A Caverna de Platón

Platón ademáis de ser un gran pensador era un magnifico escritor, e usaba moitas veces metáforas para expresar ideas que quería que entendésemos. Estas metáforas son igualmente válidas hoxe en día para ilustrar conceptos importantes.

A caverna de Platón é sin dúbida un clásico para representar cómo o coñecemento nun primeiro momento pode resultar incómodo pero despois é liberador.

Imaxinade, por un momento unos prisioneiros que levan toda a vida atados de pes e mans, sen apenas poder moverse, mirando cara unha parede, ao fondo dunha caverna.

No fondo da caverna proxéctanse unhas sombras. Son as sombras que dos obxectos que portan uns homes que pasan xusto por detrás da parede onde están os prisioneiros. E as sombras proxéctanse grazas a un lume que hai xusto ao lado.

Evidentemente isto é metafórico. Ninguen podería vivir así sen máis.

Pero imaxinemos por un momento que si pudiera ser así.

Estes prisioneiros levan toda a vida vendo o mesmo. Non dubidamos que para eles a realidade é aquelo que levan toda a vida vendo.



Para eles a realidade son esas sombras. E os únicos sonidos que coñecen son os murmullos que fan eses homes, que retumban nas paredes de forma distorsionada.

Para eles iso é todo o que hai. Unha realidade plana e monocolor. Non existe a tridimensionalidade, non hay claridade, non hai cores, e os sonidos escoitanse difuminados.

Imaxinade que por un momento un destes prisioneiros consigue liberarse.

O primeiro que vería sería que as sombras que cría que eran a realidade non son máis que sombras. De pronto descubre que toda a súa realidade ata agora era unha ilusión. Facede un esforzo en imaxinar canto podría impactarlle tan só isto.

Pero a súa natureza curiosa, agora que xa está liberado, invítalle a seguir adiante. A ver máis. Como calquera filósofo. Unha vez liberado quere saber máis e máis. Ve o lume, que en principio semella ser a verdadeira luz. Pero maís alá ve unha saída, da que procede máis luz.

E amedida que asciende á saida da caverna, a luz é máis forte e moléstalle máis a vista. Cando sae, doélle a vista. Os seus ollos non están acostumbrados. O principio ten que mirar para o suelo. Tamén descubre o seu rostro nun rio. E pouco a pouco pode levantar a vista. Ver o mundo con claridade. O mundo que é iluminado polo sol.

O sol, a diferencia do lume, é a verdadeira fonte de luz. É aquelo que todo lo ilumina. O sol é como o coñecemento mesmo. O coñecemento nos permite comprender as cousas, igual que a luz do sol nos permite ver.

Cando pasa un tempo e os ollos do prisioneiro liberado acostumbranse á luz, chegará un momento que querrá botar a vista arriba e mirar, por un segundo, ó sol mesmo.

Pero solo un segundo, porque quema a vista. Igual que o coñecemento, non podemos contemplalo na súa plenitude, pero podemos achegarnos. Podemos ter tendencia a buscar ese coñecemento, como os "filósofos" (os que buscan a sabiduría, xa que "filo" significa tendencia hacia, amor a, e "sofos" significa sabiduría). pero nunca seremos "sofos" (os que xa son sabios). Por iso a filosofía é unha actitude, actitude de curiosidade, actitude de querer saber. De mirar ao sol, pero solo un segundo.  

Pero de pronto, dase conta da miseria e o engaño da vida da caverna, e sinte a necesidade de liberar aos seus compañeiros. Así que corre veloz e cheo de enerxía a contarlles tan boa noticia aos seus amigos.

Pero cando chega se encontra có rechazo. Os seus compañeiros non lle cren. Desconfían de él, e fanlle unha pregunta tras outra. Intentar probalo e lle preguntan polas características de fora. Pero o prisioneiro, que ven de fora, da luz, non consigue ver ben na escuridade. Parece torpe. 

Non importa cantas cousas lles conte, cantas probas lles de. Non lle fan caso. Pensan que está loco, que se quedou cego fora e que os quere enganar.

Cómo lle van a crer? Levan toda a vida crendo que a realidade son aquelas sombras. Cómo van a comprender qué é o volumen, as cores... se levan toda vida vendo sombras planas?

É non so non lle cren senón que intentan matalo.

Así é o camiño do coñecemento. Un camiño liberador, pero solitario. A xente prefire o que sempre coñeceu, iso dalles seguridade, dalles confort. Es por iso que o camiño do coñecemento é un camiño moitas veces solitario e incomprendido. Por iso os contemporáneos de Sócrates non lle entendían. (Recorda que Platón admiraba a Sócrates, e Sócrates era moi pesado cos seus veciños, sempre facendo preguntas molestas sobre Xustiza, Beleza, Sabiduría.... e por iso Sócrates caía mal a moita xente).

Para Platón, Sócrates era ese prisioneiro liberado, que volvía para liberar aos outros pero preferían non facerlle caso e seguir coas súas cadeas que lle daban seguridade. Platón sin embargo si o escoitou e se liberou das cadeas dos dogmas e prexuizos para convertirse en un home libre, dono das súas ideas.


É ti? Realmente eres libre e don@ das túas ideas? Pensa que os prisioneiros non se sabían prisioneiros e crían que tamén eran donos das súas ideas. Podes ser ti un pouco prisioneir@?


Comentarios