Crítica aristotélica á teoría das Ideas.

Aristóteles dalle a razón ao seu mestre. A todo home, por natureza apetécelle saber. Comeza facendo unha revisión crítica de todas as teorías anteriores á súa sobre o problema da physis, da esencia da natureza e do que existe: O Ser.
En concreto fai unha crítica moi directa ao seu mestre Platón, á teoría das Ideas, usando diferentes argumentos para NEGAR a partición ou división da realidade (=physis/natureza) en dous mundos.
Esta será a diferencia esencial entre a Filosofía de Platón e a Filosofía de Aristóteles.

Vexamos algunhas das críticas de Aristóteles ao seu mestre,
-Aristóteles utiliza o "Argumento do tercer home" para revatir ó seu mestre. É un argumento de simplicidade. Para explicar este mundo, Platón invéntase un segundo mundo. Pero esto é absurdo. Porque se este mundo se explica por o mundo das Ideas ¿Qué explica o mundo das Ideas? teríamos que explicar este segundo mundo con un tercer mundo (de ahí o nome "tercer home"). E así infinitamente. Como consecuencia, a explicación de Platón non serve. Temos un mundo, e temos que explicalo dende si mesmo e en si mesmo.
Séculos despois veremos a Guillerme de Ockam (pode escribirse de varias formas, Ockham, Occam...), que fará una nova versión de este argumento. A chamamos "A navalla de Ockam". Que ven dicindo que a explicaicón máis sinxela, con menos elementos é sempre a máis verdadeira.
Este argumento xa fora exposto polo propio Platón na súa obra o Parménides. Pero Aristóteles o usará como base para desmontar a teoría das Ideas.
-Aristóteles tamén cuestionará que si todo o que nos rodea son copias do mundo sensible, é lóxico supoñer que existe un modelo perfecto de cada cousa no mundo das Ideas. Entón ¿Existe unha Idea de esterco, de maldade, dun crimen? Para Aristóteles é indamisible que exitan Ideas perfectas de todo lo malo e negativo que hai no mundo.
- Platón non foi capaz de explicar la relación entre as duas substancias. ¿Cómo é posible que a esencia mesma das cousas esté separada de elas?
- Outro grave inconveniente que atopa Aristóteles é que Platón non consegue explicar aquelo que é caractarístico do mundo material: o movemento e o cambio. ¿Cómo pode un mundo perfecto, inmutable explicar o cambio das cousas?

Na miña perecepción, Platón aínda que fixo un gran esforzo por dar explicacións racionais da physis, mantiña certo misticismo, incluso relixiosidade. As súas explicacións non eran de todo científicas. Mexturaba o racional coas explicación semimíticas. Agora veremos a evolución en Aristóteles. Este será moito máis centífico, sendo as súas explicacións moito máis precisas, carentes de misticismo. As cousas non cambian de golpe, así que é normal que en Platón vexamos ata certo punto como toca a racionalidade coa explicación mítica.

Comentarios