forma dos sólidos regulares (pitagorismo). Estas cousas combínanse entre sí, dando lugar á creación do mundo sensible. Á creación do mundo sensible entón, é obra do demiurgo (o cal está inspirado no Nous de Anaximandro).
Se o expresáramos con palabras de hoxe en día diríamos que segundo Platón as cualidades das cousas a nivel macroscópico do mundo sensible, dependen da súa forma xeométrica ao nivel microscópico (aquí observamos claramente a influenza da xeometría pitagórica).
O demiurgo de Platón será considerado nun futuro coma unha "predicción" do Deus cristiano. E dicir, que o concepto de Deus cristiano ten a súa orixe no demiurgo platónico. Como veremos máis adiante, Platón será un dos autores clave para que os Pais da Igrexa desenvolvan o cristianismo.
Pero non nos confundamos, Platón non é cristiano, xa que cristianismo nacerá séculos despois. Éste desenvolvemento do Deus cristiano a partires do demiurgo é creación dos Pais da Igrexa. Así que é falso que o demiurgo sexa realemte una "predicción" do Deus cristiano, o que foi é unha "inspiración" para o cristianismo, que o interpretou como quixeron ver.
Ademáis é moi importante que entendamos que Platón usaba moitas metáforas, e o demiurgo platónico non era máis que un artificio literario, un recurso metafórico que utiliza para expresarse.
Algúns intérpretes ven no demiurgo un "deux ex machina". O deus da máquina é un recurso literario para salvar unha situación insalvable. Por exemplo, cando nunha película estamos ante unha situación que parece sen saída, de súpeto sucede algo que o resolve todo. Platón que era aficionado á poesía utilizaba este tipo de recursos.
Platón estaba convencido de que o mundo sensible tiña a forma do mundo das Ideas. Pero como ese pensamento pertence ao período da vellez, xa non está seguro de que esa semellanza poda explicarse racionalmente. Intenta explicar a semellanza a través dos conceptos de imitación ou participación. Pero non chega a explicar ben a relación.
1. Concepto de imitación. Para que unha cousa imite ten que coñecer e ver ao imitado. Pero a metria do mundo sensible non pode ver ao mundo das Ideas.
2. Concepto de participación . O mundo sensible podría participar do mundo das Ideas. Non se pode explicar moi ben en qué consiste a participación, pero despois chegou a conclusión de que non lle sirve para explicar esa relación.

O mundo sensible e o mundo das Ideas non teñen nada en común, son por definición completamente diferentes e separados. Están como en dous dimensión distintas. O mundo das Ideas é intenxible, non ten lugar. A palabra que usamos para explicar a súa "posición" con respecto ao mundo sensible é trascendente (=máis alá do sensible). O mundo das Ideas trasncende ao mundo sensible.Para Platón, os dous mundos son naturales, trascende un do outro (están separados), pero eso non significa que sexa sobrenatural, xa que o concepto de sobrenatural é posterior, pertence ao cristianismo.

A palabra trascendente, que significa "máis alá do sensible" en filosofía pasou a significar "o que está completamente diferenciado e separado". Na linguaxe vulgar, como Deus está separado, a palabra trascendente pasou a significar "o máis importante". É por iso agora utilizamos a palabra trascendente como aquelo que é importante.
Hay uns seres intermedios entre o mundo sensible e o mundo das Ideas; os principios matemáticos. Estes principios matemáticos sirven para alcanzar o coñecemento das ideas, xa que participan nalgún sentido do mundo das Ideas.
Esto podemos observalo cando estudamos matemáticas. Por exemplo, a Thª de Pitágoras nos dí unha fórmula exacta. Pero na realidade non se pode construir un tirángulo con cero grados de error.
Para Platón as IDeas son realidades en si mesmas, de feito, son a auténtica realidade (o que nunca naceu, o que nunca morirá, non cambian... como o Ser de Parménides). En cambio, os sees sensibles son pálidos reflexos da realidade, devienen, sempre son diferentes, nacen e morren, con copias imperfectas das Ideas.
As Ideas son, pois, Formas puras, sen materia, modelos Ideais das cousas sensibles.
No mundo das Ideas están os modelos, o modelo da casa perfecta, da beleza, de xustiza, da verdade.... e sobretodo da bondade. A Idea superior a todas é A Idea do Ben. As Ideas están ordeadas xerárquicamente, e na cima de esa xerarquía está a Idea de Ben.
As Ideas non se teñen, non están en mi mente, so podo coñecelas ou descubrilas, xamais crealas ou telas. Podo ver comprender unha Idea (que existe independientemente de min) pero non podo ter unha Idea (no sentido platónico).
Se o mundo das Ideas é perfecto e o mundo sensible non se asemella a este mundo ¿Por qué o mundo sensible non é perfecto tamén?¿Por qué existe o mal no mundo sensible? ¿Por qué os homes non son perfectos coma ese modelo da Idea do Ben? ¿ Por qué non somos perfectos?
A razón está na materia. A materia orixinaria ten dentro de sí a tendencia orixinaria ao caos, ao desorde, sendo esta unha forza intrínseca á materia. Esto é o que estropea a obra do demurgo.

Resumindo:
1. División da Natureza en dous mundos
2. O mundo das Ideas trascenda ao mundo sensible
3. As Ideas (eternas, intangibles, xerarquizadas) son as formas ou modelos das cousas sensibles. As Ideas son a auténtica realidade, son substancias en si mesmas, e as coñecemos pola intelixencia.
4. O mundo sensible, composto por seres materiais que estçan en constante cambio nunca son. É mera apariencia, non podemos facer ciencia sobre o mundo sensible, e se coñece polos sentidos.
5. O mundo das Ideas tamén se chama mundo Intelixible (porque se coñece pola intelixencia, non polos sentidos)




Comentarios