Éticas Materiais e Formais
Normalmente clasificamos as Éticas en Materiais e Formais.
As éticas materiais chámanse así porque teñen un contido, unha materia. Esto non significa que sexan materialistas e que lle den importancia as cousas materiais. O único que significa é que teñen un obxectivo concreto. Por exemplo que o obxectivo é a felicidade, a sabiduria...etc. Un termo que serve para definir isto é teleolóxico. Telos significa fin. Entón esta palabra que asusta tanto ao principio quere dicir sinxelamente que ten unha finalidade concreta. Unha ética teleolóxica é aquela que busca algo moi concreto. Como xa dixen pode ser a felicidade, a sabiduría...etc
As éticas formais, pola contra son aquelas que non teñen un obxectivo definido, tan só nos dan una fórmula para actuar correctamente pero non nos din concretamente qué é o Bo. Outra forma de chamar ás éticas formais é éticas deontolóxicas. Iso quere dicir que nos dan unhas normas, e noso deber é cumplilas. As éticas formais preséntannos unha forma de facer as cousas, pero non os di o obxectivo concreto.
Non vos asustedes, en principio esta diferenciación pode parecer moi abstracta pero o entenderedes ben cando analicemos os dous tipos de éticas e vexamos exemplos. Non vos agobiedes!
Dependendo de que tipo de ética sigamos as decisións que tomemos ante a vida poden ser moi diferentes. Nas pequenas decisións do día a día non se aprecie tanto, pero nos dilemas éticos é donde vemos o diferentes qeu son unhas de outras.
A decisión de qué tipo de ética queres practicar na túa vida é decisión túa. Pero non o olvides, a ética busca a acción correcta sexa cal sexa a súa concepción.

Comentarios
Publicar un comentario