Lexitimidade do poder político

Unha vez que o poder político do gobernante medra existe a necesidade de lexitimar o seu poder, é dicir, teñen que xustificar por qué están alí eles e non outros.
Ao longo da Historia atopamos varios xeitos de xustificar o poder político. Nos estudaremos algúns deles.
Teocrático
Teo significa Deus. Xustificar o poder político dendo un punto de vista teocrático é xutificar o poder basándose en que era o desexo de Deus.
Por exemplo, nas moedas da peseta da época franquista, había un texto escrito.
Resultado de imagen de moneda franquista
Cómo vemos pone "Francisco Franco Caudillo (=líder, guía) de España por la Gracia de Dios" Non dí "Dictador de España porque dín un golpe de Estado" nin "Tirano de España por a Forza Imposta Antidemocraticamente"
Dende o principio dos tempos os líderes que gozaban de certo poder sentían a obriga de xustificar o seu poder, e xustificalo basándose nos deuses foi o recurso máis utilzado. Os exipcios, as dinastías chinas, e moitas noutras culturas dicían que os gobernantes descendían directamente dos deuses.

Contrato Social
As teorías do contrato social, tamén designadas contractualistas, defenden que o gobernate chega ata o poder tras un contrato social. Nas teorías do contrato social considérase que hai un pacto interno entre os membros dunha sociedade que está de acordo por vontade propia coa existencia dunha autoridade, dunhas normas morais e de unhas leis ás que se someten. O contrato social/pacto social é unha hipótesis que explica a autoridade política e a orde social.

Anarquismo
O anarquismo non xustifica nin lexitima o poder político. Ninguén ten dereito a impoñer leis sobre outros. Consideran ao Estado coma unha institución inxusta e propón organizar a sociedade baseándose na liberdade individual, a solidaridade e o apoio mutuo.

Comentarios