¿Qué é a realidade?

¿Qué é a realidade?
O termo realidade deriva do termo "res", que significa "cousa material", "ser", "que produce efectos"...
A realidade é aquelo que ten existencia real, o conxunto ou a totalidade do universo, aquelo que é efectivo (= esto significa que produce efectos, que é verdadeiro), ou que ten un valor práctico.
En principio, a realidade semella o contrario que o ilusorio ou o fantástico. E digo semella, porque veremos que non é tan sinxela a cousa.
Porque ¿A realidade está formada só por cousas materiais? E antes de seguir lendo paradvos a pensalo un momento.
Por exemplo ¿Os sentimentos son reais?. Non creo que ningúen dubide que os sentimentos son reais. Sen embargo, non son materiais. Ben é certo que podemos observar algunhas das consecuencias dos sentimentos, como o llanto, a risa, as expresións de enfago ou sorpresa... pero tamén sabemos que a risa en si, non é un sentimento, senón unha expresión. De feito, hai xente pouco expresiva que disimula os seus sentimentos en non os mostra. Eso non significa que non sufra ou non sinta. E os actores, poden finxir enfado sen estar realamente enfadados.
Así que temos claro que os sentimentos no son físicos. Sen embargo existen. Porque producen efectos, eu os sinto, aínda que non son materiais.
E Deus ¿É real? ¿Acaso podemos demostrar empiricamente que existe ou que non existe? Sabemos que non se pode demostrar a súa existencia, mais tampouco que non exista. ¿Porque acaso só é realidade aquelo que se presenta ante a experiencia? Sabemos que hay cousas que existen aínda que non as experimentemos (por exemplo os sentimentos de outra persoa).
Vemos que é dificil definir qué é a realidade xa que as veces non temos claro que cousas son reais e que cousas non son reais. É por iso que o tema de realidade é un debate filosofíco perpetuamente aberto. E tamñen un debate metafísico, porque para definir qué é a realidade temos falamos do que é físico e tamén do que está mais alá do físico (=meta-físico, que que "meta" significa "máis alá de").
Antes dicíamos que a realidade semellaba o contrario que o ilusorío ou o fantástico. Pero sento estrictos ¿o fantástico non existe?
Tintín ou Patricio Estrela, son persoaxes fantásticos. Pero se non existen... ¿Cómo é posible que poda falar de eles e vos me entendades? ¿Non teñen ningún tipo de existencia? Entón ata a fantasía forma parte da realidade.
E o virtual ¿é real? En principio virtual significa falso, aparente. A palabra virtual úsase como o oposto o real. A realidade virtual é a falsa realidade. Pero ¿quén se atreve a dicir que Google non existe?¿Ou que as tendas virtuais non existen? Así que o virtual tamen parece real.
Pero aínque só queramos admitir que o único real é aquelo que é físico ¿non é certo que en último termo todo o físico se reduce a enerxía? O físico está composto de átomos, que a súa vez están compostos de electrçons, protón e neutróns. Os cales, por defición son pura enerxia, no son físicos.
Así que como vemos contestar a ¿Qué é a realidade? É verdadeirmaente dificil
Vexamos o seguinte vídeo facendo click

Nunca sabremos qué es la realidad y este es el motivo

https://www.youtube.com/watch?v=bBS46SWiFvo

A estas alturas teremos máis confusión que outra cousa. Pero é labor de filosofía plantexar dúbidas e derribar o noso dogmatismo.
Non vos asustedes. no seguinte apartado estudaremos que o que sucede é que hai diferentes tipos de realidade, e non todo pertence o mesmo plano.

Pero o importante non é qué é a realidade. Senon qué é a realidade para min. Porque se amiña vida entorno a certas ideas, crenzas e percepcións, esa é a miña realidade. Neste sentido a realidade é aquel conxunto de situacións que unha persoa vive a diario. A miña realidade non é mesma que a túa. ¿Deus existe? Depende de si a túa vida en torno a súa existencia. Dende logo ningúen pode demostrar que exista ou qeu non exista. Por iso, ante todo, debemos respetar as percepcións dos demais sempre que no non limite a nosa liberdade (entendendo que todos actuamos dentro da legalidade).




Comentarios