Introducción á Filosofía

Probablemente preguntáraste para qué sirve a Filosofía. Ata agora as materias que estudiaches parecían "o normal", "o útil".... e de pronto métenche unha materia que parece extraña, pouco útil e de contido aparentemente impreciso.
Pois ben, iso é normal. A min pasoume o mesmo o primeiro ano que estudiei esta materia cando estaba no instituto. Non debemos anticiparnos, e darlle unha oportunidade, porque como vedes, eu, que nalgún momento da prehistoria fun unha rapaza coma vos, que tampoco entendía porqué estudar filosofía, dous anos máis tarde decidín que era a miña maior pasión.
A miña profesora falábame de movidas raras como "esencias", "substancias", "dudas filosfóficas" e eu non entendía para qué. Agora son eu a profesora.
Con isto tan so quero introducir en vos a duda. ¿E se... é realmente interesante? ¿e sé... o final serve de algo? Se finalizado o curso al menos temos instaurado en nos a "duda" a material haberá valido a pena.
O obxectivo de esta materia (al menos para min) é axudarvos a romper as ríxidas estructuras mentais forxadas durante anos que de algunha maneira os fan pensar "como pensa todo o mundo" solo porque "o pensa todo o mundo". Non ten nada de malo pensar como pensan os demáis. Pero al menos debemos cuestionar esas ideas antes de acéptalas sen mais.
Iso é pensar por un mesmo. Pensar por un mesmo NON é facer as cousas sempre diferente ao resto. Pensar por un mesmo NON é estar en contra de todo e todos. Pensar por un mesmo SI é plantearse si as ideas, os valores e costumbres para decidir si nos parecen adecuadas o no. E algunhas veces pareceranos adecuadas e outras non. Si algunha de estas cuestions no nos parece adecuadas buscaremos a forma de expresarlo máis adecuada, por exemplo co diálogo, o voto se xa temos idade de votar, a expresión estética...etc. 


Comentarios