Ferramentas que usa a psicoloxía

As ferramentas das que dispoñemos son variadas.
Primeiro temos a observación directa. Pode ser unha observación no laboratorio, no que recreamos una situación estandar, ou unha observación de campo.
Na observación no laboratorio se pode exerecer un control estricto do ambiente, escollendo coidadosamente as mostras e asegurándose que os participantes son os representantes da poboación que nos interesa. Pero tamén temos a desvantaxe de que é un ambiente moi artificial, o cal pode influir na conducta do suxeito.
Na observación de campo estudamos o suxeito no seu ambente natural. Podemos ocultarnos ou participar, por exemplo, finxindo ser outro máis do grupo. A desvantaxe é que non podemos filmar nin rexistrar os datos con precisión. O resultado do estudo baséase no percibido no momento.
Outras ferramentas que podemos utilizar son os cuestionarios. Nos cuestionarios recollemos información sobre os suxeitos. O éxito dos cuestionarios depende da que se redacten ben as preguntas, xa que o xeito de redactalas inflúe directamente sobre o individuo. Hai que ter coidado de especificar ben as preguntas, que non parezan ambiguas. As opcións de resposta non deben ser limitadas, pois poden frustar ao suxeito que está a realizar o cuestionario. As preguntas tampouco deben mostrar preferencias.
Tamén se poden facer entrevistas. Para facer entrevistas o entrevistador debe ter unhas habilidades especiais, para saber levar ben a situación. Deste xeito pode individualizar as preguntas e saber por onde se pode explorar máis e cando chegamos a un punto morto.
Os estudos de caso son especialmente interesantes xa que podemos sacar moita información. Consiste en estudar a un individuo ou grupo de individuos ao longo dun tempo de xeito constante, durante un tempo considerable. Este estudo pode durar incluso décadas. Neste tipo de estudos sacamos información moi interesante, descubrindo detalles únicos, e especificando procesos moi complexos. O único "pero" é que podemos tardar moitos anos en sacar as conclusións.

Minivídeo consulta psicológica

Comentarios