Historia da Psicoloxía. Das primeiras escolas ata hoxe.

(en construcción)
A finales do século XIII nace Sigmund Freud, o que será unha das maís grandes figuras do século XX. Freud foi un médico austríaco de orixe xudio. Este psicólogo non seguirá a ningunha das escolas anteriormente vistas, senón que irá totalmente por libre, creando una metodoloxía e mostrando unha concepción do ser humano totalmente nova.
É considero o pai do psicoanálise. A súa metodoloxía basábase nun primeiro momento na hipnose, pero máis tarde utilzou máis os métodos de "asociación libre de ideas" e "a interpretación dos soños". É importante remarcar que Freud foi o primeiro en utilizar estes métodos.
A figura de Freud foi moi polémica na súa época, xa que a súa psicoloxía tiña moita relación coa sexualidade. Para o autor, os nenos teñen una sexualidade infantil perversa, como por exemplo, o complexo de edipo.
Isto, na mentalidade puritana da súa época causou gran revuelo, por iso foi acusado de pansexualista (significa que veía sexualidade en todo)..
No diván freudiano, as pacientes "neuróticas" e "histéricas" podían expresarse libremente, e dicir calquera cousa que lles viñera á mente (asociación libre de ideas). Estas palabras, segundo Freud mostraban datos dos pensamentos que tiñas as pacientes moitas veces reprimidos. A través dos soños tamén se revelaba o inconsciente.
Freud descubríu que cando as pacientes falaban libremente non só expresaban os sentimentos reprimidos, senón que se liberaban máis a medida que se achegaban ao momento da causa dos traumas reprimidos. Esto era tal, que ata chegaban a aliviar sintomas como cegera, parálisis, etc.
Para Freud existen tres niveis de consciencia:
1. Consciente: é aquelo do que estás sendo conscente agora
2. Preconsciente: é aquelo que non está presente agora mesmo, pero que se pode traer a presencia en calquera momento.
3. Inconsciente: é aquelo do que non temos consciencia, como por exemplo a necesidade de respirar. É a nosa consciencia máis primitiva, aquela que reacciona con patróns milenarios. Os bebés recen nacidos, por exemplo, actúan de xeito inconsciente. Cando queren comer, durmir... etc. Non o pensan, simplemente actúan por necesidade vital.
E por outra banda, o noso aparato psíquico está dividido en tres partes:
1. Eu - É o eu consciente e inconsciente que debe equilibrar entre o supereu e o elo.
2. Supereu- É o eu consciente e preconsciente que busca mellorarse e seguir as normas.
3. Elo (ello/it) - É o inconsciente, a nosa parte máis instintiva, busca a satisfacción inmediata.

Minivideo Freud 1
Minivídeo Freud 2
Documental


O conductismo. 
O conductismo foi a psicoloxía dominante durante unha boa parte do século XX. O seu creador foi 
John B. Watson (1878-1958), que rexeitou a introspección como método e orientou a psicoloxía por camiños máis obxectivos e experimentais. Para él, a apremndizaxe e a conducta son os temas fundamentais da psicoloxía. A mente non ñe observable, a conducta sí. Polo que definiu a psicoloxía como ciencia natural cuxo obxectivo é describir, predecir e controlar a conducta, que pode analizarse en elementos máis simples. Estímulos externos e respostas ou reaccións do organismo.

As ideas de Watson foron desenvoltas por teóricos do aprendizaje como Iván Pávlov y B.F. Skinner.

O can de Pavlov:




A psicoloxía humanista.
A psicoloxía humanista aparece amediado do século XX e os seus autores máis representativos foron
A. Maslow y Carl Rogers. Non é propiamente unha teoría psicolóxica, senon un movemento que defende un estudo global do individuo que teña en conta a especificidade da especie humana e evalúe o contexto interpersoal en que vivimos, nosas decisións responsables, os nosos valores, sentimentos e obxectivos na vida.
Minivideo humanismo
Frases Carl Rogers


A psicoloxía cognitva 
A pxicoloxía cognitiva pretende comprender o funcionamento da mente humán e estudiar os procesos cognitivos como a percepción, a memoria, a aprendizaxe, o razoamento ou a linguaxe.
Esta orientación abandona o esquema conductista e sinala que oser humán non é un executor pasivo de respostas, senon un procesador activo da información que recibo do entorno. Os psicólogos cognitivos básanse na metáfora do ordenador e estudan qué ocurre na mente dunha persoa cando realiza unha tarefa determinada (procesos mentais), e cómo almacea e utiliza o coñecemento cando o necesita (estructuras mentais)

         

Comentarios