Tipos de Realidade

Como estudiamos no anterior punto,  a resposta a qué é a realidade non é sinxela. Sen embargo o que si podemos facer é clasificar os diferentes tipos de realidade. Nos estudiaremos as seguintes categorías:

1. Continxente-Necesario

Hay realidades que son continxentes e realidades que son necesarias. Continxente é aquelo que existe pero podería non haber existido, e necesario é aquelo que non pedería non haber existido.
Eu mesm@ existo pero podería non haber existido. Así que a miña realidade é continxente.
É moi importante entender que para determinar qué é continxente ou qué é necesario antes temos que plantexarnos se temos unha concepción do mundo determinista (todo está predestinado a suceder) ou defendemos un libre albedrío pleno (total libertad).
Para unha persoa que ten un punto de vista determinista todo existe por necesidade, xa que as cousas acontecen mecánicamente, unha detrás de outra sen opción a variar o curso do mundo.
Noutro extremo temos as persoas que defenden o libre albedrío pleno. Para eles toda a realidade é continxente. Existe pero pode´ria non haber existido.
Pero tamén existe a posibilidade de ter un concepto da realidade entre ambos extremos, nin hai total liberdade nin todo sucede mecanicamente. Depende de cómo penses a resposta será distinta.
Por exemplo. Si crees en Deus, Deus existe por necesidade. Pero probablente as flores son continxentes. Existen pero poderían non hbaer existido.
Un gran dilema da teoloxía é o seguinte. Se Deus xa sabe todo o que vai pasar entón non hai libre albedrío. Poi outro lado, para que os crentes se fagan merecedores do ceo ou do inferno teñen que ter liberdade. Enton, ¿Cómo van a ser libres para gañar o ceo ou o inferno se o seu destiño xa está marcado? ¿Hai ou non hai libre albedrío? A resposta é un debate aberto.


2. Natural-Artificial

A realidade natural é aquela realidade que existe por si soa, sin intervención do ser humán. A realidade artificial é aquela que se produce pola intevención do ser humán e con intencionalidade. Vexamos exemplos.
Un xarrón con flores
O xarrón, no caso de que sexa de cerámica é artificial. No caso de que sexa de madeira seguiría sendo artificial, aínda que o material é natural, xa que unha perosa tallou a madeira para crear un xarrón.
A flor, podería ser natural ou artificial dependendo de si é de plástico ou non.
En todo caso, sempre, o conxunto "xarrón con flores" é artifical porque o xarrón con flores non apareceu por arte de maxia, seón que unha persoa o colocou así.
Unha flor viva
Todas as flores vivas son naturais. No caso das flores silvestres, que nacen espontáneamente xerouse tamén de un xeito natural. E no caso das flores que foron plantadas por un xardineiro foramndo un xardín tamén é natural, aínda que o xardín (o conxunto e distribución das flores) non sería natural. Enton podemos ter cousas artificiais (xardín planificado) formadas por cousas individualmente naturais (flores).
¿É os bebés que foron fecundados in vitro?¿Son naturais?
Reflexiona un momento. Se algo está feito coa intervención humana e de xeito intencionado buscando un fin, é artificial. ¿Son entón artificiais esos nenos?
Non. Os bebés SI son naturais. O que foi artificial foi a súa fecundación. Xa que unha vez fecundado o embrión desarrollouse naturalmente sen mais intervención externa.



3. Física- Psíquica

Hai realidades físicas é realidades psíquicas. Por exemplo. Os sentimentos son psíquicos. E as pedras son físicas.
Os personaxes de ficción son psíquicos, como as sereas, Harry Potter, etc. Eso non significa que non existan. Teñen unha existencia psíquica.
Pero se digo "A Biblia" ou "O Quixote"¿son realidades físicas ou psíquicas? Eu podo coller un exemplar do Quixote. Sen embargo ¿É eso o Quixote? ¿Ou o Quixote é unha realidade maís ala dun libro físico? Se eu queimara todos os libros do Quixote ¿deixaría de existir? Non. Porque o Quixote trascende o libro onde está impreso (trascender = ir mais alá). Co cal "éste libro concreto e particular que teño na man" é físico. Pero a obra "O Quixote" é psíquico.

¿É Napoleón? ¿É físico ou psíquico? Neste momento é unha realidade psíquica, existe na nosa memoria e nas consecuencias dos seus actos. Pero Napoleón fisicamente xa non existe. Pero houbo un tempo, no pasado, no que SI existiu físicamente. Aínda que aún se conservasen os seus osos, non pederíamos dicir que "iso" é Napoleón. Así que non podemos dudar de que é unha realidade psíquica.


4. Acto-Potencia-Posibilidade

Existen cousas que non logramos aínda pero que de algun xeito tamén existen. Por exemplo.
Temos a miles de científicos investigando a cura contra o cancro. Non é unha realidade hoxe. Pero sabemos que probablemente se logre. Así que as cousas que van a acontecer nun futuro tamén teñen certo tipo de realidade.
As cousas que existen hoxe chámanse realidades en acto. As cousas que non existen hoxe pero están diseñadas estructuralmente para ser algo sempre que se cumplan certas condicións chámanse realidades en potencia. E as cousas que poden ser de un xeito ou de outro no futuro chámanse realidades en potencia.
Por exeplo, unha noz.
En acto é unha noz. En potencia é un nogal (a súa estructura está diseñada para ese fin, que pode darse ou non, dependendo de si se dan certas condicións). E esa misma noz pode ser como posibilidade un ingrediente para un bizcocho (é algo para o que podemos usar a noz, pero que estructuralmente no estaba diseñada para iso).
Un ovo. En acto é un ovo. En potencia unha ave (os ovos son para que deles nazca unha ave). E como posibilidade é parte de unha tortilla de patacas (non era o fin para o que existe pero é una posibilidad que pode realizarse).
Que ti estudes para ser arquitecto é unha posibilidade, xa que non estás definido estructuralmente para selo, sen embargo eres un vello ou unha vella en potencia, porque se se dan certas condicións (non morres) inevitablemente ese é o destino de todos.

Cando unha realidade en potencia se converte en acto, dise que "actualizou a sua potencia". Cando una semilla convértese en planta, actualizou a potencia de converterse en planta. E agora xa é unha planta en acto. Antes era unha semilla en acto e unha planta en potencia.

Comentarios