Os falsos argumentos

As falacias son razonamientos incorrectos que teñen a aparienca dun argumento, pero está incorrectamente construido. Unha falacia non é o mesmo que unha mentira ainda que as veces a xente o usa no mesmo sentido.
Soemos clasificar as falacias en dous tipos, en formais e en non estrictamente formais.

1. FALACIAS FORMAIS
Chámase formais porque son debidas a unha erro da estructura da argumentación. Vexamos as máis frecuentes:
- Ignoracia do consecuente
Sabedes que cando temos a proposición  A→B soamente podemos concluir B no caso que teñamos A, pero non o contrario. 
Por exemplo: Se chove, a rúa móllase. Neste caso chover sería A y mollarse a rúa sería B. No caso de que chova, a rúa se molla. Pero ¿É posible que a rúa se molle aínda que non chova? Si, por exemplo, pode ser a festa da auga e os veciños tiran caldeiros dende as ventás. Co cal pode darse B (a rúa se molla) sen que teña que darse A (que chova). 
A ignorancia do consecuente é cando non temos en conta esa norma e concluimos que si sucede B (a rúa se molla) entón necesaríamente temos A (chove).
A forma lóxica sería esta:
-1. A→B
-2. B
  A   Esta conclusión non se deriva das premisas, é unha falacia
 
- Negación do antecedente
 Consiste en negar o consecuene cando temos negado o antecedente.
Por exemplo, temos a mesma premisa: Se chove, a rúa móllase.E ademáis temos outra premisa máis: Non chove. E como non chove concluimos que a rúa non se molla. Sería unha conclusión non válida, xa que igual que no caso anterior a rúa pódese mollar por outras causas.
A forma lóxica sería:
-1. A→B
-2.  ¬ A
¬B   Esta conclusión non se deriva das premisas, é unha falacia

2.FALACIAS NON FORMAIS
Vexamos algúns exemplos de falacias non formais.

- Falacias de ambigüedade
Son debidas a equivocidade dun termo. Por exemplo:
Os gatos son animais.
Os gatos son elevadores para coches.
Logo, os elevadores para coches son animais.

- Falacias ad hominem
Consiste en apelar a circunstancias a circunstancias persoais para descalificar os argumentos do outro. Por exemplo: Argumentar que a filosofía de Netzsche é erronea porque éste acabou tolo.

- Falacia tu quoque 
(=ti tamén) Consiste en replicar unha argumentación na que somos acusados de algo, acusando ao contrario do mesmo. Por exemplo, un partido político acusa a outro de corrupción. É este último deféndese acusándolles de facer o mesmo. Este tipo de defensa incurre en unha falacia tu quoque.

-Falacias ad populum
Consiste en halagar ao oínte, ou apelar aos seus sentimentos co fin de que admita unha proposta, pero sin aportar probas reais da bondad da proposta. Este tipo de propostas é frecuente nas campañas publicitarias e nos discursos electorais. Digamos, en linguaxe coloquial, que "estanos camelando". 

-Falacias ad verecundiam
Tamén chamado "argumento a autoridade". Consiste en defender uha proposta basándose na gran autoridade de unha persoa con gran reputación que sostivese esa tesis. Cando defendemos unha idea debemos defendela con argumentos, non apelando a autoridade sen mais. Ademáis xa estudamos como grandes xenios equivocáronse , coma cando Galileo tivo que enfrentarse a teoría cosmolóxica do gran filósofo Aristóteles.  

- Falacia ad ignorantiam
Consiste en pretender que algo sexa falso so porque non se puido demostrar que é verdadeiro. Por exemplo: Non se demostrou que haxa vida fora da Terra. Luogo, non hai vda fora da terra.

- Falacia post hoc, ergo propter hoc
Consiste en establecer unha relación cuasal entre dous fenómenos soamente porque un ven detrás de outro. Por exemplo, se despois de romper un espello sufres un desengaño amoroso, e atribues éste á ruptura do espello, simplemente porqeu unha cousa sucedeu despois da outra.

- Falacia ex populo
Consiste en defender unha tesis apelando a que todo o mundo está de acordo.

- Falacia naturalista
Consiste en decir que o que "é" é o que "debe ser". Por exemplo, se as mulleres están encasilladas no papel de ama de casa, dedúcese que así debe ser.




Comentarios