Orixe do poder político

¿Cómo se xenera o poder político?
Se foramos todos xuntos nun barco e naufragáramos, indo a parar a unha illa deserta ¿Qué sucedería?
¿Iría cada un por separado a buscarse avida? ¿Ou crearíamos unha sociedade?
Ben é posible que o grupo se separe, pero é pouco probable que se separe a nivel individual. Poderían facerse pequenos grupos o un gran grupo. En todo caso, a tendencia do ser humán é xuntarse.
O que nos fai fortes é o grupo, e nos o sabemos algúns consciente e outros inconscientemente.
Cando somos un grupo somos máis fortes. Porque dividimos as tarefas e cada un dedícase ao que se lle dai mellor. Uns cazan, outros investigan, outros fan a comida..... E nunha sociedade grande é aínda máis útil. Uns fan casas, outros son médicos, e outros nos entreteñen. Todas as funcións son importantes. Non sería moi probable estadísticamente que sobrevivamos moitos anos totalmente aillados da sociedade.
Aínda que nos guste a soedade, vivimos nunha casa construida por un albañil, diseñada por un arquitecto, concedido o permiso de construcción por un funcionario do concello.... se enfermamos iremos ao médico, e se queremos un ordenador alguén o fabricou e posteriormente alguén o vendeu.
Así que aínda que nos guste a soedade, sempre somos sociables, en menor o maior medida.
Non ser sociables é vivir no monte por nosos propios medios. Sabemos que non seríe sinxelo sobrevivir. Así que case instintivamente nos xuntamos en grupos, xa sexan de maior o menos tamaño, porque a nosa sociabilidade é o xeito que temos de adaptarnos mellor ao medio. É a nosa vantaxe evolutiva.
O noso gran cerebro, unido a noso desenrroladísimo xeito de comunicarnos pode establecer especificamente normas moi precisas de convivencia, e definir exactamente cal será a especialización de cada individuo na sociedade (mestre, cociñeiro, enfermeiro...). Así que Aristóteles non se equivocaba ao dicir que o que nos fai humanos é a política.
E a política xurde case sen ser conscientes.
Cando un grupo de humáns se xunta, xa sexa no principio dos tempos, coma nun naufraxío, xurdirán líderes. Líderes que organizarán au grupo. Segundo a sociedade crezca, a forma de organizarse variará, pero sempre teremos xerarquías (excepto para os que defendan o anarquismo, que non aceptan esta premisa).
(diseño da orixe do poder político)


Comentarios