O Mito e o Logos
No principio dos temos o ser humán, que sempre buscou dar
unha explicación do mundo, respondía á pregunta do orixe das cousas con
explicacións míticas.
Se poudéramos viaxar no tempo e preguntarlles a eses homes
primitivos porqué suceden as cousas, porqué chove, porqué fai sol...
contestarían probalemente que debido a maxia. Todo era maxia. Nun segundo
momento, máis evolucionado, dirían que era cousa dos dioses. Os acontecementos
físicos eran obra dos dioses, e incluso cando tiñan certos coñecementos
científicos que lles axudaban a facer certos cálculos eles non se senitan donos
de ese coñecemento. Calquera coñecemento científico que puideran ter era un
regalo dos deuses, unha ferramenta que os deuses lle deron para axudarlles a
medir e calcular certas cousas. Un exemplo claro de esto son os coñecementos
científicos dos antiguos exipcios. Mexturaban ciencia e maxia. Eles non se
sabían a si mesmos donos de esa ciencia.
Enton, temos que nun primeiro momento daban unha explicación
mítica da realidade. As cousas ben sucedían por maxia ou ben por desexo dos
deuses, sendo ambas explicacións míticas
de realidade.
Pero houbo un momento en que esto cambiou. No siglo VI a.C,
en Mileto (Grecia) unha serie de personaxes comezaron a facerse esta pregunta
polo porqué de xeito máis radical. Non lles chegaba con aceptar explicacións
míticas, nin dogmatismos impostos (=verdades incuestionadas). Querían descubrir
de verdade a orixe das cousas.
La palabra que usaban era Arché. (tamén chamada arqué, arkhé o arjé;
do griego ἀρχή, "fonte", "principio" ou "orixe").
Este térmo significaba "comenzo do universo"
"principio", "razón primordial", "razón
originaria".
Os primeiros filósofos que se plantexaron isto son os chamados
presocráticos, sendo o primeiro Tales de Mileto (coñecido tamén por os seus
avances matemáticos). Tras os presocráticos temos a Socrates, Platón e
Aristóteles como principales filósofos gregos.
O importante disto non será a resposta concreta que den estes autores
sobre qué consideran o arché (uns din que a auga é a orixe de todo, outros o
aire....). O importante é o cambio na forma de explicar o mundo, o universo.
Antes, o mundo explicábase con mitos, no fondo o mundo era inevitablemente "misterioso".
Agora co nacemento da filosofía, do pensamenteo racional o mundo xa non é algo
inaccesible, senón que podemos facer preguntas e comprendelo en sí mesmo. O
nacemento da filosofía é o nacemento do pensamento racional. É tamén o
nacemento da actitude que dará lugar as Ciencias. Porque se nunca nos plantexáramos
o porqué, a Ciencia non habería existido. A Ciencia existe gracias a que temos
actitude filosófica, actitude de dúbida, gracias a que cuestionamos os dogmas
(=verdades incuestionadas). Se non, a día de hoxe seguríamos dando respostas
míticas.
Observación: Un científico pode ser crente. Unha cousa é a fe persoal e
outra moi distinta é dar unha explicación da realidade basada en mitos. É
dicir, un científico crente dará unha explicación do mundo científica, aínda
que as súas crenzas sexan relixiosas.
Comentarios
Publicar un comentario