Introducción ao razoamento lóxico.

Dende fai moito tempo se pensou que existía unha relación entre a linguaxe e o pensamento. Porque acaso podemos imaxinar pensar sen usar a linguaxe? Se nos paramos a observar o noso pensamento, dámonos conta de que usamos a linguaxe. Por exemplo, se estamos pensando o que imos a facer o fin de semana, o noso pensamento ten forma de discurso, de monólogo interior.
Xa na Grecia antiga, nai da nosa cultura chamaron "logos" tanto á palabra, lingua, decir, como ó pensamento, ó razoamento.
O que sucede é que a linguaxe humán utilízase de moitas formas. Por exemplo, as veces a usamos para definir algo, intentando ser o máis precisos posibles, e outras veces para facer metáforas, que teñen dobres sentidos, etc.
Digamos que a linguaxe ten moitos recursos, pero as veces pode ser ambigüa ou imprecisa. Eu podo dicir "os seus dentes son coma perlas" pero non estoy usando a linguaxe de xeito formal, senón metafórico. Tamén podemos dicir cousas coma "Xoan é o meu pai e non é o meu pai", puidendo ter sentido (por exemplo no caso de que Xoan sexa o proxenitor pero nunca o coidase, o ignorase, co cal non o considera pai). Pero sabemos que nesta última frase estaríamos xogando cos dobres sentidos da linguaxe.
É por iso que se consideró necesario diferenciar entre linguaxe natural e razoamento. A linguaxe natural é a que usamos normalmente para comunicarnos. O razoamento lóxico sen embarago é moito mais preciso, e ten unhas reglas mais estrictas que a linguaxe natural. Non se permiten ambigüedades nin dobres sentidos.
A ciencia que se ocupa de estudar qué razoamentos son correctos, das leis do pensamento chamóuse lóxica.
As ciencias como a física e a química, a bioloxía... tratan de explicar cómo é o mundo. Por iso necesitan contrastar as súas teorías cos datos que temos da realidade. Necesitan entón a experiencia. Pero hay outras ciencias que non tratan do mundo, senón de cómo ordenamos os nosos coñecementos, de cómo pensamos, de cómo e a estructura interna do razoamento.
Non tratan entón dun contenido (por exemplo a bioloxía estuda a vida) senón dunha estructura, dunha forma. É por iso que a éste último tipo de ciencias chámanse ciencias formais e son ciencias como as matemáticas e a lóxica.
Os matemáticos non experimentan coa realidade, senón que son puramente teóricos. Eles fan sus razoamentos e non experimentan como sí necesitan facelo os químicos. Pois de igual maneira fan os que se dedican a lóxica.
Como a lóxica non trata da experiencia, non lle importa se o enunciado correspóndese coa realidade. Impórtalle soamente que a conclusión se derive dos resultados. Esto pode parece un pouco absurdo de primeiras, pero imaxinemos que somos unha intelixencia artificial e soamente procesamos os datos dados, non temos experiencia vital, non temos opinións, nin crenzas. Tan só fumos programados para procesar datos.
Se o pensamos así é mais sinxelo entender como procede a lóxica.
Podemos dicir:
"Eu son superman"
"Se eu son superman a lúa é de queixo"
E partindo de esas premisas concluir lóxicamente que "a lúe é de queixo". Parece absurdo, si, pero o razoamento é lóxico. Se fóramos unha intelixencia artificial non xulgaríamos sé é unha tontería oou non. Tan só nos quedaríamos co que a estructura do razoamento é lóxica.

Comentarios