Cómo facer un comentario de texto en Filosofía
Lembra que estamos a facer hermenéutica (=interpretación de textos). Esto quere dicir que para facer un comentario de texto non temos unha fórmula matemática. Temos que facer como Hermes, o mensaxero dos deuses e traer as mensaxes que aquí para alá. Traer o sentido do texto no momento en qué foi escrito ao presente. E no presente o texto non se entende ben sen ter en conta multitude de aspectos. Para facer ese traballo de mediador, de mensaxeiro, debemos "traducir" a mentalidade da época, do autor, e ter en conta como pensamos hoxe, para que lector entenda o máis fielmente posible qué significado tiña o texto no seu momento.
A miña proposta é a seguinte. Pero repito, non é unha fórmula matemática.
Pasos para facer un comentario de texto en Filosofía.
1. Leer con calma. Investigar qué significan os termos que non coñecemos. Non seguir lendo cando non entendamos unha frase, senón que debemos releela, parar e pensar qué quere dicir. Subliñaremos os conceptos importantes.
2. Volver a leer. Como a primeira lectura non foi fluida, senón que paramos moitas veces a pensar, debemos facer unha segunda lectura como mínimo. Esta lectura debe ser fluida, que nos permita comprender ter unha visión de conxunto e saber de qué trata o texto (podemos ir pensando a idea principal).
3. Contextualizar o texto. A miña proposta é que comecemos do máis pequeno ao máis grande. Nesta orde: contextualización do texto, contextualización do autor e contextualización da época. A contextualización debe ter un tamaño apropiado, non sexamos escasos. Por exemplo, podemos dicir 10 cousas que sepamos sobre o contexto. ¿A qué obra pertence?, ¿Quén é o autor? , ¿En qué época foi escrito?, ¿Que outras obras do autor coñeces?, ¿Qué rasgos definen ao autor?, ¿Qué escolas filosóficas segue?, ¿Cal era a situación política do momento? ¿Cómo pensaban as persoas da súa época?...
4. Agora podemos explicitar a idea principal do texto. A idea principal é o mesmo que responder a ¿De qué trata o texto? ¿Cal é o tema? ¿Cal sería o titular de este fragmento se estivera escrito no periódico? Esto debería resumirse nunha frase, que non sexa nin moi xeral, nin demasiado concreta. Ten que recoller a "esencia" do texto, nin máis nin menos.
5. Agora podemos explicar cal é a estructura do texto. ¿Cantas partes ves? Numera as liñas e redacta cantes partes ves.
6. Comezamos a explicar o texto. Explicamos qué quere dicir o autor. Nos temos diante un texto que menciona parcialmente algo da teoría dun autor. Pero ti debes saber máis que iso. Por iso, cando o comentas, explicas dentro de qué marco se entende. Imaxina que o estás explicando a unha persoa totalmente allea, que non sabe nada de Filosofía. ¿Cómo o farías? Pero non esquezas expresarte formalmente. Non fagas frases moi longas. Neste paso deberías explicar tamén eses conceptos que subliñaches no punto 1. Seguramente son ideas importantes para comprender ao autor. Poderíamos dicir que son ideas secundarias. As ideas importante para entender o texto que non aparecen no mesmo, deberás explicalas ti. Sempre que podas, neste paso, cita. Cita con comillas para referirte ao texto. Cita. Cita. Cita. Explica as influenzas de autores anteriores que vexas. Basicamente a pregunta é ¿De qué nos está a falar o autor neste texto?
7. Conclusión. Reflexiona. ¿En qué foi innovador o autor? ¿Cal é o obxectivo do autor cando escribe este texto? ¿Cal é a maoir preocupación do autor? ¿É correcto todo o qué dí? ¿Qué cousas se poderían criticar do autor? ¿Qué lle debemos a este autor? ¿A qué outros autores influirá? ¿Con qué outros autores atopas relación?.... É só ao final ¿Qué opinión persoal che merece o autor?
Comentarios
Publicar un comentario