Obxectivos da Filosofía

Ao longo da Historia, a Filosofía propúxose principalmente dous obxectivos:

1. Coñecer a realidade. 

Segundo a antropoloxía filosófica, o ser humán é o único animal sen instintos, ou se os ten, os ten moi devaluados. Eso quere dicir que o ser humán é entre todos os animais o máis libre para decidir, para pensar por si mesmo. Mentres a maioria dos animáis actúan por instinto o ser humán decide. E se decide, pensa. Somos a única especie que ten dúbidas existenciais. É por iso que o ser humán síntese solo no universo, síntese perdido.
De esa conciencia de sentirse perdido xurde a necesidade de coñecer. Como seres humáns que somos preguntámonos o porqué das cousas, o porqué da realidade. Esa necesidade de comprender porqué é a dúbida filosófica coa que arranca o coñecemento. É a pregunta que fará posible o nacemento e desenvolvemento da Ciencia.
Todo o noso coñecemento, toda a Ciencia nace coa pregunta filosófica de ¿Porqué.....? xa que si alguén non se houbera preguntado o porqué non saberíamos nada.
A terefa do filósofo é a de observar, contemplar, comprender a diversidade do mundo, indagar, buscar posibles respostas, das que inevitablemente xurdirán novas preguntas. 

2. A búsqueda da felicidade.

Posiblemente non vos esperábades que a filósofía tiña a felicidade como obxectivo. Porque ata agora todas as materias estudadas non tiñan este tipo de obxectivos. Pero a Filosofía si. Porque no fondo, a Filosofía é aquelo que está antes das Ciencias, e se nos paramos a pensar, o desenvolvemento das Ciencias só é útil en tanto que nos axuda a vivir mellor. Máis avances en Medicina, en Arquitectura, en Física... nada disto se faría se nos fora porque a medio e longo prazo nos achega a unha vida mellor. O problema é que as veces esquecemos os motivos. Por iso a Filosofía ten o deber de manter as nosas mentes en estado de dúbida, de reflexión e non olvidar porqué se fan as cousas.
Ademáis disto, e xa de manera máis individual, a Filosofía axúdanos a atopar a felicidade de cada un de nos. Din que toda a vida dun humán é un intento de voltar o útero materno, no sentido de volver a sentirse cómodos, seguros, confortables.... Todo ser humán ten como fin da súa vida a felicidade. Cada persoa busca a felicidade de diferente forma, uns con unha vida sencilla, outros con grandes retos, outros coa relixión, ou cos cartos. Pero o fin e o cabo non son máis que medios, medios para alcanzar o verdadeiro fin: a felicidade.
Pois a Filosofía tamén nos axuda de maneira individual a alcanzala, pois coa reflexión podemos ordenar os nosos pensamentos e tamen tomar consciencia de qué é verdadeiramente a felicidade.
Aparentemente a felicidade pode parecer sucumbir a praceres inmediatos. Sen embargo, ese tipo de praceres a medio e longo plazo traen infelicidade. Por exemplo: a pereza. A corto plazo parece pracentero, pero co tempo as conscuencias son negativas. Sen embargo, o esforzo nun obxectivo positivo (por exemplo estudar) pode parecer que non é pracentero. Pero todos sabemos que o final os beneficios son moito maiores.
Entón vemos tamén aquí cómo a Filosofía pode axudarnos tamen a alcanzar a felicidade. Neste punto a filosofía contecta coa psicoloxía.

Comentarios