Antropoloxía de Platón. Mito do Auriga.

O auriga é o nome do conductor dos carros de cabalos. Di Platón que o home e a súa vida é similar ou análoga a de un carro de cabalos alados, composto por un conductor, un cabalo branco e un negro.
Resultado de imagen de auriga platonica

Este carro, guíado polo seu condutos depega da terra, do mundo sensible e bota a voar coa intención de dirixirse ao mundo dos deuses. Pero acontece que no traxecto o cabalo branco, nobre, forte, nervioso e xeneroso, obedece as ordes do auriga, e se deixa conducir, mentres que ao cabalo negro, que tamen é moi forte, non lle gusta voar, gústalle o sensible, a terra, o chan firme. O cabalo negro é indómito, rebélase e tira sempre para o mundo sensible. Quere baixar á terra.
As veces, con moito esforzo, o auriga consegue elevarse, sacar a cabeza ata o límite do mundo sensible e botar un vistazo ao mundo dos deuses, pero rápidamente o cabalo negro volve a revelarse e a tirar para abaixo, empurrando o carro ata o sensible.
Para Platón esta é unha metáfora da vida do home.
A alma, no contexto da filosofía de Platón é diferente ao significado que lle damos nos. A palabra alma, en grego, ven a significar principio interno de movemento, motivación, forza que dende dentro move á acción, sen darlle ningún sentido sagrado.
Segundo este concepto, para Platón a alma tiña que estar dividida en tres partes ou tres almas. Estas tres partes son as seguintes:

- Alma racional

Consiste á tendencia ou apetito de coñecer, de saber. Apetito é a forza que nos insta a facer algo. Está localizada na cabeza e equivale ao auriga no mito mencionado.

- Alma irascible

Consiste no apetito á fama, á gloria, a ser amado, o apetito de poder, a ser reoñecido, á ambición. Estas son chamadas as pasións nobles do home. Está localizada no torax (hoxe diríamos no corazón, polo seu sombolismo). No mito está representado polo cabalo branco.

- Alma concupiscible

Consiste no apetito desordeado polos seres sensibles, por cousas sensibles; a gula, a luxuria, o mundo e a "carne". Estas son chamadas as pasións innobles ou baixas paixóns. Está situada no baixo ventre, e representada no mito polo cabalo negro.

Platón di que oo home é un composto de dous substancias completamente distintas que se unen accidentalemente. Estas duas substancias son o corpo, que pertence ao mundo sensible,e a alma que pertence ao mundo das Ideas.
Sen embargo, aquí nos atopamos con tres almas. A alma humana que pertence ao mundo das Ideas é só a alma racional. Ainda que as veces tamén mete a alma irascible no mundo das Ideas.
Por outra banda, a alma concupiscible pertence seguro ao mundo sensible, á materia, é parte do corpo. A forza interna que ten a materia, que tende de por sí ao caos, é alma concupiscible.
A alma irascible é unha alma intermedia, é a forza que o demiurgo insufla á materia para que leve ao home ao mundo das Ideas. Unha forza que está en loita coa anterior. Por esa razón o home nunc aconsigue a perfección, porque sempre hai unha loita entre esas duas tendencias.

Decimos que a unión entre alma e corpo é accidental e non substancial. Esto quere dicir que para Platón o que o home autenticamente é, é alma racional. O corpo non pertence á esencia do que é o home, é un sitio de paso.
Hai unha visión peiorativa do corpo e da materia. Defino ao corpo com a cárcel da alma e que a vida autenticamente humana soamente se realiza despois da morte do corpo.
É unha antropoloxía dualista, pois igual que na metafísica, a physis está dividida es dous mundos completamente distintos e separados, agora o home está dividido en duas substancias distintas.
A filosofía de Platón é unha filosofía dualista dendo o punto de vista metafísico e antropolóxico.

Comentarios